Franz Jägerstätter
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Franz Huber 20 de maio de 1907 Sankt Radegund, Austria (pt) |
Morte | 9 de agosto de 1943 (36 anos) Brandenburg-Görden Prison, Alemaña (en) |
Causa da morte | decapitación |
Lugar de sepultura | Sankt Radegund (pt) (1946–) |
Residencia | Sankt Radegund (pt) (–século XX) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | labrego |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Soldado raso |
Orde relixiosa | Terceira orde de San Francisco |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 9 de agosto |
Outro | |
Condenado por | Wehrkraftzersetzung (en) → (pena de morte) |
Franz Jägerstätter, nado en Radegund (Austria) o 20 de maio de 1907 e executado en Berlín o 9 de agosto de 1943, foi un labrego austríaco contrario ao nazismo, e abandeirado da obxección de conciencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marcado dende a súa infancia pola súa condición de fillo extramatrimonial, foi criado pola súa avoa materna Elisabeth Hubert, sendo o seu primeiro nome Franz Hubert. Seu pai natural morreu na primeira guerra mundial. Foi finalmente adoptado polo esposo da súa nai de quen tomou o apelido. Cando este enfermou, púxose á fronte da súa granxa. De carácter violento, viuse envolto en liortas e pelexas ata o punto de ser arrestado en 1934. Imbuído do ambiente católico da Austria rural, tivo unha filla natural en 1933 (Hildegard Auer), o que lle ocasionou incomprensións veciñais. Traballou na mina e ocupouse do sostemento material da nai e o seu fillo. En 1936 casou con Franziska Schawaninger coa que tivo tres fillas.
Unha viaxe de noivos a Roma exacerbou o seu sentimento relixioso, comezando a practicar un Igrexa Católica radical contrario ao nacionalsocialismo. En 1938 significouse por ser o único veciño do súa vila en votar en contra contra o Anschluss, ou unión entre Alemaña e Austria. A súa posición crítica levouno a abandonar a Asociación Nacional de Agricultores Austríacos, a non contribuír nas colectas a prol da causa nazi e a rexeitar axudas do Goberno.
Comezada a segunda guerra mundial, negouse a ser recrutado. Aduciu que repudiaba a guerra, que non podía xurar fidelidade a Hitler e que non compartía os ideais nazis que consideraba anticristiáns. Na súa comunidade foi considerado un antipatriota desleal a Alemaña e a Austria e un pusilánime. Acusárono de non querer defender a Austria contra o comunismo e o exército roxo. O seu párroco, Joseph Karobath tentou convencelo de que a súa posición se trataba de prexuízos ideolóxicos, aínda que tamén el acabou confinado por predicar no púlpito contra os ideais nazis. O novo párroco, Furthauer, pese a todo, fixo a Jägerstätter sancristán o cal continuou significándose como un opositor ao III Reich. O bispo de Linz aconselloulle en van que declinara a súa actitude.
En 1943, Franz Jägerstätter foi arrestado e encarcerado en Linz entre marzo e maio. Abriuse contra el un proceso por desmoralización e insubmisión que o levou á capital do Reich para ser xulgado. Foi torturado, sentenciado o 14 de xullo e decapitado o 9 de agosto de 1943 en Berlín.
Foi beatificado por Bieito XVI o 26 de outubro (día nacional de Austria) de 2007.