Isabelle Huppert
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Isabelle Anne Huppert 16 de marzo de 1953 (71 anos) 16º distrito de París, Francia |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
← Sean Penn – Tim Burton → | |
President of the Jury at the Venice International Film Festival (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo e xudaísmo |
Educación | Conservatoire national supérieur d'art dramatique Institut national des langues et civilisations orientales (pt) - lingua rusa Conservatoire à rayonnement régional de Versailles (en) |
Altura | 1,6 m |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, produtora |
Período de actividade | 1971 - |
Profesores | Jean-Laurent Cochet (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Ronald Chammah |
Fillos | Lolita Chammah |
Irmáns | Caroline Huppert Élisabeth Huppert Rémi Huppert |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Isabelle Huppert, nada en París o 16 de marzo de 1953, é unha actriz francesa.
Ademais de ser unha das intérpretes máis prolíficas de Francia, Isabelle Huppert presenta unha filmografía de proxección internacional: dende Estados Unidos (da man de directores como Michael Cimino, Hal Hartley, Curtis Hanson ou Otto Preminger), Italia (baixo a dirección dos irmáns Taviani, Mauro Bolognini, Marco Ferreri e Marco Bellocchio), Rusia (con Igor Minaiev), Europa central (co alemán Werner Schroeter, a suíza Ursula Meier, o austríaco Michael Haneke, a húngara Márta Mészáros ou o serbio Aleksandar Petrović), ata países do continente asiático (co coreano Hong Sang-soo, o filipino Brillante Mendoza ou o franco-camboxano Rithy Panh). Como actriz de teatro traballou con directores como Bob Wilson, Yasmina Reza, Claude Régy, Krzysztof Warlikowski ou Jacques Lassalle. Os seus papeis, tanto no teatro coma no cinema, caracterízanse pola súa dificultade e esixencia para ser interpretados, ademais de presentar polo xeral unha natureza complexa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Filla de Annick Beau, profesora de inglés e apaixonada do piano, e de Raymond Huppert, dirixente dunha empresa, Isabelle Anne Madeleine Huppert pasou a súa infancia en Ville-d'Avray, onde recibiu unha educación sólida no terreo das artes e da cultura. Ten dúas irmás e un irmán que, coma ela, dedican a súa vida ao mundo da cultura: Élisabeth, escritora, pintora, actriz e realizadora; Caroline, tamén realizadora; e Rémi, consultor de xestión e desenvolvemento internacional e escritor. En 1982 casou co director, produtor cinematográfico e guionista Ronald Chammah, con quen ten tres fillos: Lolita Chammah, actriz, Lorenzo e Angelo.
Formación
[editar | editar a fonte]Despois de cursar a educación secundaria no instituto de Saint-Cloud, Isabelle Huppert continuou os seus estudos no Institut National des Langues et Civilisations Orientales en París, aínda que nunca chegou a rematalos. Tras formarse no conservatorio de Versalles, a actriz estudou linguas eslavas e orientais na Universidade de Clichy, onde ela se licenciou en ruso. Paralelamente aos seus estudos na universidade, Huppert formábase como actriz na École nationale supérieure des arts et techniques du théâtre para máis tarde ingresar no Conservatoire national supérieur d’art dramatique.
Inicio
[editar | editar a fonte]As súas primeiras aparicións na gran pantalla foron en 1972 nos filmes Faustine et le Bel Été, de Nina Companeez, e en César et Rosalie, de Claude Sautet, onde interpreta o papel de irmá máis nova de Romy Schneider. En 1974 participa cun papel secundario na película de Bertrand Blier Les Valseuses, na que Huppert representa unha adolescente rebelde na procura da súa emancipación. Tras este virían, en 1974, Dupont Lajoie, de Yves Boisset, na cal Isabelle é unha xove campesiña violada e asasinada por Jean Carmet; en 1975 Aloïse, de Liliane de Kermadec, e o telefilme Madame Baptiste, adaptación do director Claude Santelli da obra homónima de Guy de Maupassant; e, en 1976, O xuíz e o asasino, de Bertrand Tavernier, onde interpreta o papel de amante de Philippe Noiret. Xa nesta etapa inicial, Isabelle Huppert vai construíndo a súa carreira cinematográfica distanciándose doutras das grandes actrices do momento, como Miou-Miou ou Isabelle Adjani, ao formar parte da esfera de renovación do cinema de autor francés tras o movemento cinematográfico da Nouvelle Vague a través da colaboración con directores como Claude Sauset, Yves Boisset ou Bertrand Tavernier.