Terceira orde de San Francisco
Terceira orde de San Francisco | |
---|---|
Francisco de Asís na pintura de Francisco de Zurbarán. | |
Historia | |
Fundador | San Francisco de Asís |
Terceira Orde de San Francisco de Asís é unha orde terciaria fundada por San Francisco de Asís que orixinou diferentes ramas laicais e sacerdotes consagrados ao servizo da igrexa católica.[1]
Orixe
[editar | editar a fonte]A tradición asigna a 1221 como a data en que se fundou a orde dos Irmáns e Irmás de Penitencia, agora coñecidos como terciarios. Esta terceira orde foi ideada por San Francisco como un tipo de estado intermedio entre o claustro e o mundo para aqueles que, desexando seguir os pasos do santo, estivesen impedidos, por matrimonio ou outros compromisos, de entrar xa sexa á primeira ou á segunda orde. Houbo algunhas diferenzas de opinión en canto ata que punto interveu o santo na regulamentación da mesma. Con todo, acéptase en xeral que a regra aprobada por Nicolás IV, o 18 de agosto de 1289 non representa á regra orixinal da terceira orde, senón a unha revisión da orixinal.
Algúns escritores recentes tentaron demostrar que a terceira orde foi realmente o punto de inicio de toda a Orde franciscana. Estes afirman que a Segunda e Terceira Ordes de San Francisco non foron engadidas á Primeira, senón que as tres ramas, os Frades Menores, Irmás Pobres, e Irmáns e Irmás de Penitencia, creceron da fraternidade de laicos de penitencia que constituían a intención orixinal de San Francisco, e foron separados en grupos diferentes polo Cardeal Ugolino (posteriormente Gregorio IX), protector da orde, durante a ausencia de San Francisco, cando este estivo en Oriente (1219-1221). Esta interesante teoría, aínda que arbitraria, non deixa de ter importancia para a historia sobre a orixe das tres ordes, pero non foi o suficientemente probada para desmentir o relato máis usual descrito anteriormente, segundo o cal a Orde franciscana desenvolveuse en tres ramas distintas, chamadas a primeira, a segunda e a terceira orde, por proceso de adición e non por proceso de división, sendo esta actualmente a teoría xeralmente aceptada.
Organización actual e divisións
[editar | editar a fonte]Terceira orde segrar: A terceira orde secular foi fundada, como vimos, por San Francisco, ao redor de 1221 e está formada por persoas devotas dun e outro sexo, que viven no mundo e que seguen unha regra de vida aprobada por Nicolás IV en 1289, e modificada por León XIII o 30 de maio de 1883 e por Paulo VI o 24 de xuño de 1978. Inclúe non só aos membros que forman parte de irmandades lóxicas, senón tamén aos illados terciarios, ermitáns, peregrinos etc.
En 1978, baixo a nova regra de vida aprobada polo papa Paulo VI, a estrutura da orde transformouse na Orde franciscana Segrar.
Terceira orde regular de Sacerdotes: Son homes consagrados ao servizo da igrexa, sacerdotes, profesan votos solemnes de castidade, pobreza e obediencia. O seu fundador: San Francisco de Asis. Estes consagrados saen da terceira orde segrar pola necesidade clerical de Sacerdotes na igrexa.
Novas fundacións: De maneira moi independente da terceira orde regular, un gran número de congregacións terciarias franciscanas –tanto de homes como de mulleres– foron fundadas, máis especialmente desde o principio do século XIX. Estas novas fundacións tomaron como base dos seus institutos unha regra especial para membros da terceira orde que viven en comunidade, aprobada por León X o 20 de xaneiro de 1521, aínda que esta regra foi amplamente modificada polas súas constitucións no particular, e difire amplamente en cada fundación, de acordo ao fin de cada unha. Estas congregacións de terciarios regulares son autónomos ou están baixo xurisdición episcopal. Na súa maior parte son franciscanas só de nome, non sendo poucos os que abandonaron o hábito e até o tradicional cordón franciscano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pío XI, Regla de la Tercera Orden Regular de S. Francisco". www.franciscanos.org. Consultado o 2024-11-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Confraría da Orde franciscana Segrar (V.O.T.)