Saltar ao contido

Provincia de Colón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Colón
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°10′00″N 80°10′00″O / 9.1667, -80.1667
EstadoPanamá Editar o valor en Wikidata
CapitalColón Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación241.928 (2010) Editar o valor en Wikidata (49,46 hab./km²)
Lingua usadaSan Blas Kuna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4.891 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1852 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PA-3 Editar o valor en Wikidata

Colón é unha das 10 provincias da República de Panamá. A súa extensión territorial é de 4.868,4 km². A súa poboación é de 294.060 habitantes (2019)[1] e a súa densidade é de 60,4 habitantes por km² (2019). No seu territorio localízase a sección norte da canle de Panamá. Limita ao norte co mar Caribe, ao sur coas provincias de Panamá, Panamá Oeste e Coclé, ao leste coa Comarca de Guna Yala e ao oeste coa provincia de Veraguas.

A provincia de Colón está situada no Caribe á entrada da canle de Panamá, a só 55 minutos por estrada do Pacífico, e é o principal porto para o tráfico de case toda a mercadoría de importación e reexportación do país. En importancia, Colón é a segunda cidade da República.

División administrativa

[editar | editar a fonte]

A provincia de Colón está dividida en seis distritos[2] e 43 correxementos:[3]

Distrito Area

(km2)

Poboación

2010[4]

Poboación

2019[5]

Notas Correxementos Cabeceira de distrito
Chagres 445 10.282 11.342 Nuevo Chagres
Colón 1.180 218.604 253.366 Inclúe a cidade de Colón Barrio Norte, Barrio Sur, Buena Vista, Cativá, Ciricito, Sabanitas, Salamanca, Limón, Nueva Providencia, Puerto Pilón, Cristóbal, Escobal, San Juan, Santa Rosa, Cristóbal Este Colón
Donoso 1.627 13.165 14.798 Parte occidental da provincia Miguel de la Borda, Coclé del Norte, El Guásimo, Gobea, Río Indio Miguel de la Borda
Omar Torrijos Herrera[6] 199 Anteriormente formou parte de Donoso San José del General, San Juan de Turbe, Nueva Esperanza Coclesito
Portobelo 397 9.382 10.581 Portobelo, Cacique, Garrote, Isla Grande, María Chiquita Portobelo
Santa Isabel 727 3.530 3.973 Parte oriental da provincia Palenque, Cuango, Miramar, Nombre de Dios, Palmira, Playa Chiquita, Santa Isabel, Viento Frío Palenque

Economía

[editar | editar a fonte]
Acceso á Zona Libre de Colón.
Estación Colón do ferrocarril de Panamá.

O sector terciario da economía (fundamentalmente o turismo) é un dos principais piares da economía de Colón. Tamén destacan as vendas na Zona Libre de Colón e o movemento de carga nos portos. Cun PIB per cápita de 34.884 de dólares, similar a un país como Estonia, é o máis alto da rexión de América Central e Panamá segundo o INEC (2017).

Zona Libre de Colón

[editar | editar a fonte]

Ao finalizar o mes de decembro do 2008, a actividade comercial acumulada na Zona Libre de Colón rexistrou un total de B/.18.209,9 millóns, representando un crecemento acumulado do 18.7% en relación ao mesmo período do ano anterior, o cal foi de B/.16.159,9% millóns, o que significa en termos absolutos un aumento de 3.050 millóns.

As importacións acumuladas pola súa banda rexistraron un total de B/.9.335,7 millóns, que ao comparalas co total de importacións rexistradas para o mesmo período do 2007 que foron de B/.7.625 millóns, reflicten un crecemento do 22,7%, o que significa en cifras un aumento de 1.710,7 millóns.

En canto ás reexportacións acumuladas as mesmas rexistran un total de B/.9.874,2 millóns que ao comparalas co mesmo período do 2007, que foi de B/.8.534,9 millóns reflicten un crecemento do 15,8%, o que significa en cifras un aumento de 1.339,3 millóns.

