Pilatus PC-12
Aparencia
Pilatus PC-12 | |
---|---|
Tipo | pasaxeiros e carga |
Fabricante | Pilatus Aircraft |
Primeiro voo | 31 de maio de 1991 |
Introducido | 1994 |
Produción | 1991 - presente |
Unidades construídas | 2 000 (en maio de 2023) |
O Pilatus PC-12 é un avión turbohélice presurizado, monomotor, fabricado por Pilatus Aircraft dende 1991. Deseñouse como un avión utilitario de alto rendemento que incorporaba unha gran porta de carga na popa ademais da porta principal de pasaxeiros. Debido ao seu deseño eficiente e de gran utilidade, o PC-12 é usado por unha gran variedade de operadores. O seu uso principal é o transporte corporativo, pero tamén é utilizado por compañías fraccionarias e pequena aeroliñas rexionais, operadores de ambulancias aéreas e moitas axencias gobernamentais, como departamentos de policía e forzas armadas. O PC-12 tivo un gran éxito e en maio de 2023 a compañía celebrou a entrega do seu exemplar número 2 000.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perry, Dominic. "Pilatus celebrates 2,000th delivery milestone for PC-12". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-04-07.