Haas F1 Team
Nome completo | MoneyGram Haas F1 Team |
---|---|
Bandeira coa que compite | Estados Unidos |
Base en | Kannapolis, NC, Estados Unidos[1] Banbury, Reino Unido |
Xefe de Equipo | Gene Haas (Propietario do equipo e presidente) Joe Custer (COO) Guenther Steiner (Director de equipo) |
Director Técnico | Simone Resta |
Pilotos | 20. Kevin Magnussen[2] 27. Nico Hülkenberg[3] |
Pilotos de probas | Oliver Bearman Pietro Fittipaldi |
Chasis | VF-24[4] |
Motor | Ferrari 066/10 |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Gran Premio de Australia de 2016 |
Carreiras | 184 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 1 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | |
Posición no campionato | 7º (31 ptos.) |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Haas Formula LLC,[5] que compite como Haas F1 Team,[6][7][8][9] é un equipo de carreiras de Fórmula Un fundado polo copropietario do equipo Sprint Cup Series da NASCAR Gene Haas en abril de 2014. O equipo tiña a intención de facer a súa debut no inicio da tempada 2015,[8][10] pero máis tarde optaron por pospoñer a súa entrada ata a tempada 2016.[11] O actual director do equipo Haas F1 é Guenther Steiner.
O equipo terá a súa sede en Kannapolis Carolina do Norte, a 50 km. de Charlotte, xunto co seu equipo irmá e participante da Copa Sprint de NASCAR Stewart-Haas Racing, pero os dous equipos trataranse como entes separados por motivos legais. O equipo tamén estableceu unha segunda base en Banbury, Oxfordshire para a parte europea do calendario.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]Preparativos (2015)
[editar | editar a fonte]O equipo é o primeiro construtor americano que presenta un equipo desde o errado proxecto de US F1 en 2010,[12] e será o primeiro equipo estadounidense en competir desde que Haas Lola participara nas tempadas 1985 e 1986. O equipo Haas Lola era propiedade do ex xefe de McLaren Teddy Mayer e Carl Haas, que non ten ningunha relación a Gene Haas.
Tralo colapso de Marussia F1 durante a tempada 2014 e a poxa dos seus bens, Haas comprou a sede en Banbury do equipo para servir de base avanzada para as súas operacións.[13]
Sen restrición nas probas por parte dos regulamentos ata a tempada na que o equipo entra no deporte, Haas decidiu avanzar sen presa no seu novo coche en decembro de 2015 antes do inicio das probas de pretempada do ano seguinte.[14] Haas achegouse ao fabricante Dallara para deseñar e construír o seu chasis, cunha unidade de enerxía fornecida por Ferrari.[6][15] O ex director técnico de Jaguar e Red Bull Racing Günther Steiner será o director do equipo.[6]
O equipo anunciou o 29 de setembro de 2015 que Romain Grosjean será un dos seus pilotos para o 2016..[16]
O 30 de outubro de 2015, durante a fin de semana do Gran Premio de México, anunciouse oficialmente que o piloto de probas de Ferrari Esteban Gutiérrez se unira ao equipo para a tempada 2016.[17]
Controversia
[editar | editar a fonte]O enfoque de Haas de establecer unha asociación a longo prazo con Ferrari atopouse cunha resposta diversa do paddock. O equipo foi aplaudido por ser pioneiro nun modelo de baixo custo que permitiría a novos equipos participar no deporte e ser competitivos, o que era motivo de preocupación para o deporte despois do colapso de HRT F1 Team e Caterham, e os problemas financeiros que ameazaban a Marussia e Lotus. Pola contra, o enfoque de Haas foi criticado polos equipos máis pequenos e privados que investiran na súa propia infraestrutura e expresaron a súa preocupación pola estreita relación entre fabricantes e equipos satelites que entregan máis poder político aos equipos máis grandes do deporte.
Tempada 2016
[editar | editar a fonte]No debut do equipo no Gran Premio de Australia de 2016, Grosjean terminou sexto, anotando oito puntos para o equipo, que se converteu no primeiro construtor americano de Fórmula 1 en puntuar na súa primeira carreira na F1 e o primeiro construtor en xeral desde Toyota Racing en 2002 en lograr puntos no seu debut.[18] Na mesma carreira o seu compañeiro de equipo, Gutiérrez estrelouse nun incidente que destruíu o McLaren do ex campión do mundo Fernando Alonso e causou que a carreira fora parada temporalmente por unha bandeira vermella.[19] Outra carreira impresionante seguiu no Gran Premio de Bahrain de 2016, onde Grosjean terminou quinto. Aínda que o resto da tempada o equipo perdeu o ritmo, foi Grosjean quen anotou os 29 puntos que lle deron un respectable oitavo posto no Campionato de Construtores.
Tempada de 2017
[editar | editar a fonte]O 11 de novembro de 2016, o equipo anunciou que Kevin Magnussen pilotaría xunto a Grosjean en 2017, en substitución de Gutiérrez.[20]
Na primeira carreira da tempada, o equipo logrou a súa mellor cualificación, con Grosjean pilotando o VF-17 no sexto lugar. Porén, durante a carreira, un dos problemas que obstaculizou o rendemento de Kevin Magnussen durante a fin de semana volveu aparecer, obrigando aos dous coches a retirarse da carreira.[21][22] A segunda carreira foi mellor para o equipo Kevin Magnussen terminou 8º, logrando os seus primeiros puntos desde o seu 10º lugar no Gran Premio de Singapur de 2016 e os primeiros puntos de Haas desde o Gran Premio dos estados Unidos de 2016, onde Grosjean rematou o décimo.[23][24]
O éxito do equipo continuaría en 2017, xa que Haas tamén obtivo o seu primeiro dobre puntuaxe en Mónaco, onde Grosjean rematou oitavo e Magnussen décimo, co Williams de Felipe Massa entre eles. O equipo terminou no oitavo lugar no campionato de construtores por segundo ano consecutivo tras ser superado polo Renault Sport Formula One Team nas carreiras finais.[25]
Tempada de 2018
[editar | editar a fonte]O 14 de febreiro de 2018, Haas presentou o seu novo coche, o VF-18.[26] Tras unha gran presentación durante as probas de inverno, Haas volveu a aparecer en Australia cun coche competitivo, logrando a mellor posición do equipo con Magnussen partindo 5º e Grosjean 6º, respectivamente.[27] Durante o Gran Premio, correron nas posicións 4ª e 5ª que lles houbese dado o seu mellor resultado e a metade dos seus puntos de 2017, pero ambos coches retiráronse unha volta despois das súas respectivas paradas de boxes, provocando un coche de seguridade virtual que afectou o final da carreira. Eventualmente igualaron o resultado do cuarto e quinto lugar no Austria, onde tamén superaron os seus puntos de 2017 en só nove carreiras. No Gran Premio de Singapur de 2018, Magnussen acadou a primeira volta rápida de Haas.[28] 2018 foi a súa mellor tempada ata a data, terminando nun impresionante quinto lugar no Campionato de Construtores.
Tempada de 2019
[editar | editar a fonte]O equipo foi renomeado como Rich Energy Haas F1 Team en 2019. Isto foi parte da activación dun acordo de patrocinio de marca por varios anos con Rich Energy, unha compañía británica de bebidas enerxéticas que antes estivo interesada na compra do equipo Force India.[29] O equipo tamén mantivo a súa liña de pilotos para o ano 2018 consistente en Romain Grosjean e Kevin Magnussen por terceiro ano consecutivo.[30]
O VF-19 a miúdo mostrou un ritmo impresionante durante a cualificación, pero tivo dificultades durante a carreira. Na carreira inaugural do Australia, Magnussen terminou sexto no que acabaría por ser o mellor resultado da tempada do equipo. O ritmo de clasificación do equipo foi evidente en Austria, onde Magnussen rexistrou o 5º mellor tempo, pero terminou a carreira no 19º e Grosjean 16º. Catro días antes do Gran Premio do Reino Unido de 2019, o 10 de xullo, a conta de Twitter de Rich Energy anunciou que se finalizou o acordo de patrocinio, citando un mal rendemento.[31] posteriormente tanto o equipo como os accionistas de Rich Energy o negaron e resultou que o tweet foi obra dun individuo "rebelde".[32] En 2019, o patrocinador do título do equipo Rich Energy Haas F1, perdeu unha causa xudicial por copiar o logotipo de Whyte Bikes' Stag.[33]
Para o Gran Premio do Reino Unido, o equipo optou por revertir as melloras colocadas no coche de Grosjean, utilizando as mesmas especificacións realizadas en Australia, para determinar as causas do o pobre ritmo de carreira do coche. Non obstante, ambos pilotos chocaron entre si na primeira volta, o que provocou unha dobre retirada do equipo.[34] O Gran Premio de Alemaña proporcionou o mellor resultado combinado do equipo da tempada, clasificándose 7º e 8º tras as penalizacións posteriores na carreira para outros pilotos.
O patrocinador principal Rich Energy enfrontouse a numerosos problemas legais durante o ano, entre os que se descubriu que plaxiou o logotipo do fabricante de bicicletas Whyte Bikes.[35] En setembro, un día despois, no Gran Premio de Italia, Rich Energy anunciou a rescisión do acordo co equipo Haas F1 con efecto inmediato.[36] O equipo non conseguira puntos para a carreira de Monza, con Romain Grosjean só 16º e Kevin Magnussen retirándose.
Haas rematou a tempada no noveno posto do campionato de construtores con 28 puntos, o peor resultado do equipo desde a súa fundación en 2016.
Tempada 2020
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2020 e Haas VF-20.
Haas mantivo unha formación sen cambios con Grosjean e Magnussen como pilotos para a tempada 2020.[37]
No Campionato Mundial de Fórmula Un de 2020, Haas anotou 3 puntos, con Magnussen rematando 9º en Hungría, pero recibindo unha penalización de tempo que o deixou 10º, e Grosjean terminando 9º no Gran Premio de Eifel. Non volverían a puntuar. O equipo quedou 9º no Campionato de Construtores, conseguindo o menor número de puntos na historia do equipo.[38][39]
Na volta inicial do Gran Premio de Bahrain, Grosjean chocou co piloto de AlphaTauri Daniil Kvyat e estrelouse contra as barreiras entre as curvas 3 e 4. O impacto provocou que o coche se partise en dous e incendiarase. Grosjean escapou dunha ferida importante, sufriu queimaduras nas mans e foi hospitalizado despois da carreira. Comentou que o dispositivo de protección da cabeza halo probablemente lle salvou a vida. O accidente descartouno do Gran Premio de Sakhir da semana seguinte, e foi substituído polo piloto reserva de Haas Pietro Fittipaldi.
Temporada 2021
[editar | editar a fonte]Tanto Magnussen como Grosjean abandonaron Haas ao final do Campionato de 2020.[40] Foron substituídos polo ruso Nikita Mazepin,[41] e o gañador do Campionato de Fórmula 2 de 2020 Mick Schumacher,[42] fillo do sete veces campión do mundo de Fórmula Un Michael Schumacher. Para sobrevivir financeiramente, o equipo optou por deter o desenvolvemento do coche de 2021, e centrar os recursos no coche de 2022. Tamén conseguiron que Uralkali, un produtor ruso de fertilizantes de potasa do que o pai de Mazepin, Dmitry é accionista clave, fose o patrocinador principal do equipo.[43][44] Durante o primeira carreira, Mazepin saíuse na primeira volta, mentres que Schumacher terminou 16º no seu debut, o último de todos os coches en marcha. Na última carreira da tempada, Mazepin deu positivo por coronavirus e foi excluído da carreira. Haas só presentaría un piloto, en lugar de substituír a Mazepin polo piloto reserva Pietro Fittipaldi, xa que non cumprira o requisito de ter competido nunha sesión de adestramentos para o equipo.
Tempada 2022
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022 e Haas VF-22.
Tras a invasión rusa de Ucraína, Haas eliminou a marca do patrocinador ruso Uralkali dos seus coches e as cores da bandeira rusa. O 5 de marzo, o equipo anunciou que rescindira o seu contrato de patrocinio con Uralkali e o seu contrato de piloto con Mazepin. Kevin Magnussen, que anteriormente pilotara para o equipo de 2017 a 2020, anunciouse como o seu substituto.[45]
A decisión de Haas de centrarse na construción do VF-22 durante a tempada 2021 resultou en que o coche demostrase ser competitivo entre os equipos de media pista. Co regreso de Magnussen, Haas puntuou nas dúas primeiras carreiras da tempada en Bahrain e Arabia Saudita con Magnussen. Schumacher non conseguiu puntos en Bahrain e non comezou en Arabia Saudita debido a un accidente na clasificación. Nas seguintes carreiras, Magnussen e Schumacher tiveron dificultades para puntuar ou rematar a carreira xa que ambos pilotos chocaron ás veces con outros pilotos a pesar da súa alta posición de saída despois da cualificación.
Despois dunha seca de puntos, Haas logrou puntuar cos dous coches no Gran Premio do Reino Unido de 2022 con Magnussen terminando décimo e Schumacher oitavo, o seu primeiro punto como piloto de Fórmula Un e a primeira puntuación dobre para Haas despois de tres anos. Segue a boa racha, con Magnussen terminando oitavo e Schumacher sexto na seguinte carreira no Gran Premio de Austria de 2022. Estes dobres puntos consecutivos colocaron a Haas sétimo no Campionato de Construtores, despois do Gran Premio de Hungría de 2022.
O equipo logrou a súa primeira pole position no Gran Premio de São Paulo, con Magnussen superando ao resto en condicións cambiantes para comezar na pole para a carreira sprint. Magnussen retirouse tras unha colisión con Daniel Ricciardo de McLaren ao comezo da carreira.
Schumacher deixou Haas ao final da tempada.[46]
Tempada 2023
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 e Haas VF-23.
Haas asinou un contrato de patrocinio de patrocinio con MoneyGram para a tempada 2023 en diante.[47]
MoneyGram Haas F1 Team anunciou unha nova asociación con Chipotle Mexican Grill (NYSE:CMG), antes do campionato de 2023. O logotipo de Chipotle Mexican Grill aparecerá tanto no morro como no lateral do VF-23, os traxes de carreira dos pilotos do MoneyGram Haas F1 Team Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg e a roupa do equipo.[48]
O regreso de Nico Hülkenberg á Fórmula Un anunciouse antes do Gran Premio de Abu Zabi de 2022 e foi compañeiro de Magnussen para a tempada 2023.[49] A principios de 2023, Haas anunciou que Pietro Fittipaldi seguiría como piloto oficial de probas e reserva para 2023. O bicampeón do Gran Premio traballará co único equipo estadounidense que compite no Campionato do Mundo de Fórmula 1 da FIA por quinta tempada consecutiva, brindando apoio ao equipo e axudando a desenvolver o VF-23. Fittipaldi probou previamente o VF-18 e o VF-19 antes de saltar á cabina para correr nas dúas últimas roldas do Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2020, substituíndo no VF-20 a un lesionado Romain Grosjean.[50]
No Gran Premio do Canadá, Hülkenberg conseguiu a mellor posición de clasificación do equipo da tempada ata a data cando clasificouse segundo nunha sesión de clasificación en mollado na que se beneficiou do accidente do McLaren de Oscar Piastri na primeira parte da sesión de clasificación, que provocou a bandeira vermella. O resto da grella non puido mellorar a súa cualificación xa que a choiva fíxose máis intensa ao reiniciar a sesión. Non obstante, Hülkenberg recibiu unha penalización de tres postos na grella por unha infracción de bandeira vermella e comezaría a carreira na quinta posición. Magnussen comezou a carreira na décimo cuarta posición.[51][52]
Haas terminou a tempada décimo e último no campionato de construtores con 12 puntos. Isto debeuse a unha tempada de boas sesións de cualificación, pero debido ao alto desgaste dos pneumáticos do VF-23 fixo que os pilotos tivesen dificultades e perdesen posición durante as carreiras. O exemplo máis notable disto foi Nico Hülkenberg que clasificou quinto no Gran Premio de Canadá, pero debido ao agresivo desgaste dos pneumáticos do VF-23, Hülkenberg caeu ata o posto 15 na bandeira a cadros. Haas anotou puntos só 5 veces durante a tempada, sendo o 7º lugar de Hülkenberg no Gran Premio de Australia o mellor posto da tempada do equipo.
Tempada 2024
[editar | editar a fonte]En agosto de 2023, Haas anunciou que a formación de pilotos de 2023 de Hülkenberg e Magnussen se manterá para a tempada 2024.[53]
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Nº | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | VF-24 | Ferrari 066/10 1.6 V6 t | P | BHR | SAU | AUS | XAP | CHN | MIA | EMI | MON | CAN | ESP | AUT | GBR | HUN | BEL | NED | ITA | ACE | SIN | USA | MEX | BRA | LVG | QAT | ABU | 31* | 7º* | ||
27 | Nico Hülkenberg | 16 | 10 | 9 | 11 | 10 | 117 | 11 | Ret | 11 | 11 | 6 | 6 | 13 | 18 | 11 | 17 | 11 | 9 | ||||||||||||
20 | Kevin Magnussen | 12 | 12 | 10 | 13 | 16 | 19 | 12 | Ret | 12 | 17 | 8 | 12 | 15 | 14 | 18 | 10 | 19† | |||||||||||||
50 | Oliver Bearman | 10 | |||||||||||||||||||||||||||||
2023 | VF-23 | Ferrari 066/10 1.6 V6 t | P | BHR | SAU | AUS | ACE | MIA | EMI | MON | ESP | CAN | AUT | GBR | HUN | BEL | NED | ITA | SIN | XAP | QAT | USA | MEX | BRA | LVE | ABU | 11* | 8º* | |||
27 | Nico Hülkenberg | 15 | 12 | 7 | 17 | 15 | C | 17 | 15 | 15 | Ret6 | 13 | 14 | 18 | 12 | 17 | 13 | 14 | 16 | 11 | 13 | 12 | 19† | 15 | |||||||
20 | Kevin Magnussen | 13 | 10 | 17† | 13 | 10 | C | 19† | 18 | 17 | 18 | Ret | 17 | 15 | 16 | 18 | 10 | 15 | 14 | 14 | Ret | Ret | 13 | 20 | |||||||
2022 | VF-22 | Ferrari 065/6 1.6 V6 t |
P | BHR | SAU | AUS | EMI | MIA | ESP | MON | ACE | CAN | GBR | AUT | FRA | HUN | BEL | NED | ITA | SIN | XAP | USA | MEX | BRA | ABU | 37 | 8º | ||||
20 | Kevin Magnussen | 5 | 9 | 14 | 98 | 16† | 17 | Ret | Ret | 17 | 10 | 87 | Ret | 16 | 16 | 15 | 16 | 12 | 14 | 8 | 17 | Ret8 | 17 | ||||||||
47 | Mick Schumacher | 11 | NTS | 13 | 17 | 15 | 14 | Ret | 14 | Ret | 8 | 6 | 15 | 14 | 17 | 13 | 12 | 13 | 17 | 15 | 16 | 13 | 16 | ||||||||
2021 | VF-21 | Ferrari 065/6 1.6 V6 t |
P | BHR | EMI | POR | ESP | MON | ACE | FRA | EST | AUT | GBR | HUN | BEL | NED | ITA | RUS | TUR | USA | MEX | BRA | QAT | SAU | ABU | 0 | 10º | ||||
9 | Nikita Mazepin | Ret | 17 | 19 | 19 | 17 | 14 | 20 | 18 | 19 | 17 | Ret | 17 | Ret | Ret | 18 | 20 | 17 | 18 | 17 | 17 | Ret | WD | ||||||||
47 | Mick Schumacher | 16 | 16 | 17 | 18 | 18 | 13 | 19 | 16 | 18 | 18 | 12 | 16 | 18 | 15 | Ret | 19 | 16 | Ret | 18 | 16 | Ret | 18 | ||||||||
2020 | VF-20 | Ferrari 065 1.6 V6 t | P | AUT | EST | HUN | GBR | ANI | ESP | BEL | ITA | TOS | RUS | EIF | POR | EMI | TUR | BAH | SAK | ABU | 3 | 9º | |||||||||
8 | Romain Grosjean | Ret | 13 | 16 | 16 | 16 | 19 | 15 | 12 | 12 | 17 | 9 | 17 | 14 | Ret | Ret | |||||||||||||||
51 | Pietro Fittipaldi | 17 | 19 | ||||||||||||||||||||||||||||
20 | Kevin Magnussen | Ret | 12 | 10 | Ret | Ret | 15 | 17 | Ret | Ret | 12 | 13 | 16 | Ret | 17 | 17 | 15 | 18 | |||||||||||||
2019 | VF-19 | Ferrari 064 1.6 V6 t | P | AUS | BHR | CHN | AZE | ESP | MON | CAN | FRA | AUT | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | RUS | XPN | MEX | USA | BRA | ABU | 26 | 8º | |||||
8 | Romain Grosjean | Ret | Ret | 11 | Ret | 10 | 10 | 14 | Ret | 16 | Ret | 7 | Ret | 13 | 16 | 11 | Ret | 13 | 17 | 15 | 13 | 15 | |||||||||
20 | Kevin Magnussen | 6 | 13 | 13 | 13 | 7 | 14 | 17 | 17 | 19 | Ret | 8 | 13 | 12 | Ret | 17 | 9 | 15 | 15 | 18† | 11 | 14 | |||||||||
2018 | VF-18 | Ferrari 062 EVO 1.6 V6 t | P | AUS | BHR | CHN | AZE | ESP | MON | CAN | FRA | AUT | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | RUS | XPN | USA | MEX | BRA | ABU | 93 | 5º | |||||
8 | Romain Grosjean | Ret | 13 | 17 | Ret | Ret | 15 | 12 | 11 | 4 | Ret | 6 | 10 | 7 | DSC | 15 | 11 | 8 | Ret | 16 | 8 | 9 | |||||||||
20 | Kevin Magnussen | Ret | 5 | 10 | 13 | 6 | 13 | 13 | 6 | 5 | 9 | 11 | 7 | 8 | 16 | 18 | 8 | Ret | DSC | 15 | 9 | 10 | |||||||||
2017 | Haas VF-17 | Ferrari 062 | P | AUS |
CHN |
BHR |
RUS |
ESP |
MON |
CAN |
ACE |
AUT |
GBR |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
MAL |
XPN |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
47 | 8º | ||||||
8 | Romain Grosjean | Ret | 11 | 8 | Ret | 10 | 8 | 10 | 13 | 6 | 13 | Ret | 7 | 15 | 9 | 13 | 9 | 14 | 15 | 15 | 11 | ||||||||||
20 | Kevin Magnussen | Ret | 8 | Ret | 13 | 14 | 10 | 12 | 7 | Ret | 12 | 13 | 15 | 11 | Ret | 12 | 8 | 16 | 8 | Ret | 13 | ||||||||||
2016 | Haas VF-16 | Ferrari 061 | P | AUS |
BHR |
CHN |
RUS |
ESP |
MON |
CAN |
MAL |
AUT |
RU |
HUN |
ALE |
BEL |
ITA |
SIN |
MAL |
XPN |
USA |
MEX |
BRA |
ABU |
29 | 8º | |||||
8 | Romain Grosjean | 6 | 5 | 19 | 8 | Ret | 13 | 14 | 13 | 7 | Ret | 14 | 13 | 13 | 11 | NTS | Ret | 11 | 10 | 20 | NTS | 11 | |||||||||
21 | Esteban Gutiérrez | Ret | Ret | 14 | 17 | 11 | 11 | 13 | 16 | 11 | 16 | 13 | 11 | 12 | 13 | 11 | Ret | 20 | Ret | 19 | Ret | 12 |
Monoprazas
[editar | editar a fonte]A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Haas na Fórmula 1.
- 2016-2020
- 2021-2024
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Doolittle, Dave (13 de abril de 2014). "Kurt Busch: NASCAR team co-owner Gene Haas 'serious' about F1 team". Austin-American Statesman (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ "Kevin Magnussen Returns to Haas F1 Team". haasf1team.com (en inglés). Haas F1 Team. 9 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2022. Consultado o 18 de xuño de 2022.
- ↑ "Nico Hulkenberg to make full-time racing return to Formula 1 with Haas in 2023". Formula1.com. 17 de novembro de 2022. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ Medland, Chris (2023-06-27). "Haas could use Austria 'like a test session' to solve race day woes - Steiner". RACER (en inglés). Irvine. ISSN 1066-6060. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ "Haas Formula LLC". opencorporates.com. Consultado o 26 de setembro de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Anderson, Ben (14 de abril de 2014). "Gene Haas eyes Dallara chassis tie-up for F1 entry". Autosport.com (Haymarket Publication). Consultado o 15 de abril de 2014.
- ↑ Gluck, Jeff (14 de abril de 2015). "Gene Haas: No reason U.S.-based Formula One team can't succeed". USA Today (Concord, North Carolina). Consultado o 15 de abril de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 "FIA WMSC statement, Marrakech, 11 April 2014". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 11 de abril de 2014. Consultado o 11 de abril de 2014.
- ↑ Rencken, Dieter; Noble, Jonathan (16 de xaneiro de 2014). "NASCAR team boss Gene Haas plans new Formula 1 squad for 2015". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 de abril de 2014.
- ↑ Noble, Jonathan (6 de abril de 2014). "Formula 1 could have two new teams in 2015 - Bernie Ecclestone". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 7 de abril de 2014.
Eles serán aceptados ", dixo sobre a petición de Haas. "Tamén aceptamos outro equipo.
- ↑ "Haas confirms debut will be in 2016". ESPN. 4 xuño 2014. Consultado o 4 xuño 2014.
- ↑ Beer, Matt (24 xuño 2010). "FIA fines and disqualifies US F1". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 abril 2014.
- ↑ "Haas F1 on schedule for 2016 debut after key acquisitions". BBC. 10 marzo 2015. Consultado o 22 marzo 2015.
- ↑ Medland, Chris (3 febreiro 2015). "Haas plans December shakedown". F1i. Chris Medland. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 4 febreiro 2015.
- ↑ "Ferrari power unit for Haas F1 Team". Ferrari (Ferrari). 3 setembro 2014.
- ↑ Parkes, Ian (29 de setembro de 2015). "Haas Formula 1 team announces Romain Grosjean as first driver". Autosport. Consultado o 29 de setembro de 2015.
- ↑ Elizalde, Pablo (30 outubro 2015). "Haas Formula 1 team announces Gutierrez for 2016". Motorsport. Consultado o 31 outubro 2015.
- ↑ Whisenant, David (20 de marzo de 2016). "Kannapolis based Haas F1 teams makes history in Australia". WBTV (Kannapolis, North Carolina: Raycom Media). Consultado o 20 de marzo de 2016.
- ↑ Lines, Chris (20 de marzo de 2016). "Alonso flips car after dramatic collision at Australian GP". Associated Press (Melbourne: AP News). Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 6 de abril de 2016.
- ↑ "Haas F1 Team Secures 2017 Driver Lineup by Signing Kevin Magnussen to Join Romain Grosjean". Haas F1 Team. 11 de novembro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016.
- ↑ "Haas F1 suffers through miserable F1 Australian Grand Prix". Autoweek. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "Winning Formula – Guenther Steiner & The Haas F1 Project | Mobil 1 The Grid". Mobil 1 The Grid (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2017.