Ao finalizar o ano 2013 rexistráronse na área un total de 29.396 empregos permanentes. A xeración de empregos na zona foise incrementando a través dos anos, debido máis que todo ao incremento xerado polas construcións de novas edificacións que crea o establecemento de novas empresas; pero, máis que todo ao crecemento da actividade comercial da área que require a utilización un maior volume de man de obra.[7]

Mural referido aos congos (Colón).
Coloridos buses na terminal de transportes de Colón.

A provincia de Colón, caracterízase pola convivencia de varias vertentes culturais de ascendencia africana, europea e asiática. A afroantillana, que xorde coa chegada dos norteamericanos ao país ao iniciar a construción da Canle de Panamá. Eles trouxeron consigo gran cantidade de negros antillanos, principalmente de Xamaica, Barbados, Trinidad e Tobago e as Antillas menores, para realizar o traballo pesado nestas construcións. Estes inmigrantes trouxeron a súa cultura antillana angloparlante e maniféstase até o día de hoxe na gastronomía, relixión e música. Cabe destacar que debido a que os afroantillanos provenientes do Caribe a Panamá eran na súa gran maioría xamaicanos, quedou un legado cultural como é o rastafarismo, unha fe relixiosa que aínda segue moi vixente en moitos sectores dentro da poboación da cidade de Colon.

Tamén está a cultura "afrocolonial", que existe desde a conquista española e está ligada a trata de escravos africanos. Deixaron como legado os Bailes Congos, onde predomina a sedución e sensualidade entre o home e a muller, pero esta última debe evitar que o cabaleiro logre bicala. Os seus vestidos son confeccionados con anacos de tea que lle deixaban os seus antigos amos (tradición realizada polos seus antepasados). O baile é ante todo un modo de burla aos amos brancos, xa que os mesmos adoitaban insinuar pactos entre congos e o demo.

Tamén son moi notables gregos, chineses, xudeus, palestinos, estadounidenses, hindús, franceses, británicos e irlandeses, atraídos pola construción do ferrocarril e a canle de Panamá.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

A súa comida é moi popular no país, polo seu sabor caribeño e condimentada con pemento Capsicum chinense, sendo a especialidade as frituras e os mariscos (caracois, cambombias, camaróns, centolas, cangrexos), rondón, acompañados con arroz con coco, patacóns con peixe frito, carimañolas, patties (pasteliños de carne), plantain tarts (pasteliños de plátano maduro), dumplings, johnny cake (yahny cake), pan bon entre outras comidas. Tamén é famoso o saus (feito con pata de porco, cebola, cogombro e picante).

  1. "Cuadro 9. PANAMÁ. ESTIMACIONES Y PROYECCIONES DE LA POBLACIÓN TOTAL, PROVINCIA Y COMARCA INDÍGENA, SEGÚN SEXO Y EDAD: AL 1 DE JULIO DE 2000 -30". inec.gob.pa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  2. "DIVISIÓN POLÍTICO ADMINISTRATIVA DE LA REPÚBLICA DE PANAMÁ, PROVINCIA DE COLÓN, POR DISTRITOS AÑO: 2010". inec.gob.pa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  3. "Municipios (Distritos) de Colón". Editorial OX. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  4. A partir do 1 de xullo de 2010; axustado por subenumeración no censo de 2010. Fonte: Instituto Nacional de Estatística e Censo de Panamá.
  5. Instituto Nacional de Estadística y Censo
  6. Gaceta Oficial de Panamá (21 de febreiro de 2018). "Lei 11 do 20 de febreiro de 2018" (PDF). Consultado o 21 de febreiro de 2018. 
  7. "Zona Libre de Colón :: Estadisticas Comerciales". Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2009. Consultado o 9 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Panamá en Cifras: Años 2000-2004, da Dirección de Estatística e Censo da Contraloría Xeral da República.
  • Mellander, Gustavo A.; Nelly Maldonado Mellander (1999). Charles Edward Magoon: The Panama Years. Río Piedras, Puerto Rico: Editorial Plaza Mayor. ISBN 1-56328-155-4. OCLC 42970390.
  • Mellander, Gustavo A. (1971). The United States in Panamanian Politics: The Intriguing Formative Years. Danville, Ill.: Interstate Publishers. OCLC 138568.