León III (emperador)
Nome orixinal | (el) Λέων Γ΄ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 675 (Gregoriano) Maraş, Turquía |
Morte | 18 de xuño de 741 (65/66 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | edema |
Emperador bizantino | |
25 de marzo de 717 – 18 de xuño de 741 ← Teodosio III – Constantino V → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rango militar | estratego |
Familia | |
Familia | Dinastia isáurica (pt) |
Cónxuxe | Maria (esposa de Leão III) |
Fillos | Irina, Kozma, Ana (esposa de Artabasdo), Constantino V |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo III. Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
León III o Isaurio (c. 680 - 18 de xuño de 741), emperador bizantino desde 717 ata a súa morte. Acabou co período de inestabilidade, defendendo con éxito o Imperio ante os árabes, e adoptou a iconoclastia como política relixiosa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]León naceu no provincia siria de Commagene. Ascendeu rapidamente no exército, e baixo Anastasio II concedéuselle o mando do exército de Oriente. En 717 rebelouse contra o usurpador Teodosio III e, na súa marcha cara a Constantinopla, foi elixido emperador no seu lugar. Durante o primeiro ano do reinado de León, a capital sufriu un grave asedio por parte dos árabes, que aproveitaron a desorde civil no Imperio para levar unha forza de 80.000 homes ata o Bósforo. Grazas á súa decidida defensa, León conseguiu que os árabes se retirasen tras doce meses de asedio. Un factor importante na vitoria bizantina foi o uso do lume grego. Tras librar así ao Imperio dunha ameaza que puxo en perigo a súa existencia, León dedicouse a consolidar a súa administración, que sufrira durante os anteriores anos de anarquía. Asegurou tamén as súas fronteiras invitando a colonos eslavos a instalárense en rexións despoboadas e restaurando a eficiencia do exército: cando os árabes volveron atacar en 726 e 739, foron derrotados decisivamente. As súas reformas civís supuxeron a eliminación do sistema de prepago de impostos, que impoñía a carga fiscal sobre os grandes terratenentes, a conversión dos servos nunha clase de arrendatarios libres e a remodelación do dereito de familia e do dereito marítimo. Todas estas medidas, que se incorporaron ao novo código de 740, atoparon unha certa oposición por parte da nobreza e o alto clero.
Pero a reforma lexislativa de maior peso levada a cabo por León tiña que ver con cuestións relixiosas: en concreto coa iconoclastia. Tras un intento, aparentemente acadado, de obrigar ao bautismo de todos os xudeus e montanistas do Imperio (722), León decretou unha serie de edictos contra o culto das imaxes (726-729). Esta prohibición dun costume, que sen dúbida dera lugar a todo tipo de abusos, parece que estivo inspirada por un desexo xenuíno de mellorar a moral pública, e obtivo o apoio da aristocracia oficial e dun sector do clero. Pero unha gran maioría dos teólogos e case todos os monxes opuxéronse a estas medidas con firme hostilidade, e no occidente do Imperio o pobo rexeitou obedecer o edicto. En Grecia desatouse unha revolta, baseada sobre todo na cuestión relixiosa, que foi esmagada pola frota imperial (727), e dous anos despois, León suprimiu a oposición aberta na capital ao destituír ao patriarca de Constantinopla. En Italia, a actitude desafiante dos papas Gregorio II e Gregorio III na cuestión do culto das imaxes conduciu a unha extremada disputa co emperador. Gregorio III reuniu varios concilios en Roma co fin de anatemizar e excomungar aos iconoclastas (730 e 732). León respondeu transferindo o sur de Italia e Grecia da xurisdición papal á do patriarca de Constantinopla. A pugna traduciuse tamén nun levantamento armado no exarcado de Rávena (727), que León intentou dominar enviando unha gran frota, pero a destrución do seu armamento por mor dunha gran tormenta xogou na súa contra: finalmente, os seus súbditos do sur de Italia incumpriron os seus edictos relixiosos e a provincia de Rávena escindiuse do Imperio.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Teodosio III |
León III (emperador) | Precede a: Constantino V |
Dinastía Isáurica |