O Rosal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
| |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | O Calvario | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.431 (2023) (145,83 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 44,1 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 276 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Ánxela Fernández Callís (2019–) | ||||
Eleccións municipais no Rosal | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36770 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36048 | ||||
Páxina web | orosal.gal | ||||
O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE, no 2014 tiña unha poboación de 6.455 habitantes.
Censo total 2014 | 6.455 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 859 (13.31 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.194 (64.97 %) |
Maiores de 65 anos | 1.402 (21.72 %) |
Evolución da poboación do Rosal Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.225 | 5.302 | 5.679 | 5.558 | 5.992 | 6.570 | 6.613 | 6.574 | 6.531 | 6.455 | 6.406 | 6.349 | 6.328 | 6.249 | 6.234 | 6.289 | 6.379 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Trazos económicos
[editar | editar a fonte]A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e forman parte da "Feira do Viño do Rosal" (declarada de interese turístico no 2016).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da vila procede de Roçal, forma derivada do verbo ruptiare, que no latín serodio significaba 'romper', no sentido de axeitar unha terra para o cultivo, e que evolucionou ao moderno 'rozar', limpar de maleza a terra. A escrita moderna Rosal é o resultado dunha grafía non consciente do seseo propio da fala local, no canto do esperable Rozal, sen prexuízo da pronuncia con /s/.[1]
Malia que en Galicia a rosa cultívase de vello, a vinculación tradicional do nome deste concello coa flor[2] non é etimolóxica, senón que responde á coincidencia entre o topónimo deturpado e o termo castelán para designar a roseira.
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade de Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.
Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.
O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, ruta circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.
O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.
A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.
Turismo
[editar | editar a fonte]Cada ano, na terceira fin de semana do mes de xullo, celébrase a Feira do Viño do Rosal, que ten como atractivo principal o viño branco desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O Rosal ten dúas rutas de sendeirismo homologadas: o PR-G 94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón e o PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe. A primeira goza das paisaxes do BIC dos muíños do Folón e de Picón; a segunda das panorámicas do estuario do río Miño e do final do río Tamuxe.
O Rosal posúe un Centro de Interpretación dos Oficios, cun apartado moi especial para o oficio dos cabaqueiros.
No muíño das Aceñas o concello do Rosal dispón dunha aula da natureza que serve de centro de interpretación da contorna. Está situado xunto a unha área recreativa natural, na beira do río Tamuxe.
Alcaldes
[editar | editar a fonte]- José Luis Martínez Rodríguez AP (1979-1987) PP (1987-1999) (1979-1999).
- Jesús María Fernández Portela PP (1999-2018).
- María del Carmen Alonso Alonso PP (2018-2019)
- Ánxela Fernández Callís BNG (2019-actualidade)
Colexios
[editar | editar a fonte]- CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
- CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)
Deporte
[editar | editar a fonte]- SD Atlético Novás (balonmán)
- Unión Deportiva Ribera (fútbol)
- Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL
- Atletismo Suárez Marquier
Música
[editar | editar a fonte]- Banda Municipal do Rosal.
- Coral Musical do Rosal.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.
-
AVE MARYA PVRYSSYMA ANO DE 1781
-
Centro de saúde.
-
Praza de abastos.
-
Fonte.
-
S. Bartolomeu das Eiras.
-
Muíños do Folón.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal | |
---|---|
As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán) |
Lugares do Rosal
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías AZ. Galaxia. p. 57. ISBN 9788498650921.
- ↑ "O ROSAL XA CONTA CO SEU ESCUDO E BANDEIRA MUNICIPAIS LEGALIZADOS". Noticias O Rosal (en castelán). 2012-09-04. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Rosal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do concello
- PR-G 94 Ruta dos Muíños do Folón e do Picón - SEGATUR
- PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |