Saltar ao contido

Sachin Tendulkar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSachin Tendulkar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Bombai, India Editar o valor en Wikidata
Membro do Rajya Sabha
2 de maio de 2012 – 26 de abril de 2018 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónKirti M.Doongursee College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura166 cm Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCrícket Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxogador de criquet, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaIndia Editar o valor en Wikidata
DeporteCrícket Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoRebatedor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1988 Cricket Club of India
1988–2013 Mumbai cricket team
1989–2014 Marylebone Cricket Club
1989–2013 Selección de crícket da India
1992–1992 Yorkshire County Cricket Club
2008–2013 Mumbai Indians
Participou en
1998Jogos da Commonwealth de 1998 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnjali Tendulkar Editar o valor en Wikidata
FillosSara Tendulkar, Arjun Tendulkar Editar o valor en Wikidata
PaiRamesh Tendulkar Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1340094 Facebook: SachinTendulkar Twitter: sachin_rt Instagram: sachintendulkar Youtube: UCCmuOqG7RtGc_F_n7GimyVQ Editar o valor en Wikidata

Sachin Ramesh Tendulkar (|ˌsʌtʃɪn tɛnˈduːlkər|), nado en Mumbai o 24 de abril de 1973, é un xogador de crícket indio, antigo capitán da selección nacional india. Está amplamente recoñecido como o mellor bateador da historia do crícket.[1] Realizou tamén o maior número de carreiras na historia deste deporte. É coñecido coloquialmente como Little Master ou Master Blaster.[2][3][4][5]

Tendulkar é o único xogador que marcou cen centuries internacionalmente e o primeiro bateador en marcar un double century nunha competición One Day International (ODI), conserva a marca de máis carreiras tanto en Test como en ODI, e é o único xogador que completou máis de 30 000 carreiras no crícket internacional.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tendulkar iniciouse no crícket aos once anos, debutando o 15 de novembro de 1989 contra a selección de Paquistán en Karachi con dezaseis anos. Estivo representando o equipo de Mumbai nas competicións nacionais e a India nas internacionais durante case vinte e catro anos.

En 2001, Sachin Tendulkar converteuse no primeiro bateador que completou 10 000 carreiras ODI runs nas súas 259 entradas.[7] En 2002, na medio da súa carreira, Wisden Cricketers' Almanack nomeouno o segundo mellor bateador en Test de todos os tempos, tras Don Bradman, e o segundo mellor en ODI, tras Viv Richards.[8] Posteriormente na súa carreira, Tendulkar foi parte do equipo indio que gañou a Copa Mundial de 2011, primeira vitoria nas seis participacións da India na Copa do Mundo.[9] Anteriormente fora nomeado "Xogador do Torneo" na edición de 2003 celebrada en Suráfrica. En 2013, foi o único xogador indio incluído no Test World XI formado para celebrar o 150 aniversario de Wisden Cricketers' Almanack.[10][11][12]

Tendulkar recibiu en 1994 o Arjuna Award polos seus méritos deportivos, o premio Rajiv Gandhi Khel Ratna, máxima condecoración deportiva da India, en 1997, e os premios Padma Shri e Padma Vibhushan en 1999 e en 2008, respectivamente, que son o cuarto e o segundo premios civís máis altos do seu país.[13] Unhas poucas horas despois do seu último partido o 16 de novembro de 2013, a oficina do Primeiro Ministro da India anunciou a decisión de outorgarlle o Bharat Ratna, máxima distinción civil da India.[14][15] Foi o receptor máis novo e o primeiro deportista en obtelo.[16][17] Gañou tamén o Sir Garfield Sobers Trophy de 2010 como xogador de crícket do ano nos premios da ICC.[18] En 2012, Tendulkar foi candidato á Rajya Sabha, cámara alta do Parlamento da India.[19] Foi tamén o primeiro deportista e a primeira persoa sen pasado na aviación en recibir o rango honorario de group captain da Forza Aérea India.[20] En 2012, foi nomeado membro de honra da Orde de Australia.[21] En 2010, a revista Time incluíu a Tendulkar na súa listaxe anual das cen persoas máis influentes do mundo.[22]

En decembro de 2012, Tendulkar anunciou a súa retirada das ODI.[23] Retirouse do Twenty20 en outubro de 2013[24] e posteriormente retirouse de todas as formas de crícket o 16 de novembro de 2013 despois de xogar o seu 200º partido Test contra o equipo das Indias Occidentais no Wankhede Stadium de Mumbai.[25] Tendulkar xogou 664 partidos de crícket en total, realizando 34 357 carreiras.[6]

En 2019, Tendulkar foi incluído no ICC Cricket Hall of Fame.[26]

  1. *"Sachin Tendulkar is greatest cricketer in history – Brian Lara". BBC. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  2. "This day that year: 'Master Blaster' Sachin Tendulkar makes his Test debut". The Times of India. 15 de novembro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  3. "How Sachin Tendulkar became the Little Master". BBC Sports. 16 de marzo de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  4. "Sachin Tendulkar: How the Boy Wonder became Master Blaster". NDTV. 6 de novembro de 2013. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  5. "Sachin Tendulkar: 'Master Blaster' calls it a day". Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Records / Combined Test, ODI and T20I records / Batting records ; Most runs in career". ESPNcricinfo. 17 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2013. 
  7. "The Kohli v Tendulkar comparison". ESPNcricinfo. 24 de outubro de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2020. 
  8. "Tendulkar second-best ever: Wisden". Rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2008. 
  9. "Reliving a dream". The Hindu. 6 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2012. Consultado o 6 de abril de 2011. 
  10. "Don Bradman, Shane Warne in Wisden's XI". theaustralian.com. 23 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  11. "WG Grace and Shane Warne in Wisden all-time World Test XI". BBC. 23 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  12. "Sachin Tendulkar in Wisden's All-time World Test XI". NDTV. 23 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  13. "Padma Awards" (PDF). Ministry of Home Affairs, Government of India. 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  14. "Sachin first sportsperson to win country's highest civilian honour Bharat Ratna". Hindustan Times. New Delhi. 16 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  15. "Bharat Ratna for Prof CNR Rao and Sachin Tendulkar". Prime Minister's Office. 16 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  16. "Sachin Tendulkar and CNR Rao conferred Bharat Ratna". The Times of India. 4 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  17. "CNR Rao, Sachin receive Bharat Ratna". The Hindu. 4 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  18. "Sachin Tendulkar named cricketer of the year". 6 outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 24 de novembro de 2010. 
  19. "Rajya Sabha stint". Hindustan Times. 4 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 4 de xuño de 2012. 
  20. "Sachin becomes IAF's honorary Group Captain". The Times of India. PTI. 3 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2013. 
  21. "Australia toughened up Sachin". The Australian. 8 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2012. 
  22. "the time 2010 time 100". time. 
  23. "Tendulkar announces limited-overs retirement". Wisden India. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  24. "Tendulkar calls time on IPL career". Wisden India. 26 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  25. "Tendulkar exits for 74, India build lead". ESPNcricinfo. 15 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2013. 
  26. Cricinfo (19 de xullo de 2019). "Sachin Tendulkar, Allan Donald, Cathryn Fitzpatrick inducted in ICC Hall of Fame". ESPNcricinfo. Consultado o 19 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]