Saltar ao contido

Olga Tokarczuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlga Tokarczuk

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Olga Nawoja Tokarczuk Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Sulechów, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKrajanów (pt) Traducir (1998–)
Wrocław Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Psychology, University of Warsaw (en) Traducir - psicoloxía clínica (1980–1985) Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosGray (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneditora (1998–2003), libretista, novelista, fundador (pt) Traducir, poetisa, escritora, psicóloga, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata - sen valor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Iaguelónica de Cracovia Editar o valor en Wikidata
Partido políticoThe Greens (en) Traducir (2004–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, ensaio e novela histórica Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioNatasza Borodin Editar o valor en Wikidata
Participou en
Parada Równości (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRoman Fingas (1985–)
Grzegorz Zygadło Editar o valor en Wikidata
FillosZbigniew Fingas
 () Roman Fingas Editar o valor en Wikidata
IrmánsTatiana Tokarczuk Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2018Premio Nobel de Literatura
13 de decembro de 1981-22 de xullo de 1983Lei marcial na Polónia (pt) Traducir
parada LGBT (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Der Spiegel (en) Traducir
culture.pl (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webtokarczuk.wydawnictwoliterackie.pl Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1451498 Facebook: OlgaTokarczukProfil Instagram: olgatokarczuk BNE: XX1541661 iTunes: 553467646 Allmusic: mn0002588947 Editar o valor en Wikidata


Olga Nawoja Tokarczuk, nada en Sulechów o 29 de xaneiro de 1962, é unha escritora e psicóloga polaca. Recibiu o Premio Nobel de Literatura de 2018.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduada en Psicoloxía pola Universidade de Varsovia, traballou como psicoterapeuta na clínica de saúde mental de Walbrzych. Considera que Carl Jung é unha das súas maiores influencias. Durante a súa mocidade, nunha estadía en Londres, tamén traballou como limpadora nun hotel.[2]

Comezou a súa traxectoria literaria en 1979 publicando relatos baixo o pseudónimo Natasza Borodin na revista Przelaj. En 1989, saeu do prelo un libro de poesía, Miasto w lustrach, e, en 1993, a súa primeira novela, Podróż ludzi Księgi. Esta gañou o premio da Asocación Polaca de Escritores, malia ás dificultades que tivera a obra para a súa publicación, pois fora rexeitada por varias editoriais. Na segunda novela, E.E, aborda a historia dunha nena médium, Erna Eltzner, a principios do século XX en Wroclaw.

En 1996, gañou moita sona no público polaco con Prawiek i inne czasy, unha fábula ambientada nunha pequena aldea con tres xeracións de labregos como protagonistas.[3]

Olga Tokarczuk vive en Krajanów, preto de Nowa Ruda, e a paisaxe e a cultura desta rexión aparecen reflectidas en varias das súas obras.[4] Dom dzienny, dom nocny, publicada en 1998, é a primeira das súas novelas nas que se evidencia isto.[5]

A principios do século XXI consagrouse como unha das autoras máis relevantes das letras contemporáneas de Polonia grazas á novela Bieguni (traducida ao inglés como Flights e ao castelán como Los Errantes). Trátase dunha novela fragmentaria na que mestura diferentes xéneros, como os relatos e as notas autobiografía cos cadernos de viaxe.[6] Grazas a esta obra gañou o premio Nike de 2008, un dos máis importantes da literatura polaca, e dez anos máis tarde, en 2018, o Booker Internacional.[7][8] Tokarczuk levaría de novo o Nike en 2015 con Księgi Jakubowe, obra centrada arredor da figura de Jakob Frank, líder dunha seita xudaica no século XVII.[9]

En 2009 publicou Prowadź swój pług przez kości umarłych, unha novela de suspense na que unha serie de asasinatos no rural da Silesia impactan na vida dunha astróloga defensora dos animais e tradutora afeccionada de William Blake. Esta trama sería levada ao cinema por Agnieszka Holland co título Pokot en 2017, merecente do Oso de prata do Festival de Cinema de Berlín en 2018.

Declárase feminista e é vexetariana. Manifestou numerosas veces puntos de vista que resultaron controvertidos en Polonia cuestionando os valores tradicionais da sociedade e facendo críticas aos gobernos de Lei e Xustiza.[10]

A Academia Sueca outorgoulle o Premio Nobel de Literatura do ano 2018 valorando a súa "imaxinación narrativa que, con paixón enciclopédica, representa o cruce de fronteiras como unha forma de vida".[11] Recibiu o galardón das mans do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia o 10 de decembro de 2019.[12]

  • Miasto w lustrach (A cidade nos espellos, 1989; poesía)
  • Podróż ludzi Księgi (A viaxe dos homes do libro; 1993)
  • E. E. (1995)
  • Prawiek i inne czasy (Un lugar chamado antano, 1996)
  • Szafa ("O roupeiro", 1997)
  • Dom dzienny, dom nocny (Casa diúrna, casa nocturna, 1998)
  • Opowieści wigilijne (Relatos de Nadal, 2000; xunto con Jerzy Pilch e Andrzej Stasiuk)
  • Lalka i perła (A boneca e a perla, 2000)
  • Gra na wielu bębenkach (Concerto de varios tambores, 2001)
  • Ostatnie historie (Historias últimas, 2004)
  • Anna In w grobowcach świata (Anna In nos sepulcros do mundo, 2006)
  • Bieguni (Os corredores, 2007)
  • Prowadź swój pług przez kości umarłych (Ara a través dos ósos dos defuntos, 2009)
  • Moment niedźwiedzia (O momento do oso, 2012)
  • Księgi Jakubowe (Os libros de Xacob, 2014)
  • Zgubiona dusza (Alma perdida, 2017)
  • Opowiadania bizarne (Relatos estraños, 2018)
  1. "Olga Tokarczuk e Peter Handke, premios Nobel de Literatura". Praza Pública. 10 de outubro de 2019. 
  2. "La escritora polaca Olga Tokarczuk: de limpiadora a ganadora del Nobel". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2022-08-03. 
  3. Franklin, Ruth (2019-07-26). "Olga Tokarczuk’s Novels Against Nationalism". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2022-08-03. 
  4. "The Nobel Prize in Literature 2018". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-08-03. 
  5. "Los cuentos de hadas de Olga Tokarczuk - por Paweł Kozioł - Revista Santiago". Revista Santiago - Universidad Diego Portales (en inglés). Consultado o 2022-08-03. 
  6. "Ensanchar el mundo - por Andrea Jeftanovic - Revista Santiago". Revista Santiago - Universidad Diego Portales (en castelán). Consultado o 2022-08-03. 
  7. "Nagroda Literacka "Nike" 2008 - Olga Tokarczuk za "Biegunów". wyborcza.pl. Consultado o 2022-08-03. 
  8. Lecerf, Christine (2019-11-19). "Ressouder le monde : entretien avec la prix Nobel de littérature Olga Tokarczuk". France Culture (en francés). Consultado o 2022-08-03. 
  9. "Nagroda Literacka "Nike" 2015 - Olga Tokarczuk za "Księgi Jakubowe"". wyborcza.pl. Consultado o 2022-08-03. 
  10. "Olga Tokarczuk: ‘I was very naive. I thought Poland would be able to discuss the dark areas of our history’". the Guardian (en inglés). 2018-04-20. Consultado o 2022-08-03. 
  11. "The Nobel Prize in Literature 2018". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-08-04. 
  12. "Poland’s Tokarczuk receives Nobel literature prize". PolskieRadio.pl. Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]