Sagrado Corazón de Xesús
O Sagrado Corazón de Xesús é unha devoción católica referida ao corazón de Xesús Cristo, como un símbolo de amor divino. A devoción ao Sagrado Corazón tivo a súa orixe nunha corrente mística centrada na persoa de Xesús Cristo, que concibía o corazón como centro vital e expresión da súa entrega e amor total.[1] En tal sentido, a devoción ao Sagrado Corazón refírese en particular aos sentimentos de Xesús, e en especial ao seu amor, segundo o resume o Evanxeo de San Xoán:[2]
Antes da festa da Pascua, sabendo Xesús que chegara a súa hora de pasar deste mundo ao Pai, amando os seus que estaban no mundo, amounos ata o extremo.Evanxeo de Xoán 13:1
Historia da devoción ao Sagrado Corazón de Xesús
[editar | editar a fonte]Esta devoción tivo unha gran divulgación no século XIII. San Boaventura de Fidanza, franciscano italiano e doutor da Igrexa, foi un gran devoto do Sagrado Corazón de Xesús.[3] Outro devoto foi o dominico e doutor da Igrexa Santo Alberte Magno.[4] A mística e estigmatizada belga Santa Lutgarda de Tongres foi a primeira persoa en reportar ter visións do Sagrado Corazón a finais do século XII, cinco séculos antes das visións de Santa Margarita María Alacoque. Esta devoción foi divulgada polas monxas cistercienses alemás Santa Matilde de Hackeborn[5] e Santa Xertrude de Helfta e estivo presente na espiritualidade da terciaria franciscana Santa Ángela de Foligno.[6]
No século XIV, foron grandes devotos do Sagrado Corazón a dominica e doutora da Igrexa Santa Catarina de Siena e o dominico beato Enrique Suso.[4]
San Xoán Eudes foi un gran devoto do Sagrado Corazón de Xesús e do Inmaculado Corazón de María. É o autor do primeiro oficio litúrxico en honra do Sagrado Corazón de Xesús, cuxa festa solemne se celebrou por primeira vez, co beneplácito de moitos bispos franceses, o 20 de outubro de 1672.[4] En 1681 publicouse a súa obra titulada «A devoción ao Sagrado Corazón de Xesús».[7]
Francisco de Sales (séculos XVI-XVII) tamén foi devoto do Sagrado Corazón e a Orde da Visitación, que fundou en 1625, fíxose tamén para propagar esta devoción.[8] O escudo da orde é o Sagrado Corazón de Xesús con dúas frechas.
Santa Margarita María de Alacoque entrou no convento das visitandinas de Paray-lle-Monial o 20 de xuño de 1671. Tomou o hábito o 25 de agosto, día de San Lois, rei de Francia.[9] A partir do 27 de decembro de 1673 tivo unha serie de revelacións de Xesús para promover esta devoción.[10] O xesuíta beato Claude a Colombiere axudoulle a difundila.[11]
En 1917, nas aparicións de Fátima, o anxo e a Virxe ensinaron aos nenos a como rezar e responder os designios dos Corazóns de Xesús e María.
A través das xesuítas, o culto e devoción ao Sagrado Corazón chega a España e á América española.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schwaiger 1998, p. 440.
- ↑ Mazariegos 2006, p. 28.
- ↑ Croisset 1741.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Pío XII (15 de maio de 1956). "Encíclica "Haurietis aquas"". Vaticano.
- ↑ "BENEDICTO XVI. AUDIENCIA GENERAL. Plaza de San Pedro". Vaticano. 29 de setembro de 2010.
- ↑ Isaac Vázquez O. F. M. "4 de enero. Beata Ángela de Foligno (1249-1309)". Franciscanos.org. Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ Jean Rémi Côté C. J. M. (Marzo de 1995). "La dévotion au Sacré Coeur de Jésus. Le premier Traité de cette dévotion" (PDF). Liberius.
- ↑ "Visitandine". Enciclopedia Británica. Consultado o 24 de xaneiro de 2020.
- ↑ Ángel Peña O. A. R. "Santa Margarita María de Alacoque y el Corazón de Jesús" (PDF). Autores Católicos. Consultado o 24 de xaneiro de 2020.
- ↑ Margarita María Alacoque (1993). Saint-Paul, ed. Sainte Marguerite-Marie Alacoque - Sa vie par elle-même - Su vida por sí misma. Paris-Fribourg: Saint-Paul. ISBN 2-85049-153-5.
- ↑ "Blessed Claude La Colombière". Enciclopedia Británica. Consultado o 24 de xaneiro de 2020.