Imadaddin Nasimi
Nome orixinal | (az) İmadəddin Nəsimi (azb) سئید علی عمادالدّین نسیمی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1369 (Gregoriano) Shamakhi, Acerbaixán (pt) |
Morte | 1419 (49/50 anos) Alepo, Siria |
Causa da morte | pena de morte |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, Shaykh (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 8, (p.182) |
‘Alī ‘Imādu d-Dīn Nasīmī ( azarí: Seyid Əli İmadəddin Nəsimi عمادالدین نسیمی árabe: عمادالدین نسیمی ع,), Imaddadin Nasimi, ou Nesimi, nado en 1369 e finado en 1417 en Alepo foi un poeta turcomán [1][2][3] ou azarí.[4][5][6][7] Compuxo un diwan en azarí[8][9], outro en persa[6][10] e varios poemas en árabe[11]. Considerado un dos grandes poetas místicos islámicos de fins do XIV e primeiros do XV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco é o que se sabe con certeza da súa vida. A maioría das fontes indican que o seu nome era Imadaddîn[12][13] pero tamén se afirmou que se podía chamar Alî ou Omar.[14]
Tampouco se sabe o seu lugar de nacemento, puido nacer preto de Alepo na actual Siria, ou preto de Bagdad na actual Iraq, tamén se propuxo a cidade de Shamakhi [15](Acerbaixán), onde está soterrado seu irmán.
O feito de que o autor utilizase[16] o título de sayyid levou a pensar que descendese do profeta Mahoma, xa que ese título está reservado para os seus descendentes.
Pola súa poesía sábese que Nesîmî foi un seguidor do movemento ḥurūfī que fundara o seu mestre Fażlullāh Astarābādī de Astarābād, condenado polas autoridades por herexía e executado en Alinja, preto de Nakhchivan.[17]
Nesîmî foi un dos máis influentes defensores da doutrina ḥurūfī, espallando as ideas do movemento en gran medida, a través da súa poesía. Mentres Fażlullāh cría que el mesmo era a manifestación de Deus, para Nesîmî, no centro da creación estaba Deus, que concedeu a súa luz á humanidade, mais por medio do sacrificio e a autoperfección, o home podía chegar a ser un con Deus[18].Arredor de 1417 como resultado directo das súas crenzas, consideradas blasfemas polas autoridades relixiosas contemporáneas, detivérono e, segundo a maioría das fontes, esfolárono vivo en Alepo.
Posteriormente xurdiron lendas arredor da súa execución, como como ás burlas os seus verdugos con versos improvisados, e que, tras a execución, fixo un rolo coa súa pel, cargouna sobre os seus ombreiros e partiu. Un raro relato histórico do evento — o Tarih-i Heleb de Akhmad ibn Ibrahim al-Halabi — relata que o tribunal, que era da escola relixiosa maliki estaba disposto a condenar a Nesîmî por apostasía, e que a orde de execución deuna o emir de Alepo, que quería evitar unha rebelión aberta.[19]
Poesía
[editar | editar a fonte]A súa obra consiste en dous diwan, coleccións de poesías, un en azarí e outro en persa. O diwan en azarí considérase a súa obra máis importante, contén 250-300 ghazals e máis de 150 rubâ'îs.
Editouse en 1881 pero a edición difire considerablemente do manuscrito e non se realizou ningunha edición académica.
A obra de Nesîmî representa un paso importante no desenvolvemento da poesía non só en azarí pero tamén na tradición poética otomá. Despois da súa morte, a súa obra continuou a exercer unha grande influencia sobre moitos poetas turcófonos como Fuzûlî (1483?-1556), Khata ' i (1487-1524), e Pir Sultan Abdal (1480-1550)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jo-Ann Gross (1992) Muslims in Central Asia: expressions of identity and change Duke University Press, p. 172.
- ↑ The Celestial Sphere, the Wheel of Fortune, and Fate in the Gazels of Naili and Baki, Walter Feldman, International Journal of Middle East Studies, Vol. 28, Nº. 2 (maio, 1996), p. 197.
- ↑ Walter G. Andrews, Najaat Black, Mehmet Kalpaklı (2006) Ottoman lyric poetry: An Anthology University of Washington Press, p. 211.
- ↑ G. Doerfer "AZERBAIJAN viii. Azeri Turkish" Encyclopaedia Iranica
- ↑ Baldick, Julian (2000). Mystical Islam: An Introduction to Sufism. I. B. Tauris. p. 103. ISBN 1-86064-631-X.
- ↑ 6,0 6,1 Burrill, Kathleen R.F. (1972). The Quatrains of Nesimi Fourteenth-Century Turkic Hurufi. Walter de Gruyter GmbH & Co. ISBN 90-279-2328-0.
- ↑ Lambton, Ann K. S.; Holt, Peter Malcolm; Lewis, Bernard (1970). The Cambridge History of Islam. Cambridge University Press. p. 689. ISBN 0-521-29138-0.
- ↑ Průšek, Jaroslav (1974). Dictionary of Oriental Literatures. Basic Books. p. 138.
- ↑ Safra, Jacob E. (2003). The New Encyclopædia Britannica Encyclopædia Britannica. p. 60
- ↑ Babinger, Franz (2008). ""Nesīmī, Seyyid ʿImād al-Dīn"". Encyclopaedia of Islam. Brill Online.
- ↑ "Seyid Imadeddin Nesimi". Encyclopædia Britannica. 2008.
- ↑ Andrews, Walter G.; Black, Najaat; Kalpakli, Mehmet (1997). Ottoman Lyric Poetry: An Anthology. University of Texas Press. pp. 211–212. ISBN 0-292-70472-0.
- ↑ Devellioğlu, Feri (1993). Osmanlıca-Türkçe ansiklopedik lûgat: eski ve yeni harflerle. Ankara: Aydın Kitabevi. pp. 823–824. ISBN 975-7519-02-2.
- ↑ Cengiz, Halil Erdoğan (1972). Divan şiiri antolojisi. Milliyet Yayın Ltd. Şti. p. 149.
- ↑ Inna Naroditskaya (2002) Song from the land of fire: continuity and change in Azerbaijanian mugham. Routledge, p. 10
- ↑ N. Hanif Biographical encyclopaedia of Sufis: Central Asia and Middle East, Sarup & Sons, p. 360
- ↑ Mélikoff, Irène (1992). Sur les Traces du Soufisme Turc: Recherches sur l'Islam Populaire en Anatolie. Editions Isis. pp. 163–174. ISBN 975-428-047-9.
- ↑ Kuli-zade, Zümrüd (1970). Хуруфизм и его представители в Азербайджане. Baku: Elm. pp. 151–164.
- ↑ Safarli, Aliyar (1985). Imadəddin Nəsimi, Seçilmis Əsərləri. Baku: Maarif. pp. 1–7.