Genève-Servette HC
Genève-Servette HC | |
---|---|
Fundación | 1966 |
Cidade | Xenebra, Cantón de Xenebra Suíza |
Estadio | Patinoire des Vernets (7.382 espectadores) |
Liga | National League A |
Propietario(s) | Hugues Quennec e Chris McSorley |
Adestrador | Chris McSorley |
Cores | Granate e amarelo |
Na rede | |
http://www.gshc.ch/ | |
O Genève-Servette Hockey Club é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Xenebra, Suíza. Foi fundado en 1905 e actualmente compite na NLA, a máxima categoría deste deporte en Suíza.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1905 fúndase a sección de hóckey sobre xeo do Servette FC, un ano despois, en 1906 fúndase o HC Gèneve. En 1908 Servette e HC Genève participan na fundación da Federación Suíza de Hóckey sobre Xeo.
En 1917 o Servette proclámase subcampión fronte ao Berna, repetindo resultado en 1920. En 1954 o club disputou o seu primeiro partido en xeo artificial no que xogou fronte ao Urania Genève Sport (UGS), no Pavillon des Sports, ata ese momento, o Servette tiña que recibir aos seus adversarios en Lausana ou en L'Abbaye.
No ano 1956 o equipo ascende á segunda categoría, a NLB, e dous anos máis tarde inaugúrase o seu novo pavillón, o Patinoire des Vernets, onde en 1959 gañou a Copa de Suíza logo de derrotar na final ao Neuchâtel-Sports Young Sprinters HC por 7 goles a 3 ante 11.820 espectadores, un récord de asistencia no Patinoire des Vernets. En 1963 créase o Genève-Servette HC logo da fusión das sesións de hóckey sobre xeo do Servette e do UGS. Un ano despois Genève-Servette proclámase campión da segunda división suíza, a NLB, logo de derrotar ao EHC Biel na final, acadando o ascenso á máxima categoría, a NLA.
Logo duns anos escuros tras descender á segunda categoría (1975) e á terceira categoría (1980), en 1995 volve á segunda categoría, e seis anos despois á máxima categoría.
O 24 de marzo do 2008, o GSHC chega á final da liga suíza por primeira vez na súa historia, ao gañar ante o HC Fribourg-Gottéron nas semifinais por 4-1 na serie. No 2010, logo dunha boa tempada na que conseguiu o segundo posto na liga, o GSHC derrotou ao HC Fribourg-Gottéron nos cuartos de final, ao EV Zug nas semifinais, e caendo no sétimo partido da final fronte ao SC Bern logo de remontar o 3-1 inicial e empatar a serie a 3 pertidos.
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
0 | Daniel Clerc | G | 1964-74 | 23 de decembro de 2013 | [1] |
4 | Eric Conne | D | 1965-77 | 25 de setembro de 2004 | [2] |
6 | Fritz Naef | C | 1960-69 | 25 de setembro de 2004 | [3] |
24 | Jean-François Regali | C | 1981-95 | 22 de febreiro de 2013 | [4] |
28 | Igor Fedulov | C | 2000-09 | 21 de febreiro de 2015 | [5] |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2 Copas de Suíza: 1959 (como Servette HC) e 1972 (como GSHC)
- 1 NLB: 2001
- 2 Spengler Cups: 2013, 2014
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Numéros retirés › Daniel Clerc" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "Numéros retirés › Eric Conne" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "Numéros retirés › Fritz Naef" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "Numéros retirés › Jean-François Regali" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "Numéros retirés › Igor Fedulov" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |