Saltar ao contido

Guillermo Escalada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escalada
Información persoal
Nome Guillermo Escalada
Nacemento 24 de abril de 1936
Lugar de nacemento Montevideo
Falecemento 21 de xuño de 2023
Lugar de falecemento Montevideo
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1951–1953 Nacional
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1954–1963 Nacional 107 (40)
1964–1965 Gimnasia de La Plata 26 (3)
1966 Montevideo Wanderers
1967 Defensor
Selección nacional
1955–1962 Uruguai 30 (11)
Na rede
FIFA: 49109 Editar o valor en Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Guillermo Escalada, nado en Montevideo o 24 de abril de 1936 e finado o 21 de xuño de 2023, foi un futbolista uruguaio que xogaba como dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Nacional, co que debutou en 1954 e no que xogou ata 1963, e formou parte dunha das dianteiras máis celebres da historia do club, xunto a Héctor Núñez, Julio Acosta, Raúl Núñez e Héctor Rodriguez.[1] Gañou, entre outros títulos, as ligas de 1955, 1956 e 1957. En 1958 marcou en Riazor o gol da vitoria contra o Flamengo, co que o seu equipo se proclamou campión da 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera. En 1959 tivo a oportunidade de conquistar o seu cuarto título de liga, pero perdeu a final de desempate contra o Peñarol, nun histórico encontro no que foi un dos oito xogadores expulsados.[2][3]

En 1962 debutou co seu equipo na Copa Libertadores, nun partido ante o Sporting Cristal peruano. Xogou seis partidos durante a competición, marcando un gol nas semifinais contra Peñarol no estadio Centenario.[4] Disputou un total de 173 partidos oficiais co club, marcando 62 goles.

Tamén xogou no Gimnasia y Esgrima La Palta e no Montevideo Wanderers.[5]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi 30 veces internacional coa selección do Uruguai, coa que marcou 11 goles.[6] Debutou o 30 de marzo de 1955, durante a disputa da Copa América, nunha derrota por 2-1 ante o Perú, onde xogou a segunda parte como substituto de Américo Galván.[7] Na seguinte edición do torneo continental, con Hugo Bagnulo como técnico, o conxunto uruguaio proclamouse campión xogando na casa. Escalada marcou dous goles no partido inaugural contra Paraguai e anotou un terceiro contra o Perú. Só foi superado como artilleiro polo chileno Enrique Hormazábal, que marcou catro goles.[8]

Disputou tamén as dúas edicións da Copa América celebradas en 1959, e proclamouse campión na segunda delas, en Ecuador, aportando dous goles durante o torneo. Formou parte da selección dirixida por Juan Carlos Corazzo no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición.[9] Xogou o seu último encontro como internacional ese mesmo ano, na disputa da Copa Lipton contra a Arxentina no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires.[10]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Nacional
Selección uruguaia
  1. Maceiras, Xabier (20 de xaneiro de 2017). "Héctor Núñez, outro futbolista de sangue arteixá na elite do fútbol mundial". Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  2. Porats, Luis (22 de marzo de 2020). "La final del Uruguayo 1959, un partido que duró mucho más que 90 minutos" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  3. "Peñarol campeón uruguayo 1959: la final más importante de la historia" (en castelán). 20 de marzo de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  4. "Nacional - Peñarol Libertadores 1962". sport.de (en alemán). Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  5. "Pensiòn graciable para el "Chongo"" (en castelán). 30 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  6. "Uruguay - Record International Players". rsssf.org (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  7. "Perú - Uruguai 1955". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  8. "Southamerican Championship 1956". rsssf.org (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  9. "Selección uruguaia no Mundial de 1962". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2007. Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  10. "Arxentina - Uruguai Copa Lipton 1962". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]