Fraga de Catasós
Tipo | espazo natural protexido bosque monumento natural de España | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Catasós, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 4,59107 ha | |||
IUCN categoría III: Monumento Natural | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 348923 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 12 de abril de 2000 | |||
A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga, é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algunhas destas árbores teñen varios centos de anos, até 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).[1][2]
Descrición
[editar | editar a fonte]É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercinianas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.
Especies de importancia
[editar | editar a fonte]Destacan no espazo a presenza de:
- o carballo común, Quercus robur.
- o castiñeiro, Castanea sativa, algún senlleiros e dos maiores do continente. Foron aproveitados coma soutos para produción de castañas e madeira (fabricación de moblaxe, trabes e leña).
- a Narcissus cyclamineus, un amarelle, herbácea endémica de Galicia e norte de Portugal, recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
- e a vacaloura (Lucanus cervus), recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
-
Toro dun castiñeiro da fraga de Catasós, derrubado en 1984 polo furacán Hortensia, cunha idade estimada de 270 anos.
-
Toro dun castiñeiro.
-
Esquema do toro dun castiñeiro da fraga de Catasós.
Situación
[editar | editar a fonte]A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 76/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural a Fraga de Catasós, no concello de Lalín (provincia de Pontevedra).". DOG (Núm. 72): 5.140.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais: Fraga de Catasós".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fraga de Catasós |