Saltar ao contido

Provincia de Nápoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Nápoles
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°50′N 14°15′L / 40.83, 14.25
PaísItalia
RexiónCampania Editar o valor en Wikidata
CapitalNápoles Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Acerra
Afragola (pt) Traducir
Agerola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 92+
Xeografía
Superficie1.171 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación27 de xaneiro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Disolución31 de decembro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCidade metropolitana de Nápoles Editar o valor en Wikidata
Organización política
• President of the Province of Naples (en) Traducir Editar o valor en WikidataAntonio Pentangelo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoProvincial Council of Naples (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80121–80147 e 80010–80079 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico081 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2sen valor e IT-NA Editar o valor en Wikidata
Código NUTSITF33 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT063 Editar o valor en Wikidata

A Provincia de Nápoles

Nápoles (en italiano Nápoli) é unha provincia da rexión de Campania, con capital en Nápoles, no sur de Italia. Conta cunha poboación de 3.079.685 habitantes, nunha extensión de 1.171 km².

A provincia esténdese por unha estreita chaira costeira con numerosos cantís e cuberta por contrafortes montañosos apeninos e formacións volcánicas entre as que destaca o Vesuvio, volcán sobre o que se asentan poboacións con importantes restos romanos, como Pompeia e Herculano, destruídas no 79 por unha erupción.

De clima mediterráneo, destacan os cultivos de trigo, vides, oliveiras e cítricos). A industria concéntrase en Nápoles e as súas poboacións máis próximas e o turismo é unha fonte de ingresos moi importante na que é unha das zonas con menor renda per cápita de Italia.

Hai 92 concellos na provincia, e estes son característicos por moitos elevada densidade de poboación. Así, 26 comunas da provincia superan os 30.000 habitantes, e destes, 12 teñen máis de 50.000 residentes.

Comunas con máis de 50.000 habitantes:[1]

Comuna Poboación
Nápoles 963.357
Giugliano in Campania 114.878
Torre do Greco 87.490
Pozzuoli 83.452
Casoria 79.932
Castellammare di Stabia 64.734
Afragola 63.801
Marano di Napoli 59.408
Acerra 55.372
Ercolano 54.990
Portici 54.509
Casalnuovo di Napoli 50.551

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]