Ulla Westermark
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 |
Morte | 2020 |
País de nacionalidade | Suecia |
Q89547790 | Estudos da moeda da Antiga Grecia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Per Westermark |
Premios | |
- (1995) Premio da GIG. - (1997): Medalla Gunnar Holst. - (1997): Medalla Huntington (ANS). - (2001): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Vem är det 1981 (en) , (sec:Westermark, Ulla B, p.1111) >>>:Westermark, Ulla B Vem är det 1985 (en) , (sec:Westermark, Ulla B, p.1173) >>>:Westermark, Ulla B Vem är hon (en) , (sec:Westermark, Ulla, p.492) >>>:Westermark, Ulla |
Ulla Westermark, nada o 30 de marzo de 1927 e finada en 2020, foi unha numismática sueca.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Suecia do período posterior á II guerra mundial, Westermark comezou a traballar, entre 1954 e 1963 no Gabinete Real de Moedas de Estocolmo (Kungliga myntkabinettet), e xa era profesora na Universidade de Estocolmo desde 1952.[1]
Nese período na universidade, tomou contacto co numismático alemán Willy Schwabacher, especialista en moeda da Antiga Grecia, de quen tomou o seu interese pola numismática.[1]
En 1961 Westermark acadou o seu doutoramento cunha tese en alemán que se considera unha referencia para o estudo das moedas de Pérgamo: Das Bildnis des Philetairos von Pergamon. Corpus der Münzprägung ("O retrato de Filetero de Pérgamo. Corpus das cuñaxes").[1][2]
A súa vinculación co Gabinete Real de Moedas foi moi duradeira, e entre 1979 e 1983, ao final da súa carreira profesional, chegou a ser a directora da institución. Nese período foi cando publicou unha das monografías máis salientables, titulada The Coinage of Kamaria, escrita xunto a G. K. Jenkins e publicada en 1980 pola Royal Numismatic Society.[1]
Mesmo na época do seu retiro, entre 1986 e 1996, foi a coordinadora da obra monumental Sylloge Nummorum Graecorum e traballou na elaboración dun corpus de moedas promovido pola Sociedade Numismática Sueca.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2002, Harald Nilsson editou un libro homenaxe a Ulla Westermark con motivo do seu 75 aniversario, no que colaboraron 47 numismáticos especialistas na moeda da Antiga Grecia.[1]
Tamén foi recoñecida como membro honorario do Consello Internacional de Numismática e da Royal Numismatic Society, e como membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca (1967).[3] Pola súa banda, a Universidade de Estocolmo outorgoulle un doutoramento honorario en 1988.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]- (1995): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, en Frankfurt. [4]
- (1997): Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia.[5]
- (1997): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York. [6]
- (2001): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Estas son algúns dos traballos monográficos máis salientables publicados durante a carreira académica de Ulla Westermark:[8][9]
- (1961). Das Bildnis des Philetairos von Pergamon. Corpus der Münzprägung. Almqvist & Wiksell, Estocolmo.
- (1974). The collection of His late Majesty King Gustaf VI Adolf. The Fred Forbat Collection [Sylloge nummorum Graecorum] (con N. Lagergren). Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 9789171921987
- (1975). Om grekiska mynt : utgiven i samband med utställningen Gustav VI Adolfs gåvor. Kungliga myntkabinettet, Esatocolmo. ISBN 9789171922229
- (1980). The coinage of Kamarina (con G. K. Jenkins). Special Publications, 9. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 9780901405098
- (1991). Early Hellenistic coinage : from the accession of Alexander to the Peace of Apamea (336-188 B.C.) (con O. Mørkholm e P. Grierson). Cambridge University Press. ISBN 9780521395045
- (1991). The collection of the Royal Coin Cabinet National Museum of Monetary History Stockholm. Part 3: Attica - Lesbos [Sylloge nummorum Graecorum]. Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 9789174022117
- (2018). The coinage of Akragas c. 510-406 BC 2 Catalogue. Uppsala Universitet. ISBN 9789151302706
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Kampmann, U. (2020).
- ↑ Véxase (1961) en "Bibliografía".
- ↑ "SNF:s korresponderande ledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ "Pris till Ulla Westermark". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 1. 1998. Svenska Numismatiska Töreningen. Páxina 5.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Westermark, Ulla 1927-2020 Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Westermark, Ulla". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kampmann, U. (2020). "Ulla Westermark (1927-2020)". En Coins Weekly. 27 de febreiro.