Frank Gehry
Frank Owen Gehry, nado en Ephraim Goldberg (Toronto) o 28 de febreiro do 1929,[1] é un arquitecto canadense.
É coñecido polos seus deseños esculturais dos edificios. Tamén é recoñecíbel polas estruturas curvas cubertas na súa meirante parte por metais reflectivos. A súa obra máis famosa, e a que amosa mellor a expresión do seu traballo, é o Museo Guggenheim Bilbao, que está recuberto de titanio. Foi gañador do Premio Pritzker no ano 1989 e do Premio Princesa de Asturias das Artes en 2014.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Toronto nunha familia xudía, Gehry mudouse aos 17 anos aos Ánxeles (California) para se formar na Universidade de California do Sur en arquitectura. Despois comezou a estudar planeamento urbano en Harvard, mais non rematou. Actualmente mora nos Ánxeles, estando xa naturalizado estadounidense.
O director Sydney Pollack fixo no ano 2005 unha película documental sobre a súa persoa, titulada Sketches of Frank Ghery (apuntamentos de Ghery), na que se fala dos seus inicios, das relacións e sentimentos cara ás súas obras, ou das críticas que recibe.
Premios
[editar | editar a fonte]En recoñecemento ao seu labor, Frank Gehry recibiu numerosos e prestixiosos premios e distincións, como as seguintes:
- 1977 - Arnold W. Brunner Memorial Prize in Architecture (American Academy of Arts and Letters.)
- 1989 - Premio Pritzker.
- 1992 - Premio da Fundación Wolf das Artes (Arquitectura).
- 1992 - Praemium Imperiale Award for Architecture, da «Japan Art Association».
- 1994 - Premio Dorothy and Lillian Gish.
- 1998 - National Medal of Arts (AEB).
- 1998 - Premio Friedrich Kiesler.
- 1999 - Medalla de Ouro do AIA, American Institute of Architects (AEB).
- 2000 - Medalla de Ouro, Royal Institute of British Architects.
- 2002 - Gold Medal for Architecture (American Academy of Arts and Letters).
- 2002 - Comendador da Orde do Canadá.
- 2003 - Medalla de Prata de Caldes de Malavella.
- 2008 - Gran Cruz da Orde de Carlomagno do Principado de Andorra (despois rexetouna).
- 2014 - Premio Príncipe de Asturias das Artes.[2]
Obras representativas
[editar | editar a fonte]- Casa Frank Gehry (California).
- Museo Guggenheim Bilbao, Bilbao, País Vasco.
- Adega-Hotel Marqués de Riscal, Elciego (Áraba), País Vasco.
- Casa Danzante, Praga, República Checa.
- Edificio do Banco DG, Berlín, Alemaña.
- Centro Stata, Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, Boston, Estados Unidos
- Edificio Peter B. Lewis, Cleveland, Ohio, Estados Unidos
- Escola de Management Weatherhead, Cleveland, Ohio, Estados Unidos
- Centro de Exposicións, Columbia, Maryland, Estados Unidos
- Centro postal Merriweather, Columbia, Maryland, Estados Unidos
- Sede principal de Rouse Company, Columbia, Maryland, Estados Unidos
- Centro Maggie's Dundee, Dundee, Escocia.
- Torre Gehry, Hanóver, Alemaña.
- Sala de Concertos Walt Disney, Os Ánxeles, Estados Unidos
- Museo Experience Music Project, Seattle, Estados Unidos
- Universidade de Minnesota, Minneapolis, Minnesota, Estados Unidos
- Museo de Arte Weisman, Minneapolis, Minnesota, Estados Unidos
- Pavillón Jay Pritzker, Chicago, Illinois, Estados Unidos
- O Peixe dourado no Port Olímpic de Barcelona, Cataluña.
- Vitra Design Museum en Weil am Rhein.
- Museo da Biodiversidade na cidade de Panamá.
Imaxes dalgúns edificios do arquitecto
[editar | editar a fonte]-
Vestíbulo do DG Bank.
-
Centro Stata.
-
Edificio Peter B. Lewis.
-
Pavillón Pritzker.
-
Museo da biodiversidade en Panamá
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Frank Gehry clears the air", Globe and Mail, 28 de xullo, 2010
- ↑ "Premio Príncipe de Asturias das Artes 2014". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2014. Consultado o 24 de outubro de 2014.