TD Garden
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2024.) |
TD Garden | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°21′59″N 71°03′44″O / 42.366302777778, -71.062227777778 |
Localización | Boston, Massachusetts |
Outros nomes | Shawmut Center (1995) FleetCenter (1995-2005) TD Banknorth Garden (2005-2009) |
Construción | |
Inauguración | 30 de setembro de 1995 |
Arquitecto | Ellerbe Becket, Inc. |
Custo | $165 millóns |
Estadio | |
Superficie | parquet |
Capacidade | Baloncesto: 18.624 Hóckey sobre xeo: 17.565 |
Propietario | Delaware North Companies |
Localía | Boston Celtics (NBA) Boston Bruins (NHL) Boston Blazers (NLL) |
Web | http://www.tdgarden.com/ |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O TD Garden é un pavillón deportivo localizado no barrio North End, Boston, Massachusetts. O nome actual vén dado polo seu patrocinador, o banco TD Banknorth, pero a miúdo é chamado simplemente polo seu nome coloquial ou tradicional The Garden ou Boston Garden, sendo anteriormente coñecido como FleetCenter e Shawmut Center. É o pavillón de xogo dos Boston Celtics da NBA, dos Boston Bruins da liga de hóckey sobre xeo NHL e a partir de 2008 dunha franquía da liga de Lacrosse NLL, os Boston Blazers.
Historia
[editar | editar a fonte]O pavillón foi construído para substituír o mítico Boston Garden. O 5 de xaneiro de 2005, o dono do Fleet Center, Delaware North Companies, anunciou un acordo que deixou á Delaware North libre de mercar os dereitos do nome a outro patrocinador. E o 3 de marzo de 2005, o banco TD Banknorth, filial do Toronto-Dominion Bank, anunciou a merca dos dereitos do nome. A compañía nomeou o pavillón TD Banknorth Garden, en honor ao histórico Boston Garden.
Como dato curioso, o FleetCenter realizou a poxa dos dereitos do nome á eBay, e dende o 10 de febreiro ata o 13 de marzo de 2005, Fleet Center vendeu os dereitos ata en 30 ocasións. Incluíndo o actual nome de TD Banknorth Garden, o pavillón chegou a ter 33 nomes distintos. Durante a etapa do Fleet Center, o pavillón foi coñecido polos periodistas deportivos como "The Vault" (A Bóveda). O TD Banknorth Garden tamén alberga a Estación Norte de trens e ao metro de Boston.
Eventos
[editar | editar a fonte]Neste pavillón tamén se celebra o Beanpot, un torneo de hóckey que acolle ás universidades de Boston, e do campionato da Hockey East, unha das conferencias do hockey universitario. O pavillón tamén acolleu eventos deportivos a nivel nacional tales como o All-Star Game da NHL en 1996, a 1ª e 2ª rolda da División I da NCAA en 1999 e 2003, ademais da Final Four da NCAA feminina en 2006, e outros de menor seguimento como os campionatos de Skate de 2001, os torneos de selección (trials) de ximnasia en 1996 e 2000, a Frozen Four de Hockey en 2004 e 1998 ou torneos da World Wrestling Entertainment como a WrestleMania XIV de 1998, King of the Ring 2000, Royal Rumble 2003 e SummerSlam 2006. Fora do deportivo, destaca a Convención do Partido Demócrata de 2004.
Cancha de xogo
[editar | editar a fonte]O TD Garden comparte a honra de ser, xunto co Target Center dos Minnesota Timberwolves e o Amway Arena de Orlando Magic, os únicos pavillóns con superficie de parqué en pezas pequenas. O de Boston é o máis característico, xa que os Celtics son coñecidos pola tradición de ter ese parqué tan clásico na cancha. Esa tradición ven dende que rematou a segunda guerra mundial, onde tiveron que recorrer ao parqué debido ao custo e escaseza da tarima de madeira naquela época. Con todo, a Final Four da NCAA feminina de 2006 celebrouse en pista convencional.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Partido entre boston Celtics e Charlotte Bobcats
-
Encontro no antigamente chamado Fleet Center
-
Vista exterior do pavillón
-
Pancartas cos títulos dos Celtics
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |