Hombori Tondo
Aparencia
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Malí | |||
| ||||
Cordilleira | Falésias de Bandiagara (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 1.153 m | |||
Material usado | rocha sedimentaria | |||
O monte Hombori é un macizo rochoso, con cume aplanado, que cos seus 1.155 metros sobre o nivel do mar constitúe o punto máis alto de Malí, en África Occidental.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O Hombori Tondo é unha prolongación dos cantís de Bandiagara na rexión maliana de Mopti, moi preto da aldea homónima de Hombori e a unha distancia de 100 km da cidade de Douentza.
Historia e etnografía
[editar | editar a fonte]Contén xacementos arqueolóxicos, con varias grutas que estiveron habitadas hai uns 2000 anos. A poboación que actualmente vive nas proximidades do Hombori pertence ás etnias dogón e songhai.
Medio
[editar | editar a fonte]O Hombori Tondo constitúe un lugar singular ao estar a súa cima virxe durante miles de anos. A ameaza principal para o contorno estriba no crecente turismo atraído sobre todo polo efecto "dogón".