Saltar ao contido

Manuel Escribano Subías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Escribano Subías

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Carballo, España Editar o valor en Wikidata
101º Arcebispo de Zaragoza
6 de outubro de 2020 –
← Vicente Jiménez Zamora (pt) Traducir
Grand Chancellor of the San Jorge University (en) Traducir
6 de outubro de 2020 –
← Vicente Jiménez Zamora (pt) Traducir
Bishop of Calahorra and La Calzada-Logroño (en) Traducir
13 de maio de 2016 – 6 de outubro de 2020
← Juan José Omella OmellaSantos Montoya Torres (pt) Traducir →
Bispo de Teruel-Albarracín
20 de xullo de 2010 – 13 de maio de 2016
← José Manuel Lorca Planes (pt) TraducirAntonio Gómez Cantero (pt) Traducir →
Párroco Basilica of Saint Engratia (en) Traducir
Cardeal
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Zaragoza
Universidade de Navarra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2010–), sacerdote católico (1996–), cardeal bispo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAntonio María Rouco Varela Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Carlos Manuel Escribano Subías, nado en Carballo o 15 de agosto de 1964, é un eclesiástico católico latino galego, dende 2010 bispo de Teruel e Albarracín.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario Maior de Lleida e na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, onde obtivo a Licenciatura en Teoloxía Moral (1994-1996). Foi ordenado sacerdote o 14 de xullo de 1996, incardinado na arquidiocese de Zaragoza.

Exerceu de vigairo da parroquia de Santa Engracia (Zaragoza) entre 1996 e 2000. Nese mesmo ano foi destinado como párroco á parroquia do Sagrado Corazón da mesma cidade, e no 2008 regresou como párroco a Santa Engracia.

Foi patrono da Fundación da Universidade San Xurxo (2006-2008) e da Fundación San Valero (desde o 2008), amais de consiliario do Movemento Familiar Cristián (2003-2010) e vigairo episcopal do sector Centro da arquidiocese de Zaragoza (2005-2010). Desde 2005 é profesor do Centro Rexional de Estudos Teolóxicos de Aragón.

O 20 de xullo de 2010 foi nomeado bispo de Teruel e Albarracín por Bieito XVI, sucedendo a José Manuel Lorca Planes. O 26 de setembro dese mesmo ano recibiu a ordeación episcopal na catedral de Teruel de mans de Antonio María Rouco Varela, acompañado do nuncio Renzo Fratini e do arcebispo emérito de Zaragoza Elías Yanes Álvarez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
José Manuel Lorca Planes
 
Bispo de Teruel e Albarracín
 
2010-
Sucesor:
no cargo