Saltar ao contido

J.D. Salinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJ.D. Salinger

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Jerome David Salinger Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2010 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Cornish, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Residencia1133 Park Avenue (pt) Traducir (1932–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónZen e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
McBurney School (en) Traducir
Valley Forge Military Academy and College (pt) Traducir
Columbia University School of General Studies (en) Traducir
PS 6 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeClaire Douglas (1955–1967) Editar o valor en Wikidata
FillosMargaret Salinger, Matt Salinger Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сэлинджер Джером Дейвид)
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:7) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0758409 Allocine: 442077 Allmovie: p314507
BNE: XX993805 Bitraga: 437 Musicbrainz: 76e95ec6-6c94-4580-953d-bdc3c7b3aeca WikiTree: Salinger-9 Find a Grave: 47245471 Editar o valor en Wikidata

Jerome David Salinger, nado en Nova York o 1 de xaneiro de 1919 e finado o 27 de xaneiro de 2010[1], foi un escritor norteamericano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai xudeu e nai católica irlandesa. Estudou na Academia Militar de Valley Forge, e posteriormente nas Universidades de Nova York e Columbia, mobilizado durante a segunda guerra mundial serviu na mariña, e entrou en combate coa 4ª División de Infantaría, a participación nalgunhas das campañas máis feroces da guerra afectoulle emocionalmente, contou as súas experiencias da guerra en moitos relatos como For Esmé with Love and Squalor.

Comezou a escribir relatos para revistas locais logo de licenciarse do exército en 1945, que foron ben recibidas. A Perfect Day for Bananafish (1949) é o relato máis popular desa época, tamén publicou dous episodios que posteriormente incluíra en The Catcher in the Rye: I'm Crazy e Slight Rebellion.

En 1951 publicou O vixía no centeo[2] (en inglés The Catcher in the Rye) a súa primeira e máis famosa novela, orixinalmente foi mal recibida pola crítica e non tivo éxito de vendas, pero máis tarde gañou a aceptación de pública e crítica. Moito da trama da novela ten carácter autobiográfico: presenta a un adolescente, Holden Caulfield, con episodios de paranoia, que escapa da academia onde estuda para volver a Nova York. A novela escrita cun estilo e linguaxe propio dos adolescentes converteuse nun clásico.

Posteriormente Salinger publicou as coleccións de relatos Nove contos[3] (en inglés Nine Stories) en 1953; Franny e Zooey, en 1961; e Erguede, carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución, que apareceron xuntos en 1963, estes últimos protagonizados pola disfuncional familia Glass.

Despois de conseguir fama e notoriedade con O vixía no centeo, Salinger converteuse nun eremita, apartándose do mundo e protexendo ao máximo a súa privacidade. Mudouse de Nova York a Cornish (Nova Hampshire), onde continuou escribindo historias que nunca publicou.

  1. J. D. Salinger, Enigmatic Author, Dies at 91', The New York Times, 28 de xaneiro de 2010 (en inglés).
  2. Tradución de Xosé Ramón Fernández Rodríguez (Xerais, 1990).
  3. Tradución de Xosé Antón López Dobao (Sotelo Blanco, 1994)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]