Talín
Tallinn (et) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
País | Estonia | ||||||
Condados | Condado de Harju | ||||||
City (en) | Tallinn | ||||||
Capital de | Estonia (1991–) | ||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 457.572 (2024) (2.871,13 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 159,37 km² | ||||||
Bañado por | Golfo de Finlandia | ||||||
Altitude | 28 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | Antes de 1154 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcalde | Mihhail Kõlvart (pt) (2019–) | ||||||
Membro de | |||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 10111 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 64 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | Vilnius (1993–) | ||||||
Sitio web | tallinn.ee | ||||||
Talín[1] ou Tallin[2] (en estoniano: Tallinn, antigamente: Reval) é a capital e principal porto de Estonia. A cidade atópase no costa norte de Estonia, no Golfo de Finlandia, a 80 km ó sur de Helsinqui.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras pegadas de ocupación humana da zona atópanse no segundo milenio antes da nosa era. Nos séculos IX e X Talín era un centro comercial importante. En 1219 a vila foi conquistada polas tropas danesas que constrúen unha fortaleza en pedra para defendela. Durante a Idade Media a vila era membro da Hansa, en 1346 pasou á Orde dos Cabaleiros Teutónicos, en 1561 pasou aos suecos e en 1710 aos rusos. Foi bombardeada durante a segunda guerra mundial.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación da cidade é de preto de 500.400 habitantes (2000), rexistrados 401.694 (marzo de 2005).
De acordo co Eurostat, a axencia de estatística da Unión Europea, de tódalas cidades capitais dos países membros da UE, Talín ten a maior porcentaxe de nacionais de fóra da UE:o 27.8% da poboación non é cidadá da UE. Isto se debe ó gran número de rusos, que participaran na migración planexada doutras repúblicas da Unión Soviética para Talín e para outras localidades do norte de Estonia. Actualmente, moitos destes emigrantes, así como os seus descendentes, aínda non teñen a cidadanía estoniana. As leis de nacionalidade estonianas tratan de preserva-la identidade nacional, excluíndo moitos cidadáns de orixe rusa da cidadanía.
Na cidade a lingua maioritaria é a lingua estoniana, nativa do país (parte do grupo das linguas ugrofinesas), próxima á lingua finesa, xunto co ruso. O inglés e o propio finés tamén son bastante comprendidos na cidade.
Evolución da poboación:
1816: 12.000 |
1834: 15.300 |
1851: 24.000 |
1881: 45.900 |
1897: 58.800 |
1925: 119.800 |
1989: 500.000 |
2000: 400.400 |
Cultura e educación
[editar | editar a fonte]Ademais de Talín, a cidade posúe outros nomes históricos como: Koluvan, Lindanise, Lindanisa (Lindanäs), xunto con algunhas variacións de "Reval" — Revalia, Revel e Reveln. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe estoniana. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").
Talín é sede da Universidade Tecnolóxica de Talín, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:
- Universidade Pedagóxica de Talín
- Academia Estoniana da Música
- Academia Estoniana da Arte
- Academia Estoniana da Defensa do Estado
- Instituto de Teoloxía da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana
Deportes
Durante os Xogos Olímpicos de 1980 levouse a cabo unha regata en Talín. Co gallo dos xogos creáronse moitas construcións para as olimpíadas, como por exemplo o Salón Municipal, o Hotel Olímpico, a Oficina Postal e o Centro de Regatas. Grazas ás olimpíadas, a baía de Talín, ata entón moi contaminada, sufriu un gran cambio ó comezarse a depuración das augas fecais e dos refugallos da industria antes verquidos directamente ó Mar Báltico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Talin está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Talín (porto de Muuga).
O maior lago de Talín é o lago Ülemiste (9.6 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O Lago Harku é o segundo maior lago de Talín cunha área de 1´6 km². Ó contrario de moitas cidades, o principal río de Talín atópase en Pirita, arrabalde da cidade na que as beiras do río están protexidas grazas á súa beleza natural.
O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado no distrito de Nõmme, no suroeste da cidade.
A cidade de Talín posúe unha costa de 46 quilómetros, constituída por tres grandes penínsulas: a península de Kopli, a península de Paljassaare e a península de Kakumäe.
Transportes
[editar | editar a fonte]Aéreo
[editar | editar a fonte]Talín posúe un aeroporto, situado aproximadamente a 4 km nos arrabaldes da cidade. Ademais de conexións regulares a varios aeroportos de Europa, ten un servizo de helicóptero a Helsinqui, que é coñecido como a conexión máis rápida existente entre dúas cidades capitais.
Terrestre
[editar | editar a fonte]A cidade ten conexións ferroviarias a varias cidades, como Tartu, Pärnu, Narva, Riga, Moscova, e San Petersburgo. Tamén existen autobuses cara a estes destinos e outras partes do país.
Talín está conectada a Polonia pola estrada coñecida como "Vía Báltica", que percorre Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.
Transbordadores
[editar | editar a fonte]Varios transbordadores conectan a Talín con Helsinqui (Finlandia), Estocolmo (Suecia), Åland (Finlandia), San Petersburgo (Rusia) e Rostock (Alemaña).
Talín é un importante centro de compra para os finlandeses, os cales atravesan o Golfo de Finlandia con ferris de alta velocidade. Os prezos das bebidas alcólicas en Estonia son moito máis baixos que en Finlandia, que grava con impostos altísimos as bebidas alcólicas. Debido a iso, moitos finlandeses fan viaxes dun día para comprar bebidas e produtos de saúde que non son cubertos polos servizos sociais finlandeses (como por exemplo, os lentes).
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]- - Dartford, Reino Unido
- - Los Gatos, California, Estados Unidos
- - Schwerin, MV, Alemaña
- - Kiel, Alemaña
- - Gante, Bélxica
- - Malmö, Suecia
- - Rīga, Letonia
- - Annapolis, Maryland, Estados Unidos
- - Groningen, Países Baixos
Predecesor: Essen Pécs Istambul |
Capital Europea da cultura xunto con Turku 2011 |
Sucesor: Guimarães Maribor |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Varios. Universidade de Vigo, ed. "Lingua galega. Dúbidas lingüísticas." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2013.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Talín |