Maranhão
Himno | Hino do Maranhão (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | São Luís do Maranhão | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.000.229 (2017) (21,09 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Kreye (en) Língua Canela (pt) Pará Gavião (en) Krikati-Timbira (en) Língua krahô (pt) Língua apinajé (pt) Língua guajá (pt) Língua de Sinais Kaapor Brasileira (pt) Língua caapor (pt) Língua guajajara (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 331.983,2 km² | ||||
Altitude | 134 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo do Maranhão (pt) | ||||
• Governador (pt) | Flávio Dino (pt) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Maranhão (pt) , (Escano: 42) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-MA | ||||
Sitio web | ma.gov.br |
Maranhão é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a suroeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Diferente doutros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:
- ó oeste, xunto á divisa co estado do Pará o seu clima e vexetación aseméllanse máis ós da selva ecuatorial
- no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
- próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
- no litoral, hai mangleirais, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
- finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.
Economía
[editar | editar a fonte]As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concéntrase na capital, São Luís. O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maranhão |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine.