Flyboys, heroes do aire
Flyboys, heroes do aire | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Flyboys |
Director | Tony Bill |
Produtor | Dean Devlin |
Guión | Phil Sears Blake T. Evans David S. Ward |
Intérpretes | James Franco Martin Henderson Jean Reno Jennifer Decker Abdul Salis Philip Winchester Tyler Labine David Ellison |
Música | Trevor Rabin |
Fotografía | Henry Braham |
Montaxe | Chris Blunden Ron Rosen |
Estudio | Ingenious Film Partners Electric Entertainment Skydance Productions |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 22 de setembro de 2006 6 de xaneiro de 2010 (TVG) |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Bélico, Acción |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $17 834 865 |
Na rede | |
http://www.flyboysdvd.com/ | |
Flyboys, heroes do aire (en inglés: Flyboys) é un filme británico-estadounidense dirixido por Tony Bill que se estreou no 2006. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2010.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia sobre os pilotos norteamericanos que conformaron a lendaria escuadra Lafayette (do exército francés) na primeira guerra mundial. O texano Blaine Rawlings sofre o desafiuzamento do seu rancho familiar de 900 e atopa o seu novo futuro nas imaxes do cine que informan da Escuadra dos heroes. O recruta Higgins, da Lexión Estranxeira Francesa, pásase do corpo de condutores de ambulancia ó escuadrón de combate. O natural de Nebrasca William Jensen, fillo dun oficial de Cabalería, alístase para manter a tradición militar da familia. Pola súa parte, Briggs Lowry únese ó escuadrón para facer algo de proveito coa súa vida, sucumbindo ás presións do seu rico e poderoso pai. Eddie Beagle, un personaxe fachendoso incapaz de disparar recto, alístase para fuxir do seu pasado. Eugene Skinner, un expatriado americano negro, desexa defender Francia, un país que lle demostrou tolerancia permitíndolle competir e converterse nun campión de boxeo, mentres que nos Estados Unidos no lle terían permitido achegarse a un avión. Durante as semanas iniciais da instrución, Rawlings coñece ó xefe de escuadrón Reed Cassidy, un mozo de 28 anos que xa se converteu nun veterano do voo de combate. Mentres os rapaces se adestran para manexar o último en biplanos franceses, o Nieuport 17, axiña se decatan da gravidade da súa situación: a esperanza de vida dun piloto é de tres a seis semanas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- James Franco como Blaine Rawlings
- Martin Henderson como Reed Cassidy
- Jean Reno como Capitán Thenault
- Jennifer Decker como Lucienne
- Ruth Bradley como Laura
- Abdul Salis como Eugene Skinner
- Philip Winchester como William Jensen
- Tyler Labine como Briggs Lowry
- David Ellison como Eddie Beagle
- Augustin Legrand como Tenente Giroux
- Keith McErlean como Vernon Toddman
- Michael Jibson como Lyle Porter
- Gunnar Winbergh como Falcón Negro
- Ian Rose como Franz Wolferd
- Todd Boyce como Mr. Jensen
- Mac McDonald como Sheriff Detweiller
- Tim Pigott-Smith como Mr. Lowry
- Lex Shrapnel como Grant
- Daniel Rigby como Ives
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Flyboys, heroes do aire na TVG". Diario Siglo XXI. 5 de xaneiro de 2010. Consultado o 30 de marzo de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)