Saltar ao contido

Orhan Pamuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrhan Pamuk

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(tr) Ferit Orhan Pamuk Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Istambul (Turquía) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaIstambul
Nova York Editar o valor en Wikidata
RelixiónSecular Islam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculdade de Comunicações da Universidade de Istanbul (pt) Traducir
Robert College (en) Traducir
Universidade Técnica de Istambul (pt) Traducir
Universidade de Istambul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Istambul Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, ensaísta, xornalista, guionista, novelista, académico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoAutobiografía e ensaio Editar o valor en Wikidata
MovementoLiteratura posmoderna e Naturalismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsŞevket Pamuk Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina weborhanpamuk.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0658988 Facebook: OrhanPamukAuthor BNE: XX1059418 Bitraga: 2062 Musicbrainz: 0cef8c65-f5b7-4c06-91e5-e4c0d40cd83b Discogs: 656347 Editar o valor en Wikidata

Orhan Pamuk, nado en Istambul o 7 de xuño de 1952, é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía na Unión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, coma as matanzas de armenios a primeiros do século XX, nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".

Nado en Istambul nunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano en Istambul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Universidade Técnica de Istambul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente a escribir.

En 1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Istambul. Entre os anos 1985 e 1988 viviu nos Estados Unidos en autoexilio, traballando para a Universidade de Columbia. Regresou a Turquía onde vive actualmente. Estivo casado entre os anos 1982 a 2001 e ten unha filla.

O 12 de outubro de 2006 recibiu o Premio Nobel de Literatura por ser un autor que "na procura na alma saudosa da cidade natal, atopou novos símbolos para o conflito e o vencellamento das culturas"

Os principais temas da súa obra son os conflitos e contradicións entre o oeste e o leste, o islam e o cristianismo, a tradición e o mundo contemporáneo. O conflito entre occidentalidade e islam na Turquía actual e, por exemplo, o tema da súa novela de 2002 Neve.

  • Karanlık ve Işık ("Escuridade e luz", 1974). Narra a vida de tres xeracións dunha familia turca.
  • Cevdet Bey ve Oğulları ("Cevdet Bey e os seus fillos", 1982).
  • Sessiz Ev ("A casa do silencio", 1983).
  • O castelo branco (Beyaz Kale, 1985). Tradución ao galego de Bartug Aykan e Eva Almazán, 2007.
  • Kara Kitap ("O libro negro", 1990). Un avogado tenta atopar a súa dona que o abandonou sen explicación.
  • Yeni Hayat ("A nova vida", 1995).
  • Benim Adım Kırmızı ("Chámome Vermello", 1998). Novela histórica e de misterio. Un sultán que se fai retratar a través da realización dun libro ilustrado á maneira dos francos, causa unha serie de asasinatos.
  • Neve (Kar, 2001). Tradución ao galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.
  • Istambul. As lembranzas e a cidade (İstanbul: Hatıralar ve Şehir, 2005). Tradución ao galego de Bartug Aykan e Lara Domínguez, 2008.
  • O Museo da Inocencia (Masumiyet Müzesi, 2008). Tradución ao galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos, 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]