Luke Ridnour
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1981 (43 anos) Coeur d'Alene, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Blaine High School (en) Universidade de Oregón | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Lucas Robin "Luke" Ridnour, nado o 13 de febreiro de 1981 en Coeur d'Alene, Idaho, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Cunha altura de 1,88 m, xoga na posición de base. É fillo de Rob Ridnour, adestrador de baloncesto.
Carreira
[editar | editar a fonte]High School
[editar | editar a fonte]Co Instituto Blaine gañou dous campionatos estatais e foi nomeado All-American por McDonald's e Parade en 2000, o ano da súa gradación.
Universidade
[editar | editar a fonte]Ridnour asistiu á Universidade de Oregón, onde era a estrela do equipo. Compartiu vestiario con Luke Jackson, actual xogador da NBA, e guiou en dúas ocasións aos Ducks ao torneo da NCAA, incluído ao Elite 8 en 2002. Posúe a marca de máis asistencias de Oregón con 218 e conseguiu a marca de conferencia de máis tiros libres anotados consecutivos (62). Abandonou Oregón tras o seu ano júnior (terceiro), cando foi nomeado xogador do ano da Pacific Ten Conference. Tras o seu último partido cos Ducks, o pavillón enteiro coreoulle "un ano máis". A pesar diso, Ridnour declarouse elixible para o Draft da NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi seleccionado por Seattle SuperSonics na 14ª posición do Draft de 2003, xogando con moderación no seu primeiro ano na liga. En 2005 participou no Rookie Challenge e no Skills Challenge do All-Star Weekend. Na súa segunda tempada xogou os 82 partidos de liga, todos eles de titular, facendo 10 puntos e 5,9 asistencias. Nos seus dúas seguintes campañas superou os 11 puntos de anotación en media e as 5 asistencias, converténdose na base titular do equipo. O seu mellor partido en anotación chegou o 13 de novembro de 2006, anotando 32 puntos ante New Jersey Nets.
O 13 de agosto de 2008 foi traspasado a Milwaukee Bucks nun traspaso a tres bandas que enviaba a Maurice Williams a Cleveland Cavaliers e cinco xogadores a Oklahoma City Thunder.[1] O 21 de xullo de 2010 asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves por catro anos e 16 millóns de dólares.
O 11 de xullo de 2013, os Bucks adquiriron de novo a Ridnour, nun traspaso entre tres equipos que levou a Kevin Martin dos Oklahoma City Thunder ós Minnesota Timberwolves.[2]
O 20 de febreiro de 2014, Ridnour foi traspasado ós Charlotte Bobcats xunto a Gary Neal a cambio de Ramon Sessions e Jeff Adrien.[3]
O 25 de xullo de 2014, Ridnour asinou cos Orlando Magic.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Desmond Mason, Luke Ridnour included in trade
- ↑ "Bucks Acquire Luke Ridnour in a Three Team Deal". NBA.com. 11 de xullo de 2013.
- ↑ "Bobcats Acquire Neal, Ridnour from Bucks in Exchange for Sessions, Adrien". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2014. Consultado o 02 de marzo de 2014.
- ↑ Magic Sign Luke Ridnour
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Luke Ridnour Arquivado 16 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1981
- Nados en Idaho
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Orlando Magic
- Bases de baloncesto