Pelle Erobreren
Pelle Erobreren | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pelle Erobreren |
Director | Bille August |
Produtor | Per Holst |
Guión | Bille August Per Olov Enquist Bjarne Reuter Max Lundgren |
Baseado en | Pelle Erobreren de Martin Andersen Nexø |
Intérpretes | Max von Sydow Pelle Hvenegaard Erik Paaske Bjørn Granath |
Música | Stefan Nilsson |
Fotografía | Jörgen Persson |
Montaxe | Janus Billeskov Jansen |
Estudio | Odyssey Entertainment Svensk Filmindustri Per Holst Filmproduktion |
Distribuidora | Svensk Filmindustri (Suecia) Kærne Film (Dinamarca) |
Estrea | 25 de decembro de 1987 |
Duración | 150 minutos[1] |
Orixe | Dinamarca Suecia[2] |
Xénero | Épico |
Orzamento | 4,5 millóns de dólares[3] |
Recadación | 2 053 931 dólares[4] |
Na rede | |
Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Baséase na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos. Está protagonizado por Pelle Hvenegaard no papel do Pelle neno, con Max von Sydow como o seu pai, xunto con Axel Strøbye e Astrid Villaume nos papeis secundarios.
Unha coprodución entre Dinamarca e Suecia, August escolleu adaptar Boyhood, a primeira parte da novela de Nexø, procurando facelo como un filme épico. Con 11 anos, Hvenegaard foi escollido nunha audición de máis de 3 000 nenos; Hvenegaard recibiu o nome do personaxe epónimo.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988 e no Festival de Cinema de Nova York. Foi aclamado pola crítica, gañando a Palma de Ouro e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa de 1988, entre outros galardóns.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Max von Sydow como Lassefar "Lasse" Karlsson
- Pelle Hvenegaard como Pelle Karlsson
- Erik Paaske como Foreman
- Björn Granath como Erik
- Astrid Villaume como Mrs. Kongstrup
- Axel Strøbye como Kongstrup
- Troels Asmussen como Rud
- Kristina Törnqvist como Anna
- Karen Wegener como Mrs. Olsen
- Sofie Gråbøl como Miss Sine
- Lars Simonsen como Niels Køller
- Buster Larsen como Ole Køller
- John Wittig como mestre da escola
- Troels Munk como doutor
- Nis Bank-Mikkelsen como Clergyman
- Lena Pia Bernhardsson como The Sow
- Anna Lise Hirsch Bjerrum como Karna
- Thure Lindhardt como Nilen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (7 de decembro de 1988). "Pelle the Conqueror (12)". Consultado o 6 de marzo de 2013.
- ↑ British Film Institute, ed. (5 de setembro de 2016). "Pelle Erobreren (1987)". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 10 de marzo de 2017.
- ↑ Russell, Candice (19 de marzo de 1989). Sun-Sentinel, ed. "Great Expectations At Heart Of Oscar-nominated Film". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Pelle the Conqueror". Consultado o 5 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 61ª edición dos Óscar
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elkington, Trevor Glen (2005). "Costumes, Adolescence, and Dogma". En Nestingen, Andrew K.; Elkington, Trevor Glen. Transnational Cinema in a Global North: Nordic Cinema in Transition. Detroit: Wayne State University Press. ISBN 0814332439.
- Ettedgui, Peter (1999). Production Design & Art Direction. Focal Press. ISBN 0240804007.
- Hjort, Mette (21 de novembro de 2007). "I. Denmark". En Hjort, Mette; Petrie, Duncan J. The Cinema of Small Nations. Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 0748630929.
- Hjort, Mette (2010). "On the Plurality of Cinematic Transnationalism". En Durovicová, Nataša; Newman, Kathleen E. World Cinemas, Transnational Perspectives. Nova York e Londres: Routledge. ISBN 1135869987.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pelle Erobreren na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)