Macarrón
- Cómpre non confundir coa galleta tradicional francesa: macaron.
Os macarróns (do italiano maccheroni, e este do grego: μακαρώνεια, canto mortuorio, comida funeraria.[1] ) son un tipo de pasta alimenticia elaborada con fariña triga, en forma de tubiño pequeno, no que se inclúen tipos con feituras, longuras e grosores diversos[2]. Así atopamos os penne, os ravioli e os cotobelos.[3]
ELabóranse con auga, fariña triga, e ás veces ovo.
No entanto, existen lugares no que se usa o termo para se referir a calquera tipo de pasta alimenticia, desde espaguetes aos fideos e outras formas usadas nas sopas.[4]
Segundo unha antiga teoría, foi o explorador italiano Marco Polo o que levou o macarrón dende a China até Italia durante o século XIII. Hoxe sábese que as pastas alimenticias xa eran coñecidas en Europa moito antes[5]. (Véxase tamén Historia das pastas alimenticias).
Foi, xunto cos fideos, das primeiras pastas en chegar a Galicia durante o século XX, hoxe son un alimento común en pratos con queixo e tomate, polo, carne etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DRAE. "Diccionario de la lengua española". Arquivado dende o orixinal o 04/11/2015. Consultado o 25/06/2014.
- ↑ "Definición no Portal das palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ ""Os 7 tipos de massa de macarrão" no site de cociña da Editora Abril". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ ""Invenções chinesas" no site "How Stuff Works"". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2014.