Jörð
Aparencia
Na mitoloxía nórdica, Jörð[1] (islandés "terra", antigo nórdico jǫrð, anglicizado como Jord ou Jorth; tamén chamado Jarð no antigo nórdico do leste), é unha deidade feminina. É a nai de Thor e a personificación da Terra. Fjörgyn e Hlóðyn son considerados outros nomes para chamar a Jörð.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Jörð é a palabra común para terra no antigo nórdico, e dela derivan tódalas formas nas linguas escandinavas modernas; islandés jörð, feroés jørð, danés, sueco e noruegués jord.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducido ao galego como Xord na Diciopedia do século 21 (2007), en Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes e Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. p. 2035. ISBN 9788482893600.
- ↑ "Earth" in Online Etymology Dictionary.