Saltar ao contido

José Luis Borau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Borau
Biografía
Nacemento(es) José Luis Borau Moradell Editar o valor en Wikidata
8 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de larinxe Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor en Wikidata
Presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España
1994 – 1999
← Gerardo HerreroAitana Sánchez-Gijón → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, escritor, guionista, director de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0095952 Allocine: 6841 Allmovie: p82457
BNE: XX840981 Find a Grave: 101166277 Editar o valor en Wikidata

José Luis Borau Moradell, nado en Zaragoza o 8 de agosto de 1929 e finado en Madrid o 23 de novembro de 2012, foi un director, produtor, guionista, actor ocasional, editor literario e crítico de cine español, membro da Real Academia Española na cadeira B dende 2008 até a súa morte.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Borau realizou os seus primeiros estudos no Colexio de Santo Agostiño de Zaragoza, cidade en que comezou a estudar Dereito en 1949. Tras traballar durante un curto período como crítico de cinema no xornal Heraldo de Aragón, estudou dende 1957 na Escola Oficial de Cinematografía en Madrid, carreira que terminou co curto En el Río en 1960.

Foi considerado a grande esperanza do "novo cinema español" nos anos 1960. Con todo, mentres os seus contemporáneos facían un cine psicolóxico, el, seguindo as modas de Hollywood, dedicouse ao spaghetti western (Brandy, 1963) ou ao suspense (Crimen de doble hilo, 1965), con pouco éxito comercial.

Destes traballos sacou a conclusión de que só podía rodar filmes satisfactorios se os realizaba baixo control propio e fundou en 1967 a súa propia produtora El Imán. Durante dez anos filmou sobre todo anuncios e produciu filmes doutros directores. Ademais, traballou como profesor de guión da Escola Oficial de Cinematografía.

O seu primeiro filme baixo control propio foi o suspense político Hay que matar a B. (1974), que puxo de relevo, por primeira vez, o seu estilo preciso e minucioso na dirección, a construción da historia e a montaxe. Este filme contou cun elenco internacional que incluía as estrelas norteamericanas Burgess Meredith e Patricia Neal.

O seu maior éxito comercial logrouno en 1975 co drama Furtivos, que actualmente se considera como un dos mellores exemplos do cinema do tardofranquismo. Sobre todo, impresionou a escenografía visual da trama nos bosques dos arredores de Madrid. O filme obtivo ese mesmo ano a Cuncha de Ouro do Festival de Cinema de Donostia e o premio ao mellor filme en lingua española.

En 1979 estreou La Sabina, unha historia de paixón e superstición que transcorre en terras andaluzas. A coprodución con Suecia permitiu sumar ao elenco coñecidos actores estranxeiros.

En 1984 dirixiu a coprodución hispano-norteamericana Río abajo con David Carradine e Victoria Abril, que non obtivo a repercusión esperada. Borau puido desquitarse deste relativo fracaso cultivando un éxito de público e crítica en 1986 con Tata mía (con Imperio Argentina e Carmen Maura), que entre outras logros alcanzou un nomeamento ao Goya como mellor guión. En 1997 filmou Niño nadie.

En 1993 filmou a serie de televisión Celia, baseada nas historias de Elena Fortún. Coa idea inicial de tan só escribir os guións e producir os capítulos, acabou por dirixir parte da serie, que tivo certo éxito de público en TVE.

De 1994 a 1998 foi presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, dende a que dirixiu a elaboración e edición do Diccionario de Cine Español en 1998. En 1995 fundou a súa propia editorial, Ediciones El Imán, dedicada principalmente á cinematografía.

No ano 2001 obtivo co seu filme Leo o premio Goya á mellor dirección. Ademais, gañou o premio especial do xurado do Festival de Cinema de Málaga e xunto con La comunidad, de Álex de la Iglesia o premio Fotogramas de Plata. En 2003, aos 74 anos, recibiu por Camisa de once varas, libro de relatos, o Premio Tigre Juan de narrativa á mellor ópera prima. En 2007, Chunta Aragonesista concedeulle o III Premio Aragoneses en Madrid. Foi presidente da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) dende xullo de 2007 ata xullo de 2011.

En febreiro de 2008 foi nomeado académico da Real Academia Española, cubrindo a vacante deixada por Fernando Fernán Gómez na cadeira B. A contestación do seu discurso de incorporación correu a cargo de Mario Vargas Llosa.[3] O 22 de novembro de 2012 presentouse o libro Borau. La vida no da para más, un achegamento á súa obra por parte de Bernardo Sánchez Salgas.[4] Un día despois faleceu en Madrid á idade de 83 anos[5][6] a causa dun cancro de gorxa.[7]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Notas
1960 En el río Curtametraxe documental
1963 Brandy
1965 Crimen de doble filo
1974 Hay que matar a B
1975 Furtivos Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Donostia
1979 La Sabina
1984 Río abajo
1986 Tata mía
1992 Celia Serie de televisión
1996 Niño nadie
2000 Leo Goya á mellor dirección
Participou no 22.º Festival Internacional de Cinema de Moscova.[8]
Ano Título Personaxe Notas
1965 El juego de la oca Cliente do café Sen acreditar
1970 Un, dos, tres... al escondite inglés Tío Prudencio Sen acreditar
1972 Mi querida señorita Médico Sen acreditar
1975 Furtivos Gobernador
1975 La adúltera Médico
1978 Sonámbulos Director de la biblioteca
1981 Cuentos para una escapada
1988 Malaventura Alcántara
1993 Todos a la cárcel Capellan
1996 Ilona llega con la lluvia Alcántara

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
  • Camisa de once varas
  • Navidad, horrible navidad
  • El amigo de invierno
  • Cuentos de Culver City
  • Palabra de cine

Crítica cinematográfica

[editar | editar a fonte]
  • Diccionario de cine español
  • La pintura en el cine, el cine en la pintura
  • Cine, arte y dispositivos en el cine español
  1. «Algo más que un director de cine», El País, 23 de novembro de 2012.
  2. «Fallece José Luis Borau a los 83 años», ABC, 23 de novembro de 2012.
  3. «José Luis Borau y José María Merino, nuevos académicos de la Lengua», El País, 27 de marzo de 2008.
  4. «Borau mira por el retrovisor de la vida», El País, 21 de novembro de 2012.
  5. «Borau, un humanista desde la mecedora», Diario de Sevilla, 23 de novembro de 2012.
  6. «El adiós de Borau deja al lenguaje del cine sólo ante el peligro», El Mundo, 24 de noviembre de 2012.
  7. "Muere el director de cine José Luis Borau". Corporación de Radio y Televisión Española (en castelán). 23 de decembro de 2012. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  8. "22nd Moscow International Film Festival (2000)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2013. Consultado o 2013-03-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • D’Lugo, Marvin. Guide to the Cinema of Spain. Greenwood Press, 1997. ISBN 0313294747
  • Torres, Augusto M. Diccionario Espasa Cine Español. Espasa Calpe, 1994, ISBN 84-239-9203-9

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]