Suttungr (lúa)
Suttungr ou Saturno XXIII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, e o seu equipo no ano 2000, e recibiu a designación temporal de S/2000 S 12.
Suttungr ten uns 5,6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 19,667 millóns de km en 1029,703 días, cunha inclinación orbital de 174° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,131. Suttungr podería estar formado a partir dos cascallos expulsados dos grandes impactos recibidos pola lúa Febe.
Recibiu o seu nome oficial en agosto do 2003 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Suttung era un Jotun ou xigante que posuía as propiedades da hidromel da poesía.En principio o nome anunciado foi Suttung na IAU Circular 8177, pero máis tarde a UAI decidiu engadirlle a -r final para o darlle a forma nominativa á palabra base Suttung.
Notas
[editar | editar a fonte]- IAUC 7548: S/2000 S 12 23 de decembro do 2000 (descubrimento)
- MPEC 2000-Y33: S/2000 S 12 22 de decembro do 2000 (recuperación/descubrimento e efemérides)
- IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizo da lúa con Suttung)
- IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (corrixindo o nome)