- ↑ "2016 Formula 1 United States Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 23 de outubro de 2016. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "2016 Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 18 se setembrode 2016. Consultado o 12 de abril de 2017.
- ↑ "Results". Formula1.com. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ Bonkowski, Jerry (14 de febreiro de 2018). "Haas F1 team unveils 2018 Formula One livery, the third-generation VF-18". NBC Sports. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "Results". Formula1.com. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ "Haas - Fastests laps". www.statsf1.com (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2018.
- ↑ "Haas sign Rich Energy deal". Sky Sports (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ "F1 2019 calendar: Race schedule, driver line-ups and Test dates". Sky Sports (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2018.
- ↑ "Rich Energy says Haas F1 deal terminated, citing "poor performance"". Autosport.
- ↑ Khorounzhiy, Valentin. "Rich Energy shareholders say "rogue" individual behind Haas F1 tweet". Autosport.com.
- ↑ The High Court, London, UK
- ↑ "Haas continues new vs old car spec experiment for German Grand Prix". motorsport.tech. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2020.
- ↑ O Tribunal Superior de Londres, Reino Unido
- ↑ "Haas part ways with title sponsors". Formula1. 9 de setembro de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2019.
- ↑ Khorounzhiy, Valentin (19 de setembro de 2019). "Grosjean keeps Haas F1 seat for 2020". motorsport.com (Motorsport Network). Consultado o 19 de setembro de 2019.
- ↑ "Kevin Magnussen praises 'amazing call' from Haas that helped him to first point of 2020". formula1.com. 19 de xullo de 2020. Consultado o 7 de outubro de 2020.
- ↑ van Osten, Phillip (12 de outubro de 2020). "Grosjean happy with maiden points and no 'broken finger'". F1i.com. Consultado o 15 de outubro de 2020.
- ↑ "Grosjean and Magnussen announce they are to leave Haas at the end of 2020.". Formula1.com. October 22, 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "Haas sign F2 racer Nikita Mazepin for 2021 on multi-year deal". Liberty Media. 1 de decembro de 2020.
- ↑ "Mick Schumacher confirmed at Haas for 2021". Formula One. 2 de decembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Uralkali anunciado como socio titular do equipo Haas F1". www.haasf1team .com (en inglés). 4 de marzo de 2021. Consultado o 4 de marzo de 2021.
- ↑ "Haas adopta a librea rusa co patrocinio do título de Uralkali". RACER (en inglés). 2021-03-04. Consultado o 2021-06-09.
- ↑ "Kevin Magnussen to make sensational F1 return with Haas in 2022". Formula1.com. 9 de marzo de 2022. Consultado o 9 de marzo de 2022.
- ↑ "Schumacher and Haas to part ways at the end of 2022". Formula 1 (en inglés). 17 de novembro de 2022. Consultado o 17 de novembro de 2022.
- ↑ "Haas signs new F1 title sponsorship deal for 2023". www.motorsport.com (en inglés). 20 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-20.
- ↑ "MoneyGram Haas F1 Team and Chipotle Mexican Grill announce new partnership | Haas F1 Team". www.haasf1team.com (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Nico Hulkenberg to make full-time racing return to Formula 1 with Haas in 2023 | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "Pietro Fittipaldi continues as Official Test and Reserve Driver of MoneyGram Haas F1 Team | Haas F1 Team". www.haasf1team.com (en inglés). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "2023 Canadian Grand Prix qualifying report and highlights: Verstappen charges to pole for Canadian GP as Hulkenberg grabs surprise P2 before being hit with grid drop | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2023-06-18.
- ↑ Boxall-Legge, Jake (2023-06-18). "Hulkenberg handed three-place F1 grid penalty for Canadian GP red flag infraction". autosport.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2023-06-18.
- ↑ Benson, Andrew (2023-08-24). "Haas team to retain Hulkenberg and Magnussen". BBC Sport (en inglés). Consultado o 2023-08-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haas F1 Team |