Saltar ao contido

Gabriele Benni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriele Benni

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoTrasasso, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, humorista, presentador de televisión, empresario, cantante Editar o valor en Wikidata

Gabriele Benni, nado en Bologna en 1948, é un empresario, actor, animador de televisión e músico italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Benni iniciouse como empresario agrícola viaxando por varios países para establecer negocios, estabilizándose en Buenos Aires. Un produtor televisivo de Telefe, interesado nel pola súa linguaxe bocapodre, animouno a co-animar un programa, o que rexeitou por mor de compromisos anteriores.

Marchou a Chile animado por un amigo, e alí, canso do negocio agrícola, comezou a gravar episodios pilotos de televisión para envialos ao canal Red Televisión, sen acadar moito éxito. Porén, foi contratado por Gran Santiago Televisión (actual Más Canal 22) para levar adiante un programa en horario de madrugada, titulado De noche con Benni, xerando simpatía no público polo modo de falar mezclando o modismo chileno da lingua castelá con acento italiano.

Despois pasou a UCV TV, onde levou a cabo El Show de Benni os sábados na medianoite, onde Benni entrevistaba coa súa linguaxe propia a persoas descoñecidas. Polo estraño que resultaba o programa, converteuse axiña nun espazo de culto. Posteriormente fixo aparicións noutros programas, como Vértigo ou CQC, o que contribuíu á súa difusión.

A finais de 2006 gravou unha peza de reggaeton chamada "Enchufa", que se converteu na canción do verán en Chile, axudada pola súa difusión en sitios web como YouTube.

Posteriormente fíxose monologuista con "En la Lucha Total", contando as súas aventuras polo mundo e analizando a idiosincrasia chilena.

Participou no programa Fiebre de Baile III, de Chilevisión.

Teleseries

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]