Sebastian Steinbach
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 Berlín, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemán |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín. Universidade de Paderborn. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía. |
Lugar de traballo | Osnabrück (pt) |
Ocupación | historiador, medievalista, numismático, profesor universitario |
Premios | |
2018: Premio Walter Hävernick. |
Sebastian Steinbach, nado en Brelín en 1978, é un historiador medievalista e numismático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Entre 1998 e 2003, Sebastian Steinbach estudou Historia Medieval, Literatura e Lingua Alemá Antiga, así como Socioloxía na Universidade Humboldt de Berlín,[1] onde tivo como profesor a Bernd Kluge. Alí acadou o seu mestrado cun traballo titulado "As cuñaxes de Henrique II (1002-1024): estrutura, política e efecto do réxime de cuñaxe de moedas no período otoniano tardío".[2][3]
En 2004 ingresou no Instituto de Investigación Interdisciplinaria da Idade Media (IEMAN), da Universidade de Paderborn, onde acadou o douroramento en 2006,[1] cunha tese que levaba por título "Dereito da moeda: cuñaxe e circulación monetaria nos mosteiros franco-alemáns orientais no período otoniano-saliano (ca. 911-1125)".[2][3]
Carreira académica
[editar | editar a fonte]De 2006 a 2016 traballou na casa de poxas numismáticas Fritz Rudolf Künker, de Osnabrück, como experto de moedas e medallas medievais e dos inicios da Idade Moderna. Nese mesmo período tamén asumiu diversos labores docentes de Historia Medieval e de Ciencias Auxiliares da Histoira,[1] nas Universidades de Paderborn, Osnabrück, de Münster e de Hagen.[2][3]
En 2015, Steinbach acadou a súa habilitación para a docencia de Historia Medieval na Universidade de Osnabrück,[1] cun traballo sobre o sistema monetario e a cuñaxe de moeda como fonte para a identidade étnica e a organización do dominio no Imperio Visigodo español (ca. 572-714).[4] A partir dese momento foi profesor visitante de Historia Medieval e de Ciencias Históricas Auxiliares da Historia nas Universidades de Münster (2016) e de Heidelberg (2018-2019), e de Historia Económica e Social na Universidade de Osnabrück (2016-2018), e posteriormente exerceu como profesor a título particular na Universidade de Gotinga e na de Osnabrük.[2][3]
Entre 2019 e 2021 foi conservador do gabinete numismático do Landesmuseum Hannover, na Baixa Saxonia.[3] Tamén foi representante deste Estado na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[2]
En 2021 asumiu a dirección do Museo da Abadía de Liesborn, no distrito de Warendorf.[1][2]
No ámbito asociativo, Sebastian Steinbach é membro da Asociación de Medievalistas, da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, da Sociedade Numismática de Berlín, entre outras entidades.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2018): Premio Walter Hävernick, da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[4][5]
- (2018): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional.[6][7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Sebastian Steinbach publicou un bo número de artigos en diverssas revistas especializadas e opbras colectivas. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[8][9][10][11][12]
- (2007). Das Geld der Nonnen und Mönche. Münzrecht, Münzprägung und Geldumlauf der ostfränkisch-deutschen Klöster in ottonisch-salischer Zeit (ca. 911–1125). Winter Industries, Berlín. ISBN 978-3866242333
- (2017). Imitation, Innovation und Imperialisierung. Geldwesen und Münzprägung als wirtschaftshistorische Quellen zur ethnischen Identität und Herrschaftsorganisation des spanischen Westgotenreiches (ca. 572–714). LIT Verlag, Berlín. ISBN 978-3643136404
- (2021). Einführung in die Wirtschaftsgeschichte. 3: Mittelalter. W. Kohlhammer, Stuttgart. ISBN 978-3170367166
- (2021). Numismatik. Eine Einführung in Theorie und Praxis. W. Kohlhammer, Stuttgart. ISBN 978-3170410084
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Brüggenthies, B. (2021).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Steinbach, Sebastian". En Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "PD Dr. Sebastian Steinbach". Universität Osnabrük.
- ↑ 4,0 4,1 Klose, D. O. A. "Walter-Hävernick-Preis 2018". Muenzen-online.com
- ↑ "Steinbach, Sebastian". En Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". No sitio web da Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-.
- ↑ "Osnabrücker Historiker Dr. Sebastian Steinbach erhält Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte (GIG)". En Osnabrücker Geschichtsblog. 25 de abril de 2018.
- ↑ "Steinbach, Sebastian 1978- Arquivado 12 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Steinbach, Sebastian". WorldCat Identities.
- ↑ "Sebastian Steinbach". Academia.edu
- ↑ "Sebastian Steinbach". Regesta Imperii.
- ↑ "Publikationsverzeichnis (in Auswahl) Dr. phil. habil. Sebastian Steinbach". Universität Osnabrük.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brüggenthies, B. (2021). "Museum Abtei Liesborn: Dr. Sebastian Steinbach übernimmt Leitung". En Mein Wadersloh. 14 de xuño.
- "Steinbach, Sebastian". En Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
- Nados en 1978
- Numismáticos de Alemaña
- Historiadores económicos
- Medievalistas
- Galardoados co premio Walter-Hävernick
- Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional
- Membros da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Alumnos da Universidade de Paderborn
- Profesores da Universidade de Osnabrück