Muruxa
Muruxa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Stellaria media' (L.) Vill. |
A muruxa[1] (Stellaria media) é unha planta da familia das Caryophyllaceae. É unha planta invasora pero fácil de eliminar ao labrar. É sensible aos herbicidas en xeral, pese a que as sementes aseguran unha nova reinfestación. Esta herba non soporta a seca nin a calor forte do verán. Normalmente aparece desde o outono á primavera. Nas zonas de montaña era importante na primavera, xa que a pesar do seu valor pouco alimentario, agromaba antes ca outras herbas.
Descrición
[editar | editar a fonte]A súa xerminación prodúcese polo outono ou a finais do inverno e medra formando grandes matos que poden chegar a medir 30 cm, xeralmente de porte rastreiro xa que a pouca firmeza dos seus talos impídelle manterse ergueita.
As follas son ovais, en forma de punta e opostas.
Conta con pequenas flores brancas (uns 4 mm.), cáliz de cinco sépalos libres, cinco pétalos moi divididos, de tres a cinco estames con anteras purpúreas e pistilo con tres estilos, xorden na zona apical sobre delgados pedúnculos.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Atópase abundantemente en bouzas e terras húmidas e sombrizas e tamén en poulas, así coma á beira das casas abeiradas polos muros.
Tanto en Europa como en América do Norte considérase unha planta invasiva de xardíns, veigas e pasteiros, difícil de controlar por mor á súa masiva xerminación.
Uso medicinal
[editar | editar a fonte]- Antigamente utilizábase coma expectorante por mor ao seu contido en saponinas. P. C. Palau, no seu libro «Les plantes medicinals baleàriques» recomendaba o uso do zume da planta fresca coma fortalecedor das vías respiratorias e dos pulmóns.
- Remineralizante polo seu contido de potasio e silicio.
- En forma de cataplasma, envolta nunha gasa, úsase para o tratamento de úlceras e feridas.
- En homeopatía úsase contra os reumatismos e a psoríase.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A marcada división dos pétalos dá a estas floriñas o aspecto de estrelas, o que deu o nome ao xénero stellaria, do latín stella.
Nome vulgar
[editar | editar a fonte]Recibe en galego tamén os nomes comúns de herba paxareira e maruxa (moruxa)[1].
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Stellaria media foi descrita por (L.) Vill. e publicado en Histoire des Plantes de Dauphiné 3(1): 615. 1789[2]
Número de cromosomas de Stellaria media (Fam. Caryophyllaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=40, 44[3]
- Subespecies
- Stellaria media subsp. cupaniana (Jord. & Fourr.) Nyman
- Stellaria media var. media
- Stellaria media var. micrantha (Hayata) T.S. Liu & S.S. Ying
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muruxa.
- ↑ "Muruxa". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- ↑ The incidence of polyploidy in the Caryophyllaceae of Britain and of Portugal. Blackburn, K. B. & J. K. Morton (1957) New Phytol. 56: 344-351
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico
- ↑ ["Muruxa en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2013. Muruxa en PlantList]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Plantas medicinales, El Dioscórides renovado - Pío Font Quer.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muruxa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Muruxa |