Saltar ao contido

TD Garden

TD Garden
TD Garden
Datos
Coordenadas42°21′59″N 71°03′44″O / 42.366302777778, -71.062227777778
Localización Boston, Massachusetts
Outros nomesShawmut Center (1995)
FleetCenter (1995-2005)
TD Banknorth Garden (2005-2009)
Construción
Inauguración30 de setembro de 1995
ArquitectoEllerbe Becket, Inc.
Custo$165 millóns
Estadio
Superficieparquet
CapacidadeBaloncesto: 18.624
Hóckey sobre xeo: 17.565
PropietarioDelaware North Companies
LocalíaBoston Celtics (NBA)
Boston Bruins (NHL)
Boston Blazers (NLL)
Webhttp://www.tdgarden.com/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O TD Garden é un pavillón deportivo localizado no barrio North End, Boston, Massachusetts. O nome actual vén dado polo seu patrocinador, o banco TD Banknorth, pero a miúdo é chamado simplemente polo seu nome coloquial ou tradicional The Garden ou Boston Garden, sendo anteriormente coñecido como FleetCenter e Shawmut Center. É o pavillón de xogo dos Boston Celtics da NBA, dos Boston Bruins da liga de hóckey sobre xeo NHL e a partir de 2008 dunha franquía da liga de Lacrosse NLL, os Boston Blazers.

TD Banknorth Garden

O pavillón foi construído para substituír o mítico Boston Garden. O 5 de xaneiro de 2005, o dono do Fleet Center, Delaware North Companies, anunciou un acordo que deixou á Delaware North libre de mercar os dereitos do nome a outro patrocinador. E o 3 de marzo de 2005, o banco TD Banknorth, filial do Toronto-Dominion Bank, anunciou a merca dos dereitos do nome. A compañía nomeou o pavillón TD Banknorth Garden, en honor ao histórico Boston Garden.

Como dato curioso, o FleetCenter realizou a poxa dos dereitos do nome á eBay, e dende o 10 de febreiro ata o 13 de marzo de 2005, Fleet Center vendeu os dereitos ata en 30 ocasións. Incluíndo o actual nome de TD Banknorth Garden, o pavillón chegou a ter 33 nomes distintos. Durante a etapa do Fleet Center, o pavillón foi coñecido polos periodistas deportivos como "The Vault" (A Bóveda). O TD Banknorth Garden tamén alberga a Estación Norte de trens e ao metro de Boston.

Neste pavillón tamén se celebra o Beanpot, un torneo de hóckey que acolle ás universidades de Boston, e do campionato da Hockey East, unha das conferencias do hockey universitario. O pavillón tamén acolleu eventos deportivos a nivel nacional tales como o All-Star Game da NHL en 1996, a 1ª e 2ª rolda da División I da NCAA en 1999 e 2003, ademais da Final Four da NCAA feminina en 2006, e outros de menor seguimento como os campionatos de Skate de 2001, os torneos de selección (trials) de ximnasia en 1996 e 2000, a Frozen Four de Hockey en 2004 e 1998 ou torneos da World Wrestling Entertainment como a WrestleMania XIV de 1998, King of the Ring 2000, Royal Rumble 2003 e SummerSlam 2006. Fora do deportivo, destaca a Convención do Partido Demócrata de 2004.

Cancha de xogo

[editar | editar a fonte]

O TD Garden comparte a honra de ser, xunto co Target Center dos Minnesota Timberwolves e o Amway Arena de Orlando Magic, os únicos pavillóns con superficie de parqué en pezas pequenas. O de Boston é o máis característico, xa que os Celtics son coñecidos pola tradición de ter ese parqué tan clásico na cancha. Esa tradición ven dende que rematou a segunda guerra mundial, onde tiveron que recorrer ao parqué debido ao custo e escaseza da tarima de madeira naquela época. Con todo, a Final Four da NCAA feminina de 2006 celebrouse en pista convencional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]