Saltar ao contido

O Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaO Rosal
Imaxe
Casa consistorial, nun pazo do século XVIII.

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°56′09″N 8°49′30″O / 41.9357, -8.8251
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalO Calvario Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.431 (2023) Editar o valor en Wikidata (145,83 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie44,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude276 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataÁnxela Fernández Callís (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais no Rosal Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36770 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36048 Editar o valor en Wikidata

Sitio weborosal.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: concellodorosal Twitter: concellodorosal Instagram: concellodorosal Editar o valor en Wikidata

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE, no 2014 tiña unha poboación de 6.455 habitantes.

Censo total 2014 6.455 habitantes
Menores de 15 anos 859 (13.31 %)
Entre 15 e 64 anos 4.194 (64.97 %)
Maiores de 65 anos 1.402 (21.72 %)
Evolución da poboación do Rosal   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.225 5.302 5.679 5.558 5.992 6.570 6.613 6.574 6.531 6.455 6.406 6.349 6.328 6.249 6.234 6.289 6.379
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Trazos económicos

[editar | editar a fonte]

A súa economía é eminentemente agrícola, forestal e gandeira (pastos), con algo de pesca de baixura. Son afamados os seus viños, que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e forman parte da "Feira do Viño do Rosal" (declarada de interese turístico no 2016).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome da vila procede de Roçal, forma derivada do verbo ruptiare, que no latín serodio significaba 'romper', no sentido de axeitar unha terra para o cultivo, e que evolucionou ao moderno 'rozar', limpar de maleza a terra. A escrita moderna Rosal é o resultado dunha grafía non consciente do seseo propio da fala local, no canto do esperable Rozal, sen prexuízo da pronuncia con /s/.[1]

Malia que en Galicia a rosa cultívase de vello, a vinculación tradicional do nome deste concello coa flor[2] non é etimolóxica, senón que responde á coincidencia entre o topónimo deturpado e o termo castelán para designar a roseira.

Atopáronse vestixios paleolíticos, que inclúen pinturas rupestres, e da Idade de Bronce. A cultura castrexa estivo moi presente nesta zona.

Durante a Idade Media pertenceu ó Mosteiro de Santa María de Oia, da orde Cisterciense.

O concello constituíuse en 1847, independizándose do da Guarda. En 1879 o rei Afonso XII outorgoulle o título de vila.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Os muíños do Folón e do Picón é un conxunto de 36 muíños do século XVIII situados nos ríos Folón e Picón, todos eles restaurados e mesmo algún en funcionamento. Preto do lugar atópanse a ermida de San Martiño e as fervenzas do río Folón e do río da Cal. Pódense visitar percorrendo a ruta homologada de sendeirismo PR-G 94, ruta circular de 3'5 km con principio e fin xunto ó Muíño da Ponte das Penas.

O monumento ao cabaqueiro lembra os telleiros da vila, que crearon a xerga denominada latín dos cabaqueiros.

A casa consistorial ocupa un pazo do século XVIII.

Cada ano, na terceira fin de semana do mes de xullo, celébrase a Feira do Viño do Rosal, que ten como atractivo principal o viño branco desta subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas.

O Rosal ten dúas rutas de sendeirismo homologadas: o PR-G 94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón e o PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe. A primeira goza das paisaxes do BIC dos muíños do Folón e de Picón; a segunda das panorámicas do estuario do río Miño e do final do río Tamuxe.

O Rosal posúe un Centro de Interpretación dos Oficios, cun apartado moi especial para o oficio dos cabaqueiros.

No muíño das Aceñas o concello do Rosal dispón dunha aula da natureza que serve de centro de interpretación da contorna. Está situado xunto a unha área recreativa natural, na beira do río Tamuxe.

  • CPI Manuel Suárez Marquier (1977).
  • CRA María Zambrano: Sede en Pías. 6 edificios (Marzán, Pías, Couso, Fornelos, Novás, Tabagón)
  • SD Atlético Novás (balonmán)
  • Unión Deportiva Ribera (fútbol)
  • Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL
  • Atletismo Suárez Marquier
  • Banda Municipal do Rosal.
  • Coral Musical do Rosal.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes do Rosal.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Lugares do Rosal

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Rosal vexa: Lugares do Rosal.

  1. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías AZ. Galaxia. p. 57. ISBN 9788498650921. 
  2. "O ROSAL XA CONTA CO SEU ESCUDO E BANDEIRA MUNICIPAIS LEGALIZADOS". Noticias O Rosal (en castelán). 2012-09-04. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.