Guillermo Escalada
Escalada | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Guillermo Escalada | ||
Nacemento | 24 de abril de 1936 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Falecemento | 21 de xuño de 2023 | ||
Lugar de falecemento | Montevideo | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1951–1953 | Nacional | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1954–1963 | Nacional | 107 | (40) |
1964–1965 | Gimnasia de La Plata | 26 | (3) |
1966 | Montevideo Wanderers | ||
1967 | Defensor | ||
Selección nacional | |||
1955–1962 | Uruguai | 30 | (11) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Guillermo Escalada, nado en Montevideo o 24 de abril de 1936 e finado o 21 de xuño de 2023, foi un futbolista uruguaio que xogaba como dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Nacional, co que debutou en 1954 e no que xogou ata 1963, e formou parte dunha das dianteiras máis celebres da historia do club, xunto a Héctor Núñez, Julio Acosta, Raúl Núñez e Héctor Rodriguez.[1] Gañou, entre outros títulos, as ligas de 1955, 1956 e 1957. En 1958 marcou en Riazor o gol da vitoria contra o Flamengo, co que o seu equipo se proclamou campión da 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera. En 1959 tivo a oportunidade de conquistar o seu cuarto título de liga, pero perdeu a final de desempate contra o Peñarol, nun histórico encontro no que foi un dos oito xogadores expulsados.[2][3]
En 1962 debutou co seu equipo na Copa Libertadores, nun partido ante o Sporting Cristal peruano. Xogou seis partidos durante a competición, marcando un gol nas semifinais contra Peñarol no estadio Centenario.[4] Disputou un total de 173 partidos oficiais co club, marcando 62 goles.
Tamén xogou no Gimnasia y Esgrima La Palta e no Montevideo Wanderers.[5]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi 30 veces internacional coa selección do Uruguai, coa que marcou 11 goles.[6] Debutou o 30 de marzo de 1955, durante a disputa da Copa América, nunha derrota por 2-1 ante o Perú, onde xogou a segunda parte como substituto de Américo Galván.[7] Na seguinte edición do torneo continental, con Hugo Bagnulo como técnico, o conxunto uruguaio proclamouse campión xogando na casa. Escalada marcou dous goles no partido inaugural contra Paraguai e anotou un terceiro contra o Perú. Só foi superado como artilleiro polo chileno Enrique Hormazábal, que marcou catro goles.[8]
Disputou tamén as dúas edicións da Copa América celebradas en 1959, e proclamouse campión na segunda delas, en Ecuador, aportando dous goles durante o torneo. Formou parte da selección dirixida por Juan Carlos Corazzo no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición.[9] Xogou o seu último encontro como internacional ese mesmo ano, na disputa da Copa Lipton contra a Arxentina no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires.[10]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Nacional
- Primeira División (3): 1955, 1956, 1957.
- Torneo de Honor (5): 1955, 1957, 1958, 1961, 1962.
- Torneo Competencia (4): 1958, 1959, 1961, 1962.
- Torneo Cuadrangular (4): 1954, 1956, 1958, 1962.
- Campionato Nacional General Artigas (2): 1961, 1962.
- Selección uruguaia
- Copa América (2): 1956, 1959.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maceiras, Xabier (20 de xaneiro de 2017). "Héctor Núñez, outro futbolista de sangue arteixá na elite do fútbol mundial". Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Porats, Luis (22 de marzo de 2020). "La final del Uruguayo 1959, un partido que duró mucho más que 90 minutos" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Peñarol campeón uruguayo 1959: la final más importante de la historia" (en castelán). 20 de marzo de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Nacional - Peñarol Libertadores 1962". sport.de (en alemán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Pensiòn graciable para el "Chongo"" (en castelán). 30 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Uruguay - Record International Players". rsssf.org (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Perú - Uruguai 1955". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Southamerican Championship 1956". rsssf.org (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Selección uruguaia no Mundial de 1962". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2007. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Arxentina - Uruguai Copa Lipton 1962". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador co Club Nacional (en castelán).
- Datos do xogador coa selección uruguaia (en castelán).
- Nados en 1936
- Finados en 2023
- Nados en Montevideo
- Futbolistas do Uruguai
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Club Nacional de Football
- Xogadores do Gimnasia y Esgrima de La Plata
- Xogadores do Montevideo Wanderers FC
- Xogadores do Defensor Sporting Club
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962