Saltar ao contido

Louise Dresser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouise Dresser

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1878 Editar o valor en Wikidata
Evansville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Woodland Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1922 Editar o valor en Wikidata - 1937 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJack Norworth (1899–1907) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0237571 Allocine: 34925 Rottentomatoes: celebrity/louise_dresser Allmovie: p20129 IBDB: 38515
BNE: XX4611314 WikiTree: Kerlin-74 Find a Grave: 6242 Editar o valor en Wikidata

Louise Josephine Kerlin,[1] nada en Evansville (Indiana) o 5 de outubro de 1878 e finada en Woodland Hills (California) o 24 de abril de 1965, foi unha actriz estadounidense coñecida como Louise Dresser.[2] Foi especialmente célebre polos moitos filmes en que interpretou a esposa de Will Rogers, incluídos State Fair e David Harum.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Louise Josephine Kerlin naceu en Evansville (Indiana), filla de Ida (de solteira Shaffer) e William S. Kerlin, enxeñeiro de ferrocarril que faleceu cando ela tiña quince anos. Tivo un irmán máis novo, William Lambert Kerlin.

Dresser adoptou o seu apelido profesional de Paul Dresser, que era amigo do seu pai. Cando descubriu que Louise era filla de William Kerlin, lanzouna como a súa irmá máis nova. Moita xente creu que eran familia, e cando Paul finou, Louise foi mencionada no seu obituario como familiar del.[3]

Dresser traballou como bailarina de burlesque e cantante no dime museum de Boston e entón debutou no vaudeville en 1900. Formou un grupo chamado "Louise Dresser and Her Picks", un número de canto acompañada por un coro de nenos afroamericanos. En 1906 comezou a actuar nos teatros de vaudeville de Nova York, e ese ano actuou no musical About Town con Lew Fields, que foi un éxito. O ano seguinte apareceu no éxito Girl Behind the Counter, que tivo 260 representacións.[4]

Despois do vaudeville, o éxito de Dresser continuou en Broadway, onde protagonizou con De Wolf Hopper en Matinee Idol (1910-1912), e apareceu en Broadway to Paris (1912), Potash and Perlmutter (1913) e Hello Broadway! (1914).[5] O seu último espectáculo en Broadway foi Have a Heart (1917).

Dresser debutou no cinema en The Glory of Clementina (1922), e o seu primeiro papel protagonista foi en The City That Never Sleeps (1924). In 1925, protagonizou The Eagle, con Rudolph Valentino e Vilma Bánky como Catarina a Grande, e interpretou a protagonista de The Goose Woman, con Jack Pickford.

Na primeira edición dos Óscar en 1929, Dresser foi candidata ao premio á mellor actriz por A Ship Comes In.

En 1930 interpretou a nai de Al Jolson en Mammy, e a emperatriz Isabel I de Rusia en The Scarlet Empress (1934). O seu último filme foi Maid of Salem (1937). Na televisión apareceu nun episodio centrado en Buster Keaton no programa de Ralph Edwards This Is Your Life.

Tras retirarse en 1937, Dresser traballou como voluntaria no Motion Picture & Television Country House and Hospital. En 1950 intentou volver á interpretación, mais non foi quen de conseguir papeis no cinema, o que culpou aos rumores de que estaba xorda. Dresser faleceu en Woodland Hills (California) tras unha cirurxía de intestino.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Dresser casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi co cantante e compositor Jack Norworth, co que casou en 1898.[5][6] A parella actuou xunta no vaudeville. Divorciáronse en 1908 e Dresser casou entón con Jack Gardner en 1910, e o matrimonio durou ata a morte del en 1950. Dresser non tivo fillos.[3]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Filmes mudos

Filmes sonoros

  1. The Green Book Magazine Volume 9, páxina 523, c. 1913 Consultado o 7 de setembro de 2016
  2. "The Green Book Magazine". Story-Press association. 4 de xaneiro de 1916. Consultado o 4 de xaneiro de 2020 – vía Google Books. 
  3. 3,0 3,1 Dodge, Richard Irving; Rogers, Will (1996). The Indian Territory Journals of Colonel Richard Irving Dodge. ISBN 9780806132679. 
  4. Cullen, Frank; Hackman, Florence; McNeilly, Donald (2007). Vaudeville old & new: An encyclopedia of variety performances in America (en inglés). ISBN 9780415938532. 
  5. 5,0 5,1 "Louise Dresser | Jewish Women's Archive". jwa.org. Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  6. Slide, Anthony (2012-03-12). The Encyclopedia of Vaudeville. ISBN 9781617032509. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]