Saltar ao contido

S/2004 S 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S/2004 S 4
Descubrimento
Descuberta por Cassini Imaging Science Team.[1]
Descuberta no 21 de xuño do 2004
Características orbitais
Eixo semi-maior ~140.100 km.[2]
Excentricidade descoñecida pero pequena
Período orbital ~0,618 d [2]
Inclinación descoñecida pero pequena
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio 3–5 km
Período de rotación probablemente é síncrono
Albedo ?
Cor ?
Tipo espectral ?

S/2004 S 4 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte máis interior do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi detectado cando J. N. Spitale estaba tratando de confirmar outro obxecto provisional, S/2004 S 3 que fóra detectado 5 horas antes, xusto na parte exterior do anel F.[1] O anuncio foi feito o 9 de setembro do 2004.[3]

A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[4]

Un interpretación suxire a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[3] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.

Despois de todo, se S/2004 S 4 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms.

  1. 1,0 1,1 Martinez, C.; Ormrod, G.; and Finn, H.; Cassini-Huygens Press Releases: Cassini Discovers Ring and One, Possibly Two, Objects at Saturn Arquivado 16 de outubro de 2004 en Wayback Machine. September 9, 2004
  2. 2,0 2,1 PGJ Astronomie webpage (Gilbert Javaux) Arquivado 24 de maio de 2006 en Wayback Machine. subliñar co anel F está centrado a ~140.180 km
  3. 3,0 3,1 IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 September 9, 2004 (descubrimento)
  4. Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]