Saltar ao contido

Gefjon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle da Fonte de Gefion (1908) de Anders Bundgaard.

Na mitoloxía nórdica, Gefjon ou Gefjun é unha deusa asociada coa agricultura, a illa danesa de Selandia, o lendario rei sueco Gylfi, o lendario rei danés Skjöldr, e a virxindade. Gefjon aparece na Edda poética, compilada no século XIII de diferentes fontes tradicoinais; na Edda prosaica e en Heimskringla, escritos por Snorri Sturluson.

Tódalas mulleres que morrían virxes eran enviadas ós seus salóns, e por isto era a deusa da virtude. Porén, tamén era considerada unha deusa da fertilidade. Ademais, "Gefn" é un dos nomes alternativos de Freia, a deusa nórdica da procreación.

O seu esposo era o rei Skjöld, fillo de Odín. Moitos lendarios reis daneses alegaban ser descendentes dela.

O rei sueco Gylfi prometéralle tanta terra como puidera arar nunha noite, e ela transformou ós seus catro fillos en bois e tomou terra suficiente como para crear a illa danesa de Selandia, deixando no seu lugar o lago sueco Mälaren.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]