Saltar ao contido

Motori Moderni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motori Moderni foi un fabricante de motores de Fórmula Un desde 1985 ata 1987. Foi fundado polo experimentado deseñador de motores italiano Carlo Chiti.

Chiti, ex enxeñeiro xefe de Alfa Romeo na Fórmula Un, formou Motori Moderni facendo un motor V6 turbo para Minardi, coñecido como o Tipo 615-90. Os motores foron utilizados por Minardi na Fórmula Un de 1985 a 1987 e por AGS en 1986.

O seu debut foi no Gran Premio de San Marino de 1985 onde Pierluigi Martini impresionou á comunidade da F1 co novo motor cualificando o pesado motor (600 kg en comparación cos outros motores turbo en torno aos 550 kg) do M185 en 19ª posición da grella. De todos os informes da primeira carreira, o único problema do Motori Moderni foi unha correa da bomba de combustible rota na práctica.

Martini non logrou puntuar na tempada de 1985 a súa mellor posición final foi oitavo e último na derradeira carreira da tempada o Gran Premio de Australia e acéptase xeralmente que Martini non estaba aínda á altura da F1. Ademais, nos tres circuítos máis rápidos do calendario, o Minardi con motor Motori Moderni foi irremediablemente superado. En Silverstone no Gran Premio do Reino Unido, Martini foi 8,054 segundos máis lento que o gañador da pole Keke Rosberg no Williams-Honda (Rosberg fixara a pole cunha media de 258.9 km/h, a velocidade por volta máis rápida dun turbo). No circuíto de Österreichring en Austria foi 11,2 segundos máis lento que Alain Prost no McLaren TAG - Porsche, mentres que no circuíto de Monza en Italia foi 8,8 segundos máis lento que Ayrton Senna no Lotus-Renault.

Na súa primeira tempada, o motor Motori Moderni só producía aproximadamente 720 CV, poucos en comparación cos aproximadamente 1000 CV dos motores turbo de Renault, Honda e BMW, e os 900 CV dos motores TAG-Porsche e Ferrari.

Martini foi substituído en 1986 xa que o equipo se expandiu e participou con dous coches, un para o rápido piloto italiano pero propenso aos accidentes Andrea de Cesaris, e o novato na F1 Alessandro Nannini, que mostrou a súa clase por máis das veces superando ao seu máis experimentado paisano e xeralmente só decepcionou debido a pouca potencia do motor e a pouca calidade do M186. Isto molestaba moito a de Cesaris, que a miúdo esixiu pilotar o coche de Nannini porque sentía que era mellor que o seu e que na medida que os equipos designaban un piloto líder debían darlle o mellor coche. Unha tempada máis os motores de Motori Moderni non lograron puntuar, e daban unha potencia de aproximadamente 780 CV. Isto compárase desfavorablemente cos principais motores de Honda, BMW, Ferrari, Renault e TAG-Porsche, que producían máis de 950 CV en carreira (o motor BMW dicíase que era o máis potente en torno a 1400 CV.

AGS unicamente participou en dúas carreiras durante a tempada 1986, coa retirada de Ivan Capelli tanto nos Grandes Premios de Italia e Portugal.

1987 sería a última tempada no que o motor Motori Moderni sería utilizado na Fórmula Un. Minardi, conservou a Nannini logo da tempada de debut, substituíndo a de Cesaris (que se marchou á Brabham) co piloto español Adrián Campos que trouxo considerablemente máis diñeiro para o equipo que talento de condución. Unha vez máis non puntuaron durante toda a tempada, malia que Nannini logrou acabar 11º en Hungría e Portugal. Os motores, agora daban 800 CV logo da introdución da FIA da válvula pop-off obrigatoria destinada a limitar a potencia dos turbos, a miúdo loitaba contra os 575 CV dos coches con motor V8 Cosworth DFZ.

No Gran Premio de Australia de 1987 en Adelaida, o Motori Moderni fixo a súa última carreira na Fórmula Un. Nannini cualificou nunha impresionante 13ª posición na grella soamente 3.434 sg. detrás de Gerhard Berger gañador da pole no Ferrari. Desafortunadamente, a súa carreira só durou uns poucos centos de metros xa que tivo que abandonar ao bater ca valla xusto despois da chicana do inicio. Campos 26º cualificado (3,42 segundos máis lento que Nannini), retirouse cun fallo na transmisión logo de 46 das 82 voltas programadas.

A finais de 1988 Subaru encargou a Chiti o deseño dun novo motor boxer de 12 cilindros, coñecido como o 1235 un 3´5 litros de aspiración atmosférica para a F1. Foi probado por Minardi. Logo a empresa automobilística xaponesa comprou o equipo Coloni. O programa foi un completo desastre. En xuño de 1990 Subaru retirouse e vendeu o equipo de novo a Enzo Coloni.

Carreiras de Sportscars

[editar | editar a fonte]

Logo de abandonar a Fórmula Un, os motores atoparon uso montados no AR20 do Alba Racing Team no Campionato Mundial Sportscar de 1990, pero unha vez máis foron un desastre.

Máis adiante o motor máis adiante foi usado nas carreiras de lanchas en mar a fóra.

Resultados completos no Campionato Mundial de Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

(key) (resultados en letra grosa indican pole position; resultados en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1985 Minardi Team SpA Minardi M185 Motori Moderni Tipo 615-90 1.5 V6t P BRA POR SMR MON CAN DET FRA GBR ALE AUT NED ITA BEL EUR RSA AUS 0
Italia Pierluigi Martini Ret NSC Ret Ret Ret Ret 11[1] Ret Ret Ret 12 Ret Ret 8
1986 Minardi Team SpA Minardi M185B M186 Motori Moderni Tipo 615-90 1.5 V6t P BRA ESP SMR MON BEL CAN DET FRA GBR ALE HUN AUT ITA POR MEX AUS 0
Italia Andrea de Cesaris Ret Ret Ret NSC Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 8 Ret
Italia Alessandro Nannini Ret Ret Ret NSC Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret NC 14 Ret
Jolly Club SpA AGS JH21C Motori Moderni Tipo 615-90 1.5 V6t G Italia Ivan Capelli Ret Ret 0
1987 Minardi Team SpA Minardi M187 Motori Moderni Tipo 615-90 1.5 V6t G BRA SMR BEL MON DET FRA GBR ALE HUN AUT ITA POR ESP MEX XPN AUS 0
España Adrián Campos DSC Ret Ret NTS Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 14 Ret Ret Ret
Italia Alessandro Nannini Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 11 Ret 16 11[1] Ret Ret Ret Ret
  1. 1,0 1,1 Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Referencias

[editar | editar a fonte]