Grande Esfinxe de Gizeh
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Gizeh, Exipto | |||
Localización | Pirámides de Gizeh | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 23 m | |||
Dimensións | 20,2 () m × 19 () m × 73,5 () m × 1.939 () cm | |||
Material usado | Calcaria | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século XXVI a. C. | |||
Período de tempo | Antigo Exipto | |||
Creador | (anónimo) | |||
A Grande Esfinxe de Gizeh (árabe: أبو الهول Abū al-Haul, literalmente: Pai do Terror), comunmente coñecida como a Esfinxe de Gizeh ou simplemente a Esfinxe, é unha estatua calcaria dunha esfinxe reclinada, unha criatura mítica con corpo de león e cabeza de humano.[1] Está situada na meseta de Gizeh, na franxa occidental do río Nilo en Gizeh, Exipto. O rostro da esfinxe representaría o rostro do faraón Quefrén.[2]
Esculpida sobre o substrato, a forma orixinal da esfinxe foi restaurada con capas de bloques.[3] A estrutura mide 73 metros de lonxitude desde a farpa ata a cola, 20,21 metros de alto desde a base ata a parte superior da cabeza e 19 metros de ancho nas súas ancas.[4] É o monumento escultórico máis antigo de Exipto e crese que foi construído polos antigos exipcios do Reino Antigo durante o reinado do faraón Quefrén (arredor dos anos 2558-2532 a.C.).[5]
Orixes e identidade
[editar | editar a fonte]A Grande Esfinxe é unha das máis grandes e antigas estatuas do mundo. Porén aspectos básicos sobre ela aínda son obxecto de debate, como a data da súa construción, os autores e o seu propósito.
Nomes da Esfinxe
[editar | editar a fonte]Resulta imposible identificar o nome co que os construtores nomearon a estatua, xa que a Esfinxe non aparece en ningún escrito do Reino Antigo e non hai inscricións que describan a súa construción ou o seu uso orixinal. Durante o Reino Novo, a Esfinxe foi chamada Hor-em-akhet e o faraón Tutmosis IV (1401-1391 ou 1397-1388 a.C.) referiuse especificamente a ela na súa Estela do soño.
O nome habitualmente utilizado Esfinxe comezou a utilizarse na antigüidade clásica, aproximadamente 2000 anos despois da data aceptada da súa construción, facendo referencia á besta mitolóxica grega con corpo de león, cabeza de muller e ás de aguia. Porén, como moitas outras esfinxes exipcias, a de Gizeh ten rostro masculino e non ten ás.[6]
Os escritores árabes medievais, incluíndo a al-Maqrīzī, chamaron á esfinxe balhib e bilhaw, o que suxire unha influencia copta.
Construción
[editar | editar a fonte]Aínda que houbo varias probas e varios puntos de vista enfrontados ao longo dos anos, a postura que mantén a exiptoloxía moderna é que a Grande Esfinxe foi construída arredor do ano 2500 a.C. polo faraón Quefrén, o construtor da segunda pirámide de Gizeh.[7]
Selim Hassan, escribiu en 1949 durante as escavacións do recinto da esfinxe, resumindo o problema:
Taking all things into consideration, it seems that we must give the credit of erecting this, the world's most wonderful statue, to Khafre, but always with this reservation: that there is not one single contemporary inscription which connects the Sphinx with Khafre; so, sound as it may appear, we must treat the evidence as circumstantial, until such time as a lucky turn of the spade of the excavator will reveal to the world a definite reference to the erection of the Sphinx.Tendo en conta todas as cousas, parece que debemos dar crédito da construción disto, a estatua máis marabillosa do mundo, a Quefrén; por tanto, soe como soe, debemos tratar a evidencia como circunstancial, ata que nalgún momento un afortunado xiro das escavacións revelen ao mundo a referencia definitiva da erección da Esfinxe.Selim Hassan.[8]
A evidencia circunstancial mencionada por Hassan inclúe a localización da esfinxe no contexto dun complexo funerario arredor da segunda pirámide, que está tradicionalmente relacionada con Quefrén.[9] Ademais da calzada, a pirámide e a esfinxe, o complexo tamén inclúe o templo da esfinxe e o templo do val, no que ambos mostran un deseño similar nas súas estancias interiores. O templo da esfinxe foi construído utilizando bloques cortados no recinto da esfinxe, mentres que os do templo do val, foron extraídos, pesando algúns deles ata 100 toneladas.[10]
Unha estatua de diorita do faraón Quefrén, descuberta enterrada boca abaixo, xunto a outros cascallos no templo do val, utilizouse como apoio á teoría de Quefrén.
A Estela do Soño, erixida moito despois polo faraón Tutmose IV (1401-1391 ou 1397-1388 a.C.), asocia á esfinxe con Quefrén. Cando a estela foi descuberta, as súas liñas de texto estaban xa danadas e incompletas, e só referíanse a Khaf, e non Quefrén. Un fragmento foi traducido:
O exiptólogo Thomas Young, atopou o xerográfico Khaf nun cartucho danado empregado para rodear un nome real, inserido no glifo ra para completar o nome de Quefrén. Cando a estela foi re-escavada en 1925, as liñas de texto referidas a Khaf danáronse e quedaron destruídas.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Grande Esfinxe de Gizeh representa un ser híbrido metade león metade ser humano que se presenta como nunha divindade. Deste xeito, alúdese á forza do animal depredador máis poderoso e a intelixencia do ser humano. Na esfinxe materializada, a forza animal cálmase dominada pola intelixencia humana, repousando en actitude maxestática, a modo de divindade. A pedra da que está feita é calcaria.
Cabeza
[editar | editar a fonte]A cabeza da Grande Esfinxe de Gizeh posúe unhas dimensións de, aproximadamente, 5,20 m de alto e 4,20 de anchura. Isto perfílaa como un volume de dimensións case cadradas e de tendencia grosa. Como toucado, a esfinxe leva a forma máis antiga, completamente plisada, do Nemes, que é o mesmo que se pode ver no fragmento da cabeza dunha estatua de Queops que se conserva no Museo Metropolitano de Nova York. A estatua posúe un uraeus na altura da fronte que arranca do bordo inferior do pano que lle cobre a cabeza e que se caracteriza por ser moi plástica. Amósanse detalles naturalista no pescozo e nas escamas da serpe. Tamén posúe unhas cellas moi marcadas, vigorosas, arqueadas cara a arriba e descendentes nas tempas. Os ollos son grandes, moi abertos e afundidos. As orellas son moi grosas e están pregadas cara a adiante. A esfinxe carece de barba no queixo.
Nariz e barba
[editar | editar a fonte]O nariz, dun metro de ancho, está perdido. Segundo os exames realizados ao rostro da esfinxe, descubriuse que unhas longas barras ou ciceis foron cravadas no nariz, unhas desde a parte do óso nasal e outras desde os orificios.[13]
O historiador árabe al-Maqrīzī, atribuíu a perda do nariz ao iconoclasta Muhammad Sa'im al-Dahr-a, tras descubrir a algúns campesiños facendo ofrendas á esfinxe en 1378 para aumentar os seus cultivos. Enfurecido, destruíu o nariz, e foi máis tarde executado por vandalismo.[14] Al-Maqrīzī describiu á esfinxe como o talismán do Nilo do cal os campesiños locais pensaban que dependía o ciclo de inundacións.[15]
Hai unha lenda que afirma que o nariz quedou destruído tras recibir un disparo de canón por parte dos soldados do exército francés de Napoleón.[16] Outras versións afirman que foron as tropas británicas ou os mamelucos. Varias imaxes da esfinxe realizadas por Frederic Louis Norden, en 1738 e publicadas en 1757, mostran xa a esfinxe sen o seu nariz.[17]
Ademais da perda do nariz, tamén falta a barba cerimonial do faraón, que segundo se cre estaba pegada. Porén, esta puido ser engadida posteriormente en períodos posteriores ao da súa construción orixinal. O exiptólogo Vassil Dobrev suxeriu que de ser a barba unha peza orixinal da esfinxe, danaría o queixo da estatua antes de caer.[18] A falta de restos visibles de danos apoian a teoría de que a barba foi incluída posteriormente.
Quedan residuos dun pigmento vermello aínda visibles en varias partes do rostro da esfinxe. Tamén se atoparon trazas de pigmentos amarelos e azuis noutras partes da estatua, os cales levaron a que Mark Lehner suxerise que o monumento estivo decorado con belas cores de cómic.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Great Sphinx of Giza". Ancient History Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ "Pyramids of Giza - New World Encyclopedia". www.newworldencyclopedia.org. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ "Saving the Sphinx — NOVA | PBS". www.pbs.org. Consultado o 2016-12-07.
- ↑ Rigano, Charles (2014). Pyramids of the Giza Plateau. p. 148.
- ↑ Dunford, Jane; Fletcher, Joann; French, Carole (ed., 2007). Egypt: Eyewitness Travel Guide Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. Londres: Dorling Kindersley, 2007. ISBN 978-0-7566-2875-8.
- ↑ "sphinx | mythology". Encyclopædia Britannica. Consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ "Sphinx Project: Why Sequence is Important". 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
- ↑ Hassan, Selim (1949). The Sphinx: Its history in the light of recent excavations. Cairo: Government Press, 1949.
- ↑ Lehner, Mark (Spring 2002). "Giza As Is:Unfinished Business Reveals the Human Hand" Arquivado 12 de novembro de 2020 en Wayback Machine. in Aeragram, 5:2 (Spring 2002), 10–14. Consultado o 23 de decembro de 2008.
- ↑ "Sphinx - Khafre's Giza Monuments as a Unit - Mark Lehner - Ancient Egypt Research Associates". www.aeraweb.org. Consultado o 23 de outubro 2017.
- ↑ Colavito, Jason (2001). "Who Built the Sphinx?" at Lost Civilizations Discovered. Consultado o 19 de decembro de 2008.
- ↑ "British Museum - Fragment of the beard of the Great Sphinx". britishmuseum.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Lehner, Mark (1997). Thames & Hudson, ed. The Complete Pyramids. p. 41. ISBN 0-500-05084-8.
- ↑ napoleon-series.org (ed.). "Faq#11: Who shot off the nose of the Sphinx?". Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ Joseph E Lowry; Shawkat M Toorawa; Everett K Rowson (2017). Boston Brill, ed. Arabic Humanities, Islamic Thought: Essays in Honor of Everett K. Rowson. p. 263. ISBN 9789004343245. OCLC 992515269. Consultado o 11 de outubro de 2017.
- ↑ "What happened to the Sphinx's nose?". Smithsonian journeys (en inglés). 8 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ "F.L. Norden. Travels in Egypt and Nubia, 1757. Plate 47, Profil de la tête colossale du Sphinx". Brooklyn Museum. Consultado o 24 de xaneiro 2014.
- ↑ Fleming, Nic (2004-12-14). "I have solved riddle of the Sphinx, says Frenchman" in The Daily Telegraph. Actualizado 14 de decembro de 2004. Consultado 28 de xuño de 2005.
- ↑ Evan Hadingham (febreiro de 2010). "Uncovering Secrets of the Sphinx". Smithsonian Magazine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grande Esfinxe de Gizeh |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schulz, R. e Seidel, M. (2004) Egipto. El mundo de los faraones. Colonia (Alemaña): Ed. Könemann. (en castelán)