Santa Cruz de Tenerife
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | |||
Capital de | ||||
Capital | Santa Cruz de Tenerife | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 209.395 (2023) (1.390,77 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 150,56 km² | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 4 m | |||
Punto máis alto | Cruz de Taborno | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1833 | |||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Santiago o Maior | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Patricia Hernández Gutiérrez | |||
Orzamento | 234.815.229 € | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 38001–38010 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 922 | |||
Código INE | 38038 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | tenerifecalida.com |
Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre 1833 e 1927 Santa Cruz de Tenerife foi a única capital de iure das Canarias (así sendo a única cidade canaria que mantivo o título oficialmente) ata máis tarde, en 1927, un decreto que establece a compartición de capital o arquipélago de Las Palmas de Gran Canaria, que é como segue ata hoxe. Desde entón, a capital do arquipélago das Canarias é compartida por dúas cidades. É a sede do parlamento das Illas Canarias, o Tribunal de Contas das Canarias e da presidencia do Goberno das Canarias, esta alternancia de períodos lexislativos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase no nordés da illa, e limita ao norte e leste co océano Atlántico, ao sur con El Rosario e ao oeste con San Cristóbal de la Laguna. A cidade está situada entre a baía que leva o seu nome e o macizo de Anaga.
O concello abrangue unha área de 150,56 km² e unha poboación de 221.956 habitantes (INE xaneiro de 2008). A altitude da cidade vella é de 4 metros sobre o nivel do mar. Tem 58 km de litoral, dividido polo Barranco de Santos. Situada nunha ladeira escarpada, forma unha área metropolitana coa cidade de San Cristóbal de La Laguna, cunha poboación de máis de 370.331 habitantes.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é árido, con escasas precipitacións (pouco máis de 200 mm). Ten temperaturas mornas, cunha media de 21 °C, grazas ao efecto suavizador dos ventos alisios.
Entroido
[editar | editar a fonte]O Entroido de Santa Cruz de Tenerife é considerado o segundo máis popular e coñecido internacionalmente despois dos do Río de Xaneiro (Brasil).[1][2][3] De feito, ambas cidades están irmandadas por esa razón.[4]
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- O Auditorio de Tenerife é unha construción civil para eventos culturais, situada na Avenida da Constitución. Foi deseñado polo arquitecto Santiago Calatrava Valls, é o símbolo da cidade.
- O Museo de la Naturaleza y el Hombre conserva importantes vestixios da época guanche.
- O Paseo de la Rambla, avenida que se estende ao longo da cidade.
- O Tenerife Espacio de las Artes (TEA).
- O Parque García Sanabria, o maior parque urbano do arquipélago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tenerife-ABC". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Fiestas de España. El Carnaval de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "El Carnaval de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2017. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Ciudades hermanadas con Santa Cruz de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 14 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Cruz de Tenerife |