Màxim Huerta
(2018) | |
Nome orixinal | (es) Máximo Huerta |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Máximo Huerta Hernández 26 de xaneiro de 1971 (53 anos) Utiel, España |
Minister of Culture and Sport (en) | |
7 de xuño de 2018 – 14 de xuño de 2018 ← Íñigo Méndez de Vigo – José Guirao → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade San Pablo CEU - ciências da comunicação (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo, actividade literaria e belas letras |
Ocupación | presentador de televisión (2001–2006), escritor, xornalista, político, escritor de literatura infantil |
Empregador | À Punt Mèdia (2021–) Televisión Española (2019–) Goberno e política de España (2018–2018) El programa de Ana Rosa (2005–2015) Telecinco (2000–) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Sitio web | maximhuerta.com |
Màxim Huerta Hernández, nado en Utiel, Valencia o 26 de xaneiro de 1971, é un xornalista, escritor e político español. En xuño de 2018 desempeñou o cargo de ministro de Cultura e Deporte durante seis días até a súa dimisión ó darse a coñecer unha sentenza por fraude fiscal. Foi gañador do Premio Primavera 2014 coa súa cuarta novela, La noche soñada.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade CEU San Pablo de Valencia e ten un mestrado en Deseño Gráfico e Ilustración Editorial polo Instituto Europeo de Deseño de Madrid. Tamén é membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España. Iniciou a súa traxectoria profesional en radio e medios escritos da súa terra natal, como as emisoras Radio 5 de RNE en Utiel e Radio Buñol, ou os xornais Valencia 7 días e Las Provincias.
O seu salto á televisión produciuse en 1997, ano no que se incorporou á cadea de televisión autonómica Canal 9, na que presentou e editou o Informatiu Metropolità e o Informatiu de última hora.[2]
Comezou a traballar en Telecinco en 2000, presentando e editando o espazo de emisión autonómica da cadea para a Comunidade Valenciana. Un ano despois deu o salto á emisión a nivel estatal ó converterse nun dos rostros do noticiario Informativos Telecinco, nos que permaneceu cinco anos presentando distintas edicións.
En 2005 deu un xiro á súa carreira profesional, até o momento sempre vencellada ós espazos informativos, e incorporouse ó equipo de presentadores de El programa de Ana Rosa, un magacín conducido pola xornalista Ana Rosa Quintana e moi centrado en asuntos de crónica social. Mantívose no espazo durante dez anos, até setembro de 2015.
Polémica política
[editar | editar a fonte]O 6 de xuño de 2018 comunicouse o seu nomeamento como ministro de Cultura e Deporte de España no Goberno de Pedro Sánchez. Presentou a súa dimisión como ministro seis días máis tarde, tras coñecerse que eludiu o pago a Facenda de 218 322 euros empregando unha sociedade para tributar por sociedades e non por IRPF, ademais de cargar a esta outros gastos non relacionados coa actividade. Estes gastos inxustificados alcanzan a cantidade de 310 150,15 euros, os cales inclúen gastos derivados dunha segunda vivenda privada na praia. O total reclamado por Facenda ó ministro en concepto de cota defraudada, intereses e multas elevouse a 365.939,85 euros.[3][4][5]
É membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Que sea la última vez... (2009)
- El susurro de la caracola (2011)
- Una tienda en París (2012)
- La noche soñada (2014)
- No me dejes (Ne me quitte pas) (2015)
- La parte escondida del iceberg (2017)
- Firmamento (2018)
Relatos
[editar | editar a fonte]- El escritor (2015), ilustrado por Javier Jubera
- Partir de cero (2017), ilustrado por Carlos Salgado
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]- Elsa y el mar (2016), ilustrado por María Cabañas
Libros de viaxes
[editar | editar a fonte]- Mi lugar en el mundo eres tu (2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Màxim Huerta gana el Premio Primavera de novela 2014". Semana. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ "Màxim Huerta, ministro de Cultura y Deporte del Gobierno de Pedro Sánchez". eldiario.es (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Màxim Huerta, nuevo ministro de Cultura y Deportes".
- ↑ Sanz, Luis Ángel (13 de xuño de 2018). "Màxim Huerta, ministro de Cultura, dimite por el escándalo del fraude fiscal y dice ser víctima de "una jauría"". El Mundo.
- ↑ "Màxim Huerta intentó colar a Hacienda 310.000 euros de gastos injustificados, incluyendo la casa en la playa". El Mundo (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2018.