Saltar ao contido

Muruxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stellaria media

A muruxa[1] (Stellaria media) é unha planta da familia das Caryophyllaceae. É unha planta invasora pero fácil de eliminar ao labrar. É sensible aos herbicidas en xeral, pese a que as sementes aseguran unha nova reinfestación. Esta herba non soporta a seca nin a calor forte do verán. Normalmente aparece desde o outono á primavera. Nas zonas de montaña era importante na primavera, xa que a pesar do seu valor pouco alimentario, agromaba antes ca outras herbas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A súa xerminación prodúcese polo outono ou a finais do inverno e medra formando grandes matos que poden chegar a medir 30 cm, xeralmente de porte rastreiro xa que a pouca firmeza dos seus talos impídelle manterse ergueita.
As follas son ovais, en forma de punta e opostas.
Conta con pequenas flores brancas (uns 4 mm.), cáliz de cinco sépalos libres, cinco pétalos moi divididos, de tres a cinco estames con anteras purpúreas e pistilo con tres estilos, xorden na zona apical sobre delgados pedúnculos.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase abundantemente en bouzas e terras húmidas e sombrizas e tamén en poulas, así coma á beira das casas abeiradas polos muros.

Tanto en Europa como en América do Norte considérase unha planta invasiva de xardíns, veigas e pasteiros, difícil de controlar por mor á súa masiva xerminación.

Uso medicinal

[editar | editar a fonte]
  • Antigamente utilizábase coma expectorante por mor ao seu contido en saponinas. P. C. Palau, no seu libro «Les plantes medicinals baleàriques» recomendaba o uso do zume da planta fresca coma fortalecedor das vías respiratorias e dos pulmóns.
  • Remineralizante polo seu contido de potasio e silicio.
  • En forma de cataplasma, envolta nunha gasa, úsase para o tratamento de úlceras e feridas.
  • En homeopatía úsase contra os reumatismos e a psoríase.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A marcada división dos pétalos dá a estas floriñas o aspecto de estrelas, o que deu o nome ao xénero stellaria, do latín stella.

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

Recibe en galego tamén os nomes comúns de herba paxareira e maruxa (moruxa)[1].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Stellaria media foi descrita por (L.) Vill. e publicado en Histoire des Plantes de Dauphiné 3(1): 615. 1789[2]

Citoloxía

Número de cromosomas de Stellaria media (Fam. Caryophyllaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=40, 44[3]

Subespecies
Sinonimia
  • Alsine brachypetala Opiz
  • Alsine media L.
  • Alsinula media subsp. apetala (Ucria) Dostál
  • Alsinula media (L.) Dostál
  • Cerastium medium (L.) Crantz
  • Malachia aquatica subsp. calycina (Willk.) Nyman
  • Malachia calycina Willk.
  • Stellaria apetala Ucria
  • Stellaria cucubaloides Pau
  • Stellaria pilosa Dulac[4]
  • Alsine apetala Kit. ex Nyman
  • Alsine avicularum Lam.
  • Alsine barbata Stokes
  • Alsine bipartita Gilib.
  • Alsine brachypetala Opiz
  • Alsine elongata Jord. & Fourr.
  • Alsine glabella Jord. & Fourr.
  • Alsine gussonii Jord. & Fourr.
  • Alsine media (L.) Druce
  • Alsine media var. transiens (Bég.) Tzvelev
  • Alsine repens Vell.
  • Alsine vulgaris Moench
  • Alsinella wallichiana Sw.
  • Arenaria vulgaris Bernh.
  • Holosteum alsine Sw.
  • Stellaria media (L.) J.C. Sowerby & Sm.
  • Stellaria media (L.) Cirillo
  • Stellaria media var. apetala (Ucria ex Roem.) Gaudin
  • Stellaria media f. apetala Rouy & Foucaud
  • Stellaria vulgaris Raunk.[5]
  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muruxa.
  2. "Muruxa". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 27 de decembro de 2012. 
  3. The incidence of polyploidy in the Caryophyllaceae of Britain and of Portugal. Blackburn, K. B. & J. K. Morton (1957) New Phytol. 56: 344-351
  4. Sinónimos en Real Jardín Botánico
  5. ["Muruxa en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2013.  Muruxa en PlantList]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Plantas medicinales, El Dioscórides renovado - Pío Font Quer.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]