Federico Krutwig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1921 Getxo, España |
Morte | 15 de novembro de 1998 (77 anos) Bilbao, España |
Ideoloxía política | Anarquismo e Nacionalismo vasco |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, académico |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Fernando Sarrailh de Ihartza Heiko Sagredo de Ihartza |
Obra | |
Obras destacables
| |
Federico Krutwig, nado en Getxo o 15 de maio de 1921 e finado en Bilbao o 15 de novembro de 1998, foi un escritor e político vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai alemán e nai vasca de orixe veneciana aprendeu éuscaro na adolescencia de forma autodidacta. En 1943 ingresou na Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca). Partidario de normalización do éuscaro a partir do labortano por ser o dialecto máis usado na literatura.
En 1952 no discurso de contestación á entrada de Luis Villasante pronunciouse contra a actitude da igrexa coa lingua vasca e días despois tivo que deixar España pasando a Iparralde onde contactou co movemento Jagi. Influído pola revolta alxeriana en 1963 publicou o libro Vasconia baixo o sobrenome de Fernando Sarrailh de Ihartza,, onde cuestiona algúns aspectos do nacionalismo tradicional de Sabino Arana, propoñendo un novo nacionalismo vasco nunha Euskadi que comprendería o territorio entre o Ebro e o Garona e móstrase a favor da loita armada contra España.
Colaborou con EGI e en 1964 Francia expúlsao e instálase en Bruxelas relacionándose con membros de ETA e elaborando informes para a V Asemblea desa organización. Considerado o seu primeiro ideólogo, non obstante abandonou ETA en 1975 e estableceuse en Zarauz, dedicándose en exclusiva á produción literaria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico Krutwig |