Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel
Aparencia
Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel | |
---|---|
Logo dos ODS | |
Promulgación | 2015 |
Derogación | (substitución) 2030 |
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ó desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sostíbel. Substituíron os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron na fin de 2015. Os ODS abarcan de 2015 a 2030. Hai 17 obxectivos e 169 metas específicas para estes obxectivos.[1]
Obxectivos
[editar | editar a fonte]En agosto de 2015, 193 países acordaron os seguintes 17 obxectivos:[2]
- Pobreza cero: rematar coa pobreza en todas as súas formas, en todo o mundo.
- Fame cero: eliminar a fame, acadar a seguridade alimentaria, mellorar a nutrición e promover a sostibilidade na agricultura.
- Boa saúde: garantir unha vida saudábel para todos e procurar o benestar da poboación de todas as idades.
- Educación de calidade: garantir o acceso para todos a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva, e proporcionar oportunidades de formación ó longo da vida.
- Igualdade de xénero: acadar a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as nenas e mulleres.
- Auga limpa e saneamento: garantir o acceso á auga e ó saneamento para todos e promover a súa xestión sostíbel.
- Enerxía renovábel e accesíbel: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovábel e sostíbel para todos.
- Bos empregos e economía: promover un crecemento que poida ser sostido e sostíbel que inclúa a todas as persoas, acadar o pleno emprego e garantir un traballo digno para todos.
- Innovación e boas infraestruturas: promover a construción de infraestruturas resilientes, a industrialización sostíbel e a innovación.
- Reducir a desigualdade: acadar unha redución da desigualdade, tanto entre países como dentro deles.
- Comunidades e cidades sostíbeis: acadar unhas cidades e poboacións seguras, inclusivas, resilientes e sostíbeis para todos.
- Uso responsábel dos recursos: promover e acadar uns patróns de produción e de consumo que sexan sostíbeis.
- Medidas climáticas: adoptar medidas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias.
- Océanos sostíbeis: acadar un uso sostíbel dos océanos e dos recursos mariños, de cara á súa conservación e desenvolvemento sostíbel.
- Usos do solo sostíbeis: protexer e restaurar os ecosistemas terrestres, acadar un uso e xestión sostíbeis dos bosques, reverter os procesos de desertización e degradación do solo, e deter a perda de biodiversidade.
- Paz e xustiza: construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas para todos, garantir o acceso universal á xustiza e traballar por unhas institucións efectivas e responsábeis de cara a un desenvolvemento sostíbel.
- Sociedades para o desenvolvemento sostíbel: robustecer as medidas para a implantación e promover unha sociedade global comprometida coa consecución dun desenvolvemento global sostíbel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Technical report by the Bureau of the United Nations Statistical Commission (UNSC) on the process of the development of an indicator framework for the goals and targets of the post-2015 development agenda – working draft" (PDF). marzo de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "The Global Goals For Sustainable Development". Global Goals. Consultado o 2 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel |