Saltar ao contido

Màxim Huerta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMàxim Huerta

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Máximo Huerta Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Máximo Huerta Hernández Editar o valor en Wikidata
26 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Utiel, España Editar o valor en Wikidata
Minister of Culture and Sport (en) Traducir
7 de xuño de 2018 – 14 de xuño de 2018
← Íñigo Méndez de VigoJosé Guirao → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade San Pablo CEU - ciências da comunicação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, actividade literaria e belas letras Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpresentador de televisión (2001–2006), escritor, xornalista, político, escritor de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÀ Punt Mèdia (2021–)
Televisión Española (2019–)
Goberno e política de España (2018–2018)
El programa de Ana Rosa (2005–2015)
Telecinco (2000–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webmaximhuerta.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1842304 Facebook: Maximhuerta Twitter: maximhuerta Instagram: maximohuerta BNE: XX4817577 Dialnet: 3568407 Editar o valor en Wikidata

Màxim Huerta Hernández, nado en Utiel, Valencia o 26 de xaneiro de 1971, é un xornalista, escritor e político español. En xuño de 2018 desempeñou o cargo de ministro de Cultura e Deporte durante seis días até a súa dimisión ó darse a coñecer unha sentenza por fraude fiscal. Foi gañador do Premio Primavera 2014 coa súa cuarta novela, La noche soñada.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade CEU San Pablo de Valencia e ten un mestrado en Deseño Gráfico e Ilustración Editorial polo Instituto Europeo de Deseño de Madrid. Tamén é membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España. Iniciou a súa traxectoria profesional en radio e medios escritos da súa terra natal, como as emisoras Radio 5 de RNE en Utiel e Radio Buñol, ou os xornais Valencia 7 días e Las Provincias.

O seu salto á televisión produciuse en 1997, ano no que se incorporou á cadea de televisión autonómica Canal 9, na que presentou e editou o Informatiu Metropolità e o Informatiu de última hora.[2]

Comezou a traballar en Telecinco en 2000, presentando e editando o espazo de emisión autonómica da cadea para a Comunidade Valenciana. Un ano despois deu o salto á emisión a nivel estatal ó converterse nun dos rostros do noticiario Informativos Telecinco, nos que permaneceu cinco anos presentando distintas edicións.

En 2005 deu un xiro á súa carreira profesional, até o momento sempre vencellada ós espazos informativos, e incorporouse ó equipo de presentadores de El programa de Ana Rosa, un magacín conducido pola xornalista Ana Rosa Quintana e moi centrado en asuntos de crónica social. Mantívose no espazo durante dez anos, até setembro de 2015.

Polémica política

[editar | editar a fonte]

O 6 de xuño de 2018 comunicouse o seu nomeamento como ministro de Cultura e Deporte de España no Goberno de Pedro Sánchez. Presentou a súa dimisión como ministro seis días máis tarde, tras coñecerse que eludiu o pago a Facenda de 218 322 euros empregando unha sociedade para tributar por sociedades e non por IRPF, ademais de cargar a esta outros gastos non relacionados coa actividade. Estes gastos inxustificados alcanzan a cantidade de 310 150,15 euros, os cales inclúen gastos derivados dunha segunda vivenda privada na praia. O total reclamado por Facenda ó ministro en concepto de cota defraudada, intereses e multas elevouse a 365.939,85 euros.[3][4][5]

É membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España.

  • Que sea la última vez... (2009)
  • El susurro de la caracola (2011)
  • Una tienda en París (2012)
  • La noche soñada (2014)
  • No me dejes (Ne me quitte pas) (2015)
  • La parte escondida del iceberg (2017)
  • Firmamento (2018)
  • El escritor (2015), ilustrado por Javier Jubera
  • Partir de cero (2017), ilustrado por Carlos Salgado

Literatura infantil

[editar | editar a fonte]
  • Elsa y el mar (2016), ilustrado por María Cabañas

Libros de viaxes

[editar | editar a fonte]
  • Mi lugar en el mundo eres tu (2016)