Saltar ao contido

Imadaddin Nasimi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaImadaddin Nasimi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(az) İmadəddin Nəsimi
(azb) سئید علی عمادالدّین نسیمی Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1369 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Shamakhi, Acerbaixán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1419 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Alepo, Siria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, Shaykh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 8, (p.182) Editar o valor en Wikidata

‘Alī ‘Imādu d-Dīn Nasīmī ( azarí: Seyid Əli İmadəddin Nəsimi عمادالدین نسیمی árabe: عمادالدین نسیمی ع,), Imaddadin Nasimi, ou Nesimi, nado en 1369 e finado en 1417 en Alepo foi un poeta turcomán [1][2][3] ou azarí.[4][5][6][7] Compuxo un diwan en azarí[8][9], outro en persa[6][10] e varios poemas en árabe[11]. Considerado un dos grandes poetas místicos islámicos de fins do XIV e primeiros do XV.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pouco é o que se sabe con certeza da súa vida. A maioría das fontes indican que o seu nome era Imadaddîn[12][13] pero tamén se afirmou que se podía chamar Alî ou Omar.[14]

Tampouco se sabe o seu lugar de nacemento, puido nacer preto de Alepo na actual Siria, ou preto de Bagdad na actual Iraq, tamén se propuxo a cidade de Shamakhi [15](Acerbaixán), onde está soterrado seu irmán.

A morte de Nisimi por Azim Azimzade.

O feito de que o autor utilizase[16] o título de sayyid levou a pensar que descendese do profeta Mahoma, xa que ese título está reservado para os seus descendentes.

Pola súa poesía sábese que Nesîmî foi un seguidor do movemento ḥurūfī que fundara o seu mestre Fażlullāh Astarābādī de Astarābād, condenado polas autoridades por herexía e executado en Alinja, preto de Nakhchivan.[17]

Nesîmî foi un dos máis influentes defensores da doutrina ḥurūfī, espallando as ideas do movemento en gran medida, a través da súa poesía. Mentres Fażlullāh cría que el mesmo era a manifestación de Deus, para Nesîmî, no centro da creación estaba Deus, que concedeu a súa luz á humanidade, mais por medio do sacrificio e a autoperfección, o home podía chegar a ser un con Deus[18].Arredor de 1417 como resultado directo das súas crenzas, consideradas blasfemas polas autoridades relixiosas contemporáneas, detivérono e, segundo a maioría das fontes, esfolárono vivo en Alepo.

Posteriormente xurdiron lendas arredor da súa execución, como como ás burlas os seus verdugos con versos improvisados, e que, tras a execución, fixo un rolo coa súa pel, cargouna sobre os seus ombreiros e partiu. Un raro relato histórico do evento — o Tarih-i Heleb de Akhmad ibn Ibrahim al-Halabi — relata que o tribunal, que era da escola relixiosa maliki estaba disposto a condenar a Nesîmî por apostasía, e que a orde de execución deuna o emir de Alepo, que quería evitar unha rebelión aberta.[19]

A súa obra consiste en dous diwan, coleccións de poesías, un en azarí e outro en persa. O diwan en azarí considérase a súa obra máis importante, contén 250-300 ghazals e máis de 150 rubâ'îs.

Editouse en 1881 pero a edición difire considerablemente do manuscrito e non se realizou ningunha edición académica.

A obra de Nesîmî representa un paso importante no desenvolvemento da poesía non só en azarí pero tamén na tradición poética otomá. Despois da súa morte, a súa obra continuou a exercer unha grande influencia sobre moitos poetas turcófonos como Fuzûlî (1483?-1556), Khata ' i (1487-1524), e Pir Sultan Abdal (1480-1550)

  1. Jo-Ann Gross (1992) Muslims in Central Asia: expressions of identity and change Duke University Press, p. 172.
  2. The Celestial Sphere, the Wheel of Fortune, and Fate in the Gazels of Naili and Baki, Walter Feldman, International Journal of Middle East Studies, Vol. 28, Nº. 2 (maio, 1996), p. 197.
  3. Walter G. Andrews, Najaat Black, Mehmet Kalpaklı (2006) Ottoman lyric poetry: An Anthology University of Washington Press, p. 211.
  4. G. Doerfer "AZERBAIJAN viii. Azeri Turkish" Encyclopaedia Iranica
  5. Baldick, Julian (2000). Mystical Islam: An Introduction to Sufism. I. B. Tauris. p. 103. ISBN 1-86064-631-X. 
  6. 6,0 6,1 Burrill, Kathleen R.F. (1972). The Quatrains of Nesimi Fourteenth-Century Turkic Hurufi. Walter de Gruyter GmbH & Co. ISBN 90-279-2328-0. 
  7. Lambton, Ann K. S.; Holt, Peter Malcolm; Lewis, Bernard (1970). The Cambridge History of Islam. Cambridge University Press. p. 689. ISBN 0-521-29138-0. 
  8. Průšek, Jaroslav (1974). Dictionary of Oriental Literatures. Basic Books. p. 138.
  9. Safra, Jacob E. (2003). The New Encyclopædia Britannica Encyclopædia Britannica. p. 60
  10. Babinger, Franz (2008). ""Nesīmī, Seyyid ʿImād al-Dīn"". Encyclopaedia of Islam. Brill Online. 
  11. "Seyid Imadeddin Nesimi". Encyclopædia Britannica. 2008. 
  12. Andrews, Walter G.; Black, Najaat; Kalpakli, Mehmet (1997). Ottoman Lyric Poetry: An Anthology. University of Texas Press. pp. 211–212. ISBN 0-292-70472-0. 
  13. Devellioğlu, Feri (1993). Osmanlıca-Türkçe ansiklopedik lûgat: eski ve yeni harflerle. Ankara: Aydın Kitabevi. pp. 823–824. ISBN 975-7519-02-2. 
  14. Cengiz, Halil Erdoğan (1972). Divan şiiri antolojisi. Milliyet Yayın Ltd. Şti. p. 149. 
  15. Inna Naroditskaya (2002) Song from the land of fire: continuity and change in Azerbaijanian mugham. Routledge, p. 10
  16. N. Hanif Biographical encyclopaedia of Sufis: Central Asia and Middle East, Sarup & Sons, p. 360
  17. Mélikoff, Irène (1992). Sur les Traces du Soufisme Turc: Recherches sur l'Islam Populaire en Anatolie. Editions Isis. pp. 163–174. ISBN 975-428-047-9. 
  18. Kuli-zade, Zümrüd (1970). Хуруфизм и его представители в Азербайджане. Baku: Elm. pp. 151–164. 
  19. Safarli, Aliyar (1985). Imadəddin Nəsimi, Seçilmis Əsərləri. Baku: Maarif. pp. 1–7